- Dirección: Praza do Concello, nº 2, Bertamiráns.
- Teléfono: 981 88 30 02


- Horario de atención al público:
- De lunes a viernes, en horario de 9:00 a 14:00 horas.
- Responsable municipal: Concejalía de Promoción Económica
Solapas principales
Departamento de Promoción Económica y Empleo
Servicios y programas
Noticias del departamento
A orquestra actuará no aparcamento do Supercor, no Milladoiro, ás 21.15 horas. Durante o espectáculo, ao que este ano lle engaden 15 minutos de cancións infantís, actuarán as gañadoras do concurso Canta con Ames. Cada solicitante poderá adquirir un máximo de 3 entradas que xa se poden reservar premendo nesta ligazón. Haberá un aforo de 950 persoas. Non se poderá acceder ao recinto partir das 21.15 horas.
As actividades da programación de Nadal continúan este xoves, 22 de decembro, ás 20:00 horas, na praza da Maía, en Bertamiráns, co espectáculo “Isto é Rock” que forma parte do AmesOn de Nadal. Trátase dun espectáculo familiar sobre a historia do rock con música en vivo baseada no libro infantil “Isto é rock!” de Javier Becerra. No repertorio inclúense temas como “Waterloo” (Abba), “Satisfaction” (The Rolling Stones), “Piece Of My Heart” (Janis Joplin), “Blitzkrieg bop” (Ramones), “Bohemian Rapsody” / “We Will Rock You” (Queen) ou “Highway To Hell” (AC/DC), entre outros. A programación de Nadal ao completo pode consultarse premendo nesta ligazón.
Este sábado, 31 de agosto, a pista de deportes da praza de Chavián, en Bertamiráns, acollerá a fase final da primeira edición do concurso “Baila con Ames” a partir das 19:00 horas. Debido á gran calidade das actuacións dos participantes nas dúas categorías do certame, durante a fase de selección o xurado decidiu que todos os/as participantes pasaran á final. Deste xeito, na fase final do concurso competirán 9 participantes na categoría individual ou parella e 9 grupos. Entre os e as gañadoras repartiranse 2.500 euros en premios.
O pavillón polideportivo do Milladoiro acolleu a VI Xornada de innovación InnovAmes 2026, un proxecto que cada vez ten maior acollida entre as empresas de Ames e que este ano abriu horizontes ao convidar a compañías doutras localidades galegas. Durante esta xornada tamén asistiron arredor de 500 escolares dos centros educativos de Ames, así como representantes das tres universidades galegas e do centro de coworking A Proa. Destacou a presenza da secretaria xeral de Innovación do Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades, Teresa Riesgo; do delegado do Goberno de España en Galicia, Pedro Blanco; e o delegado especial da Zona Franca de Vigo, David Regades. Preme nesta ligazón para ver a galería de imaxes completa do InnovAmes.
O Concello de Ames e Maker Faire Galicia organizan unha nova edición de Innovames, unha xornada de innovación para as empresas de Ames que terá lugar o 16 de decembro no pavillón polideportivo do Milladoiro e na que se contará coa presenza de grandes referentes da innovación que conviven no propio concello. O obxectivo deste evento é poñer en valor os recursos e a capacidade de innovación local, fomentando a sinerxía e a colaboración entre as empresas e dando a coñecer ao público xeral o capital empresarial de Ames. Para dispor de máis información sobre o InnovAmes pódese consultar a páxina web do evento.
O Concello de Ames, a través da concellaría de Promoción Económica Emprego e Innovación, desenvolverá este venres pola mañá, no pavillón polideportivo do Milladoiro, a sexta edición da xornada InnovAmes, un espazo de innovación e colaboración entre empresas e escolares de Ames. A finalidade deste evento é poñer en valor os recursos e a capacidade de innovación local, fomentando a colaboración entre empresas e dando a coñecer ao público xeral o capital empresarial do concello. Durante toda a xornada participará persoal de arredor de trinta empresas amesás, sete empresas da contorna, nenos e nenas dos centros de ensino de Ames, persoal das empresas que empregan o espazo colaborativo A Proa e representantes das tres universidades galegas.
Este mércores 19 de xaneiro realizouse o sorteo da campaña “Ilumina o teu sorriso”, que volveu por terceiro ano consecutivo co fin de dinamizar e fomentar o comercio e a hostalaría local. O gañador foi o veciño Pablo Tarrío Goy, que recibirá un teléfono de última xeración doado por Rueiro Clínica Dental. Ao acto do sorteo asistiron representantes das asociacións de comerciantes e empresarios de Ames, de Rueiro Clínica Dental e do estudo Javier Troitiño Fotógrafo, acompañados de persoal técnico do departamento de Promoción Económica e da súa concelleira, Ana Belén Paz.
O Concello de Ames organiza unha nova edición do InnovAmes, unha xornada de innovación para as empresas de Ames que se celebrará este venres, 26 de xaneiro, no pavillón polideportivo do Milladoiro e na que estarán presentes diversas compañías que son grandes referentes da innovación, afincados no propio concello. A finalidade deste evento é poñer en valor os recursos e a capacidade de innovación local, fomentando a colaboración entre empresas e dando a coñecer ao público xeral o capital empresarial de Ames. Durante toda a xornada participará persoal de preto dunha decena de empresas amesás, rapaces e rapazas dos centros de ensino de Ames, persoal das empresas que empregan o espazo colaborativo A Proa e representantes das tres universidades galegas. Para máis información sobre o InnovAmes, pódese consultar a programación do evento nesta ligazón.
O salón de plenos da Casa do Concello de Ames, en Bertamiráns, acollerá o vindeiro martes, 12 de novembro, ás 20:00 horas, unha xornada sobre comercio electrónico seguro. A actividade está organizada pola Unión de Consumidores de Galicia (UCGAL) en colaboración do Concello de Ames. Trátase dunha charla gratuíta e aberta a toda a veciñanza amesá interasada no proceso de compra a través de Internet.
O auditorio da Casa da Cultura de Bertamiráns acollerá o vindeiro martes, 15 de decembro, ás 20:00 horas, unha actividade informativa sobre as sentenzas do IRPH e dos gastos hipotecarios. Dita actividade está organizada pola Unión de Consumidores de Galicia (UCGAL), en colaboración co Concello de Ames. Trátase dunha charla gratuíta e aberta a toda a veciñanza amesá na que se falará sobre como che afectan as últimas sentenzas sobre IRPH e os gastos de formalización dunha hipoteca. Intervirán a concelleira de Comercio, Innovación e Emprego, Ana Belén Paz, e o secretario xeral da UCGAL, Miguel López.
- ‹ anterior
- 5 de 55
- siguiente ›
Trámites del departamento
Eventos del departamento
O Concello de Ames ten preparado un amplo programa de actividades para as festas de Nadal deste ano. O programa, organizado por varios departamentos municipais, inclúe múltiples actividades dirixidas a todo tipo de públicos, que se desenvolverán ao longo do mes de decembro e comezos de xaneiro.
O concurso karaoke organizado pola Consellaría de Promoción Económica chega á fase final.
Os participantes loitarán por ser os mellores cantantes de Ames dende as 20:00 horas no parque do Ameneiral.
A carpa multimedia estará instalada no anexo do pavillón de deportes do Milladoiro e está destinada a todos os públicos.
A carpa multimedia estará instala no anexo do pavillón de deportes do Milladoiro. Para todos os públicos.
A carpa multimedia estará na Aula Multiactividades, na Casa da Cultura de Bertamiráns. É unha actividade dirixida a todos os públicos.
A carpa multimedia estará na Aula Multiactividades, na Casa da Cultura de Bertamiráns. É unha actividade dirixida a todos os públicos.
A Unión de Consumidores de Galicia (UCGAL) continúa co seu ciclo de actividades informativas sobre a reclamación dos gastos hipotecarios cos dúas charlas informativas, que se impartirán o xoves 7 de marzo na Casa da Cultura do Milladoiro, e o martes 12 de marzo no salón de plenos da Casa do Concello, en Bertamiráns. As dúas sesións comezarán ás 20.00 horas. O obxectivo destas charlas informativas é animar ás persoas consumidoras a reclamar antes de que remate o prazo. Estas actividades enmárcanse no acordo que teñen asinado o Concello de Ames e a Unión de Consumidores de Galicia.
A Unión de Consumidores de Galicia (UCGAL) continúa co seu ciclo de actividades informativas sobre a reclamación dos gastos hipotecarios cos dúas charlas informativas, que se impartirán o xoves 7 de marzo na Casa da Cultura do Milladoiro, e o martes 12 de marzo no salón de plenos da Casa do Concello, en Bertamiráns. As dúas sesións comezarán ás 20.00 horas. O obxectivo destas charlas informativas é animar ás persoas consumidoras a reclamar antes de que remate o prazo. Estas actividades enmárcanse no acordo que teñen asinado o Concello de Ames e a Unión de Consumidores de Galicia.
O prazo de solicitude de praza no novo Programa Integrado de Emprego dos Concellos de Ames e Brión (2024-2025) está aberto ata o día 29 de novembro. Nesta edición, o programa conta con 100 prazas para a formación nos sectores do comercio, almacén, limpeza, administración e xestión, ocio e tempo libre, e turismo. Este programa está subvencionado pola Consellería de Emprego, Comercio e Emigración con 220.000 euros, e confinanciado polos Concellos de Ames e Brión. Este venres, 15 de novembro, ás 12.00 horas, haberá unha charla informativa sobre este programa no Centro de formación e emprego do Concello de Ames (rúa Costaneira, número 2, na urbanización de Aldea Nova”).
O Concello de Ames, a través das Concellarías de Promoción Económica e Benestar Social, organizan dúas xornadas informativas dirixidas ás persoas maiores nas que se lles explicará dunha forma sinxela e práctica como se usan os caixeiros das entidades bancarias. O obxectivo é dotar ás persoas maiores da suficiente autonomía para poder realizar xestións cotiás a través de ditos caixeiros. As xornadas informativas serán o xoves, 7 de marzo, no local do Club de xubilados e pensionistas do Milladoiro (JUPEMI), e o venres 15 de marzo na Casa dos Maiores, en Bertamiráns.
- ‹ anterior
- 5 de 14
- siguiente ›




