Solapas principales

Departamento de Cultura

    • Dirección: Casa da Cultura do Milladoiro. Travesia do Porto, s/n, O Milladoiro. 15895 Ames.
    • Teléfono:  662 37 74 44
    • Responsable municipal: Concejalía de Cultura
    • Responsable técnico: María José Vázquez Bermúdez, Técnica Animación Sociocultural
Otros Datos: 
  • Programación AmesON agosto 2020
  • Programación AmesOn fin de semá agosto 2020
  • Programación escolas culturais 2020-2021
  • Funciones:
    • Gestionar las actividades y eventos que desde el Departamento de Cultura se ponen en marcha, responsabilizándose de su adecuado desarrollo.
    • Informar y asesorar a los grupos y entidades culturales del ayuntamiento, así como al público en general, valorar las demandas de los ciudadanas e incentivar la participación
    • Gestionar los programas culturales que oferta la Diputación, Red Cultural, Xunta de Galicia, AGADIC y Cultura en el Camino. Solicitud,desarrollo, justificación.
    • Tramitar las ayudas económicas corresponsales al área de cultura, tanto las que se solicitan desde el Ayuntamiento, como las que se convocan desde la Concejalía de Educación y Cultura de apoyo las entidades culturales y comisiones de fiestas.
    • Coordinar y gestionar las Escuelas Culturales Municipales.

Noticias del departamento

Este luns, 9 de setembro, abre o prazo de inscrición nas Escolas Culturais para o curso 2019/2020. A matrícula permanecerá aberta ata o 13 de setembro. O proceso de inscrición e renovación de praza pódese realizar tanto de xeito presencial como telemático. Este ano creáronse novos grupos de baile moderno, arte miúda e de teatro infantil e xogo dramático. As clases comezarán a semana do luns 1 de outubro e rematarán o 31 de maio de 2020. As persoas interesadas poderán solicitar máis información chamando aos números de teléfono 981 535 940 – 662 377 444 ou enviando un correo ao enderezo de correo electrónico cultura@concellodeames.gal.

O campo da festa de Bugallido acolle este xoves 11 de agosto a súa primeira parada de agosto dos “Seráns de Ames”, un programa que ao longo de todas as tardes de xullo e agosto levará diferentes actividades para todos os públicos ás parroquias de Bugallido e Tapia. Deste xeito, a partir das 19:30 horas celebrarase a sesión de contacontos “Conto contiño”, con Bibiana Calvo e Divina Fernández, e o espectáculo de teatro na rúa “A tropa do Doutor Milagre”. Premendo nesta ligazón pódese consultar o cartaz dos “Seráns de Ames”.

A programación de Ames en Festas 2024 está a piques de comezar. Serán 10 días de festas seguidos, primeiro no Milladoiro, do venres 2 ao martes 6, e despois en Bertamiráns, do mércores 7 ao domingo 11 de agosto. As mellores orquestras de Galicia pasarán por Ames Este ano como novidade haberá dous pregóns, un de inicio nas festas, no Milladoiro, o sábado 3 de agosto a cargo de Alberto Gómez, presidente da Confraría da Madalena do Milladoiro; e outro de peche das festas, en Bertamiráns, o domingo 11 de agosto durante a sesión vermú, que ofrecerá Elvira Tresguerras e o Fútbol Club Meigas. Esta mañá mantívose unha xuntanza para organizar o operativo de seguridade que se manterá activo durante os 10 días de festas.

Este luns 17 de xaneiro deron comezo as reformas na Casa da Cultura do Milladoiro, que dotarán ao vestíbulo dun novo alumeado, actuarán sobre a luz natural das oficinas e instalarán unha varanda de vidro no primeiro andar do auditorio, co fin de mellorar a visión e a circulación do público. O proxecto foi adxudicado no pasado mes de agosto, cun orzamento de 96.800 euros sufragados co plan POS+ 2020 da Deputación da Coruña, e incluía obras en ambos centros socioculturais, que empezaron en Bertamiráns o pasado luns 10. Deste xeito, quedarán afectadas as actividades que se ían desenvolver nos próximos meses no auditorio, como a escola de teatro ou varias das representacións do programa de artes escénicas de Ames de 2022.

O programa organizado pola concellaría de Cultura continuou este xoves 8 de xullo co aforo completo. Os “Seráns de Tapia” teñen como obxectivo levar a cultura ao rural a través de actividades coma o teatro, a literatura, os concertos e os monólogos. Podes consultar a programación completa premendo nesta ligazón.

O actor Luís Zahera presenta este venres 13 de maio na Casa da Cultura de Bertamiráns o seu espectáculo “Chungo”, un monólogo no que repasa a súa traxectoria profesional en chave humorística, explicando como foi crecendo a súa imaxe de “malo” de película. As entradas para o evento, que terá lugar ás 21:00 horas, xa están esgotadas.

O Concello de Ames aprobou, a través de decreto de Alcaldía, as bases da convocatoria de axudas para a promoción de festas populares e de actividades levadas a cabo por asociacións culturais (exercicio 2019). O prazo de presentación de solicitudes para participar nestas dúas liñas de axudas municipais xa está aberto. As solicitudes para a promoción de actividades levadas a cabo por asociacións culturais poderán presentarse ata o 8 de xullo de 2020, mentres que para participar nas axudas para a promoción de festas populares o prazo de presentación de solicitudes remata o 9 de xullo. As solicitudes poden presentarase na Sede electrónica do Concello.

Esta semana remata o ciclo “Música no noite”, que se enmarca dentro do programa AmesOn, para dinamizar o sector cultural e mailo comercio de Ames. Deste xeito, este xoves, 10 de setembro, ás 18.00 horas, actúa o trío VAG na praza de Manuel Murguía, no Milladoiro. O sábado, 12 de setembro, pechase dita programación coa actuación de Monoulious DOP, ás 22.00 horas, na praza da Maía, en Bertamiráns. Este concerto será retransmitido vía streaming en modo proba.

A Casa da Cultura de Bertamiráns acolle este venres, 11 de outubro, a obra de teatro infantil, Comenoites, da compañía Os Náufragos Teatro. A obra entra dentro do convenio de colaboración entre a Axencia Galega de Industrias Culturais e o Concello de Ames, na programación da Rede Galega de Teatros e Auditorios Baséase no conto infantil escrito e ilustrado por Ana Juan (Premio Nacional de Ilustración). Haberá dúas sesións: a primeira ás 17.00 e a segunda as 18.00 horas. As entradas, que poden adquirirse a través da Billeteira electrónica, teñen un custo de 4 euros en tarifa xeral e 2 euros na reducida.

Unha nova edición da Festa do chourizo ao viño, organizada pola Asociación Gastronómica, Recreativa e Cultural do Chourizo ao viño da parroquia de Ortoño, terá lugar o vindeiro domingo 14 de xullo. Un ano máis realizarase a degustación de orella cocida e de chourizos ao viño con cachelos. Nesta ocasión, ademais, amenizará o xantar a banda de gaitas e de baile rexional Os Castros. Ademais, realizarase un campionato de chave por parellas e haberá inchables gratuítos para os nenos e nenas. A xornada rematará coa actuación do grupo “Banda Bacana”, financiada polo Concello de Ames a través do programa Cultura no Camiño 2024.

Eventos del departamento

O espectáculo de teatro infantil xestual "Redondo" representarase, da man da compañía Caramuxo teatro, en dous pases, un ás 17.00 horas e outro ás 18.00 horas, en Bertamiráns. Está dirixido a nenos e nenas de entre 6 meses e 3 anos de idade. O evento levarase a cabo en dous grupos de reducidos no escenario.

A obra de teatro ifantil "Don Gaiferos", da compañía Os Monicreques de Kukas, represenarase ás 18.00 horas no Milladoiro.

A obra de teatro para maiores de 5 anos "Mai mai", da man da compañía Baobab Teatro, representarase ás 18.00 horas en Bertamiráns.

A obra dramática "Liberto", da compañía Rebordelos, representarase ás 20.30 horas en Bertamiráns. 

Esta obra de teatro comedia, "Mocos", da compañía Contraproducións, representarase ás 20.30 horas o 26 e 27 de marzo en Bertamiráns.

A Casa da Cultura do Milladoiro acolle ás 21.00 horas esta peza teatral de Contraproducións S.L. Cunha duración de 90 minutos, está destinada a un público adulto. As entradas xa se encontran dispoñibles na billeteira electrónica do concello.

O venres 29 de xaneiro, ás 20.30 horas, a veciñanza de Ames poderá desfrutar desta obra teatral no Milladoiro. A peza, da man da compañía Sarabela Teatro, mestura dous libros de Manuel Rivas: A lingua das bolboretas, a tráxica historia dun neno do rural galego e o seu mestre republicano na Guerra Civil, e A traxectoria do balón, un conto no que se inclúe o universo feminino. Esta obra está dentro do convenio de colaboración entre a Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC) e o Concello de Ames.

O venres 19 de novembro, ás 20.30 horas, na Casa da Cultura do Milladoiro, representarase a obra para adultos "Bernarda". Trátase dun drama da compañía Malasombra Producións. Reserve o seu convite na billeteira electrónica.

O venres 15 de outubro, ás 18.00 horas e ás 21.30 horas, na Casa da Cultura de Bertamiráns, representarase a obra para adultos "Do pracer e da morte". Trátase dunha comedia da compañía A Feroz. Reserve o seu convite na billeteira electrónica.

A obra “Geometría del alma”, de Teatro Plus, que chegará á Casa da Cultura do Milladoiro o 18 de outubro ás 18:00 horas. Este espectáculo, dirixido a público infantil, é unha fusión entre teatro visual, danza contemporánea e manipulación de obxectos que expresan a relación entre as formas xeométricas e o corpo humano; un corpo que tratará de dar alma á xeometría para poder comprender a xeometría da alma que está no seu interior.