Solapas principales

>Concerto da Banda dos Insectos

Viernes, 10 octubre, 2025
Ás 18.00 horas

O programa Apego continúa coa súa programación para as crianzas nestes meses de outono. Desta volta, o venres 10 de outubro, ás 18.00 horas, haberá un concerto no auditorio da Casa da Cultura de Bertamiráns a cargo da Banda dos Insectos. Chegan ao programa Apego Ames para presentar un proxecto de música rock que pretende familiarizar a rapazada cos valores cooperativos e co deporte. Esta proposta é de balde e está dirixida para público familiar. O prazo de inscrición está aberto desde o 2 ata o 9 de outubro. Para participar é preciso enviar un correo ao enderezo electrónico normalizacion@concellodesmes.gal no que se indique o nome e apelidos das persoas asistentes, a idade das crianzas e un teléfono de contacto.

Durante este mes de outubro o proxecto Apego organiza unha nova actividade. Tratase do concerto da Banda dos Insectos, que se vai a celebrar o venres, 10 de outubro, ás 18.00 horas, auditorio da Casa da Cultura de Bertamiráns. A Banda dos Insectos defínense como o grupo máis roqueiro de toda a galaxia e teñen preparado un concerto cheo de ritmo e diversión con cancións que falan de compañeirismo, respecto, igualdade e solidariedade.  

Chegan ao programa Apego Ames para presentar un proxecto de música rock que pretende familiarizar á rapazada cos valores cooperativos e co deporte. Será un concerto cheo de ritmo e diversión para toda a familia.

Esta actividade é de balde e está dirixida a un público familiar. O prazo de inscrición está aberto dende hoxe, día 2 de outubro, ata o vindeiro xoves, 9 de outubro e, para participar, é preciso enviar un correo ao enderezo electrónico normalizacion@concellodesmes.gal no que se indique o nome e apelidos das persoas asistentes, a idade das crianzas e un teléfono de contacto. Non se admitirán inscricións fóra de prazo e as prazas asignaranse por orde de recepción de solicitude.