Solapas principales

Departamento de Cultura

    • Dirección: Casa da Cultura do Milladoiro. Travesia do Porto, s/n, O Milladoiro. 15895 Ames.
    • Teléfono:  662 37 74 44
    • Responsable municipal: Concejalía de Cultura
    • Responsable técnico: María José Vázquez Bermúdez, Técnica Animación Sociocultural
Otros Datos: 
  • Programación AmesON agosto 2020
  • Programación AmesOn fin de semá agosto 2020
  • Programación escolas culturais 2020-2021
  • Funciones:
    • Gestionar las actividades y eventos que desde el Departamento de Cultura se ponen en marcha, responsabilizándose de su adecuado desarrollo.
    • Informar y asesorar a los grupos y entidades culturales del ayuntamiento, así como al público en general, valorar las demandas de los ciudadanas e incentivar la participación
    • Gestionar los programas culturales que oferta la Diputación, Red Cultural, Xunta de Galicia, AGADIC y Cultura en el Camino. Solicitud,desarrollo, justificación.
    • Tramitar las ayudas económicas corresponsales al área de cultura, tanto las que se solicitan desde el Ayuntamiento, como las que se convocan desde la Concejalía de Educación y Cultura de apoyo las entidades culturales y comisiones de fiestas.
    • Coordinar y gestionar las Escuelas Culturales Municipales.

Noticias del departamento

O Concello de Ames, a través da Concellaría de Cultura, estivo executando unha actuación para mellorar as infraestruturas das artes escénicas no auditorio da Casa da Cultura de Bertamiráns. Nunha primeira fase modernizouse o sistema de iluminación, mentres que na segunda executouse a modernización do sistema de son e vídeo. Dito proxecto está cofinanciado con axudas da Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC), para a concesión de subvencións á modernización e xestión sostible das infraestruturas das artes escénicas e musicais, ao abeiro dos fondos de NextGenerationEU e mecanismos de recuperación e resiliencia do Regulamento (Unión Europea), número 2021/241, convocados para o ano 2024. En 2022 tamén se melloraron as instalacións do auditorio da Casa da Cultura do Milladoiro. En total, en ambos auditorios investíronse 112.789,86 euros.

O Concello de Ames, a través da Concellaría de Cultura, vén de realizar melloras nos equipamentos da Casa da Cultura de Bertamiráns. Ditas melloras realizáronse nas instalacións da biblioteca municipal, en equipamento escénico. Equipamento de iluminación e son e en equipamento en xeral. En total, investíronse 24.657,31 euros, dos cales 12.821,80 (52%) foron achegados con fondos propios municipais, e 11.835,51 euros (48%) foron concedidos a través dunha axuda achegada pola Consellería de Cultura, Educación e Universidade para o equipamento e melloradas instalacións e locais utilizados para a realización de actividades culturais.

A programación do Ames Cultural, promovida pola Concellaría de Cultura, terá este domingo 8 de febreiro a terceira entrega coa obra teatral Iribarne, ás 18.00 horas na Casa da Cultura de Bertamiráns. O Ames Cultural deste primeiro semestre de 2026 comezou en xaneiro coa peza As Gardiás, e traerá teatro, danza e circo a Ames ata o mes de maio. As entradas para cada un dos espectáculos pódense adquirir xa na Billeteira electrónica do Concello de Ames. Podes consultar a programación completa na seguinte ligazón.

Máis dun milleiro de crianzas, nais e país achegáronse á Casa da Cultura de Bertamiráns e O Milladoiro esta fin de semana para gozar da terceira edición do Festival Internacional de Cine Infantil de Ames, o único en Galicia especializado en público infantil e familiar. Durante tres días, proxectáronse máis de 50 curtametraxes a concurso, chegadas de moitos recunchos do mundo, como Francia, México, Rusia e, por suposto, Galicia. O certame consolídase así como unha mostra da multiculturalidade no audiovisual e no mundo e un motor que incentiva a creación de cinema para crianzas no nosos país.

A praza da Maía, en Bertamiráns, acolleu hoxe pola tarde a festa e o concurso infantil de disfraces como parte da programación “Entroido Ames 2026”, organizada polo Concello de Ames en colaboración coa asociación Xuntanza de Empresarios de Ames (XEA). En dito concurso repartíronse 825 euros en seis premios para os tres primeiros clasificados das categorías individual e grupo. Ademais, houbo un obradoiro de maquillaxe e fin de festa coa actuación musical de Ángel Habana. Premendo nesta ligazón podes acceder á galería de fotografías doutras actividades da programación “Entroido Ames 2026”.

O parque do Ameneiral, situado en Bertamiráns, acolle o próximo sábado, 27 de xullo, ás 20.00 horas, a presentación do novo disco das Maianas. Fala de min! é o novo traballo discográfico do grupo de cantareiras Maianas, que está formado por doce pezas de composición propia e versións de temas populares. O grupo de cantareiras Maianas formouse no ano 2007 no concello de Ames, tras coñecérense as súas integrantes nos obradoiros municipais de baile e música tradicional do Concello de Ames.

As Casas da Cultura de Bertamiráns e do Milladoiro volveron ser protagonistas un ano máis do Festival internacional de Maxia “Festimax”, unha das citas máis características do outono amesán, que se celebrou os días 27, 28 e 29 de outubro. O evento, que reuniu a un total de 1.025 persoas, estivo cargado de humor, sorpresas e ilusionismo. Houbo espectáculos moi variados e de gran calidade artística. A veciñanza amesá puido desfrutar ao longo de tres xornadas dos espectáculos e obradoiros de magos galegos e internacionais. Nunha sondaxe que se fixo ao saír das distintas sesión da Gala máxica internacional, as persoas asistentes manifestaron que este ano o festival superou incluso a calidade doutros anos e todos os comentarios foron de satisfacción e moi positivos.

As Casas da Cultura de Bertamiráns e do Milladoiro volveron acoller un ano máis o Festival internacional de Maxia - FestiMax, unha das citas máis características do outono amesán, que se celebrou os días 23, 24, 25 e 26 de outubro. O evento, que conta coa colaboración da Rede Cultural da Deputación da Coruña, reuniu a preto de 1.100 persoas. Houbo espectáculos moi variados e de gran calidade artística. A veciñanza amesá puido desfrutar ao longo de catro xornadas dos espectáculos e obradoiros de magos galegos e internacionais. Nunha sondaxe que se fixo ao saír das distintas sesión da Gala máxica internacional, as persoas asistentes valoraron de xeito moi positivo os espectáculo de dita gala. As persoas que asiste cada ano manifestaron que se mantén o nivel dos distintos espectáculos ao longo dos anos. Preme nesta ligazón para ver a galería fotográfica do FestiMax 2025.

O pasado martes, 22 de abril, púxose fin a unha nova edición do programa Abril de Cine, unha iniciativa enmarcada dentro da programación deseñada polo departamento de Cultura do Concello de Ames. O obxectivo principal deste proxecto era achegar o cinema galego actual á veciñanza amesá. Desta volta, houbo tres sesións de cine nas que se proxectaron, por unha parte, os filmes “Prefiro condenarme”, de Margarita Ledo, e “Filmei paxaros voando”, de Zeltia Outeiriño, e por outra, unha sesión con catro curtas diferentes. No ciclo deste ano participaron un total de 235 persoas, superando amplamente as cifras de asistencia da pasada edición (125 persoas).

Dende hoxe ata o domingo 29 de decembro o Concello de Ames ten programadas 25 actividades para todos os públicos para que a veciñanza siga desfrutando das festas de Nadal. Obras teatrais, musicais, diferentes actividades deportivas, fotomatóns co carteiro real, inchables, múltiples obradoiros e un festival, son algunhas das moitas actividades programadas para estes días.

Eventos del departamento

A carballeira de San Xoán de Ortoño acolle un ano máis a tradicional festa do chourizo ao viño este domingo, 14 de xullo. A xornada comezará ás 13.00h coa degustación do chourizo ao viño con cachelos e a orella de porco cocida, e está amenizada pola banda de gaitas Os Retranqueiros e a Tuna de Dereito de Santiago. Pola tarde ten lugar o Campionato de Chave por parellas, así como a actuación do dúo Eva e Camilo e o concerto folk de Xabier Díaz e as Adufeiras de Salitre.