Solapas principales

>Charla informativa da UCGAL en Bertamiráns

Martes, 12 marzo, 2024
Ás 20.00 horas

A Unión de Consumidores de Galicia (UCGAL) continúa co seu ciclo de actividades informativas sobre a reclamación dos gastos hipotecarios cos dúas charlas informativas, que se impartirán o xoves 7 de marzo na Casa da Cultura do Milladoiro, e o martes 12 de marzo no salón de plenos da Casa do Concello, en Bertamiráns. As dúas sesións comezarán ás 20.00 horas. O obxectivo destas charlas informativas é animar ás persoas consumidoras a reclamar antes de que remate o prazo. Estas actividades enmárcanse no acordo que teñen asinado o Concello de Ames e a Unión de Consumidores de Galicia.

No marco do convenio de colaboración entre a Union de Consumidores de Galicia e o Concello de Ames, os vindeiros días 7 e 12 de marzo impartiranse dúas charlas sobre a reclamación dos gastos hipotecarios. O xoves 7 de marzo será na Casa da Cultura do Milladoiro, e o martes 12 de marzo no salón de plenos da Casa do Concello, en Bertamiráns. As dúas sesións comezarán ás 20.00 horas.  

A actividade enmárcase no ciclo de actividades informativas que Unión de Consumidores de Galicia puxo en marcha no mes de febreiro para explicar ás persoas consumidoras, que aínda non o fixeron, como poden reclamar os gastos dos préstamos hipotecarios formalizados antes da entrada en vigor da Lei 5/2019, do 15 de marzo, reguladora dos contratos de crédito inmobiliario.

O obxectivo desta actividade é informar á cidadanía dos importes que  poden reclamar, do prazo do que dispoñen, así como da documentación e procedemento que deben seguir para levar a diante a súa reclamación. A actividade é completamente libre e non é precisa a inscrición previa.