Solapas principales

Departamento de Cultura

    • Dirección: Casa da Cultura do Milladoiro. Travesia do Porto, s/n, O Milladoiro. 15895 Ames.
    • Teléfono:  662 37 74 44
    • Responsable municipal: Concejalía de Cultura
    • Responsable técnico: María José Vázquez Bermúdez, Técnica Animación Sociocultural
Otros Datos: 
  • Programación AmesON agosto 2020
  • Programación AmesOn fin de semá agosto 2020
  • Programación escolas culturais 2020-2021
  • Funciones:
    • Gestionar las actividades y eventos que desde el Departamento de Cultura se ponen en marcha, responsabilizándose de su adecuado desarrollo.
    • Informar y asesorar a los grupos y entidades culturales del ayuntamiento, así como al público en general, valorar las demandas de los ciudadanas e incentivar la participación
    • Gestionar los programas culturales que oferta la Diputación, Red Cultural, Xunta de Galicia, AGADIC y Cultura en el Camino. Solicitud,desarrollo, justificación.
    • Tramitar las ayudas económicas corresponsales al área de cultura, tanto las que se solicitan desde el Ayuntamiento, como las que se convocan desde la Concejalía de Educación y Cultura de apoyo las entidades culturales y comisiones de fiestas.
    • Coordinar y gestionar las Escuelas Culturales Municipales.

Noticias del departamento

Mañá martes, 18 de abril, o auditorio da Casa da Cultura do Milladoiro acollerá unha nova sesión da iniciativa “Abril de cine”, que busca achegar diversas pezas audiovisuais do cine galego e nacional á veciñanza amesá. Desta volta proxectarase a película “As bestas”, multipremiada na última edición dos Goya. Será ás 20:00 horas. As entradas poden adquirirse premendo nesta ligazón. 

O Teatro Principal de Santiago vén de acoller a xornada inaugural do XIII Festival Peregrinos Musicais, que rexistrou unha boa acollida cunha asistencia de máis dun cento de persoas. Diana Pogoshyan (violín), Jorge Suárez (cello) e Ilona Timchenko (piano) protagonizaron un concerto de apertura do evento. O director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, e o alcalde de Ames, Blas García, presidiron a inauguración oficial desta cita. Esta é a primeira das sete citas que se desenvolverán ata o 14 de xullo en distintos espazos emblemáticos de Santiago e tamén en Ames. Precisamente, o Pazo da Peregrina acolle o vindeiro domingo, 9 de xullo, ás 21.00 horas, un concerto dos gañadores do Certame Internacional de Novos Talentos.

As Casas da Cultura de Bertamiráns e do Milladoiro acollen este venres, sábado e domingo o XVII Festival internacional de Maxia de Ames. Este festival organizado polo Concello de Ames, coa colaboración da Deputación da Coruña, conta cun programa repleto de espectáculos e obradoiros dirixidos a todos os públicos. Ata o de agora vendéronse arredor de 750 entradas. Este ano como novidade inclúese na programación unha gala de novos talentos da maxia para a que xa están esgotadas as entradas. Quedan entradas dispoñibles para a gala máxica infantil e para as catro sesións da gala máxica internacional. Tamén queda algunha praza dispoñible para os obradoiros de maxia. As entradas pódense adquirir na Billeteira electrónica.

O Concello de Ames e o grupo Chévere chegaron a un novo acordo de colaboración vencellado ao proceso de creación da nova obra que a compañía está preparando. Trátase dunha obra protagonizada por Patricia de Lorenzo e Miguel de Lira, que toma como punto de partida o cadro de Castelao titulado “A derradeira leición do mestre”, para falar de como se constrúen as narrativas da memoria. Dentro desta colaboración, o Concello de Ames ofrece a Chévere un espazo para realizar unha residencia de traballo e ensaios entre os meses de xaneiro e febreiro de 2026 e Chévere realizará no concello de Ames varias actividades asociadas ao proceso de creación. A primeira actividade proposta por Chévere é que a veciñanza amesá poida ver nas Casas da Cultura do Milladoiro e de Bertamiráns unha reprodución do cadro de Castelao.

O vindeiro venres, 19 de xullo, o concello de Ames acollerá unha das xornadas do Festival Internacional de Danza e Movemento “Abanea”, organizado pola asociación IS.MO Cultura. Así, ao longo desta xornada desenvolveranse diversas actividades arredor da danza e do movemento, co obxectivo de impulsar esta disciplina entre a veciñanza. A programación do festival foi presentada onte na Cidade da Cultura, en Santiago de Compostela.

O Pazo da Peregrina acolleu este venres, 19 de xullo, por primeira vez, unha das xornadas do Festival Internacional de Danza e Movemento “Abanea”, organizado pola asociación ISMO Cultura. Así, ao longo desta xornada desenvolvéronse diversas actividades arredor da danza e do movemento, co obxectivo de impulsar esta disciplina entre a veciñanza. Houbo encontros para os profesionais da danza, impartíronse os obradoiros “Danza en Familia” e “A danza como lugar de recreo”, e púidose gozar das actuacións a cargo de Suevia Rojo, Paulina Espinosa, Mariana Oliveira, Angel Durán e Mounqup. A artista amesá vinculada ao apoio bienal, Suevia Rojo, estreou “Pensar a contratempo”.

A Concellaría de Cultura do Concello de Ames continúa a súa aposta polo cinema galego, programando no mes de novembro tres documentais firmados por directoras e guionistas do país. “Negro Púrpura”, de Sabela Iglesias e Adriana P. Villanueva; “Nación”, de Margarita Ledo, e “As silenciadas”, dirixido por Pablo Ces e guionizado por Aurora Marco e o propio Ces. As sesións terán lugar os mércores 10, 17 e 24 de novembro, respectivamente, na Casa da Cultura de Bertamiráns, ás 20:30 horas, e incluirán encontros coas cineastas Margarita Ledo, Pablo Ces e Aurora Marco. Os convites gratuítos xa están dispoñibles na billeteira electrónica do Concello de Ames.

A parroquia de Santo Tomé de Ames organiza esta fin de semana dous días de festas para conmemorar o día de Santo Tomé, patrón da localidade. A celebración estará marcada polas actuacións musicais nas sesións vermús e as verbenas, así como polos pasarrúas que recorrerán a parroquia. Os festexos realizaranse no campo da festa de Ames.   

A Asociación de Festas de Ames organiza esta fin de semana dous días de festa cos que celebrar a conmemoración de Santo Tomé, patrón da localidade. A celebración estará marcada polas actuacións musicais, entre elas a da orquestra Combo Dominicano, e o pasarrúas a cargo do grupo de gaitas Retranqueiros. Os festexos realizaranse no campo da festa de Ames.

A Concellería de Cultura do Concello de Ames organiza a quinta edición de Cinema Miúdo, un festival internacional dirixido a público infantil que se celebra esta fin de semana nas Casas da Cultura de Bertamiráns e do Milladoiro e que este ano ten como eixo temático o coidado do medio ambiente. Ata o de agora xa se retiraron 500 entradas. As entradas  poden adquirirse nas billeteiras dos centros culturais ou na Billeteira electrónica do Concello de Ames.

Eventos del departamento

O sétimo arte ten un oco na programación de outono a través da iniciativa “Cine Outono”, que recolle a proxección de tres filmes na Casa da Cultura do Milladoiro durante o mes de novembro, sempre ás 20:00 horas. A primeira será “As Neves”, o día 12; de seguido chegará “Cuñados” o 19 de novembro; e pechará o ciclo o filme “Os espazos en branco o día 26.

O mércores 10 de novembro, ás 20.30 horas, na Casa da Cultura de Bertamiráns proxectarase o cine documental, dirixido a aldutos, "Negro púrpura". Reserve o seu convite na billeteira electrónica.

O programa "Abril de Cine", organizado pola Concellaría de Cultura, estréase coa proxección da película Ons o mércores 7 de abril. Terá lugar na Casa da Cultura de Bertamiráns, ás 20:00 horas.

O programa "Abril de Cine", organizado pola Concellaría de Cultura, proxectará a película "Trote" o mércores 21 de abril. Terá lugar na Casa da Cultura de Bertamiráns, ás 20:00 horas.

O Concello de Ames, a través da Concellaría de Cultura, programa un novo ciclo de cine durante o mes de novembro no que se proxectarán os filmes O Corno, de Jaione Camborda, que gañou a Concha de ouro á mellor película no Festival de cine de San Sebastián 2023; e Salta, de Olga Osorio, unha longametraxe que adapta a curta Einstein-Rosen, realizada previamente pola propia directora. Ambas as dúas proxección serán no auditorio da Casa da Cultura do Milladoiro os martes 7 e 14 de novembro ás 20.00 horas. Ao final das proxeccións haberá un coloquio coas directoras dos filmes. As entradas xa se poden adquirir a través da Billeteira electrónica.

O Concello de Ames, a través da Concellaría de Cultura, programa un novo ciclo de cine durante o mes de novembro no que se proxectarán os filmes O Corno, de Jaione Camborda, que gañou a Concha de ouro á mellor película no Festival de cine de San Sebastián 2023; e Salta, de Olga Osorio, unha longametraxe que adapta a curta Einstein-Rosen, realizada previamente pola propia directora. Ambas as dúas proxección serán no auditorio da Casa da Cultura do Milladoiro os martes 7 e 14 de novembro ás 20.00 horas. Ao final das proxeccións haberá un coloquio coas directoras dos filmes. As entradas xa se poden adquirir a través da Billeteira electrónica.

O martes día 18, o alumnado máis novo da escola trasladarase á Casa da Cultura de Bertamiráns. Ás 17:30 horas será a quenda do grupo infantil, con nenos e nenas de entre 3 e 6 anos, que abrirá a representación con “Contemos un conto”. O segundo grupo infantil, no que participa rapazada de entre 7 e 11 anos, interpretará “O bosque dos mil perdidos” ás 20:00 horas. Pechará a xornada o grupo xuvenil de maiores de 12 anos, con “Mórdeme”, ás 20:30 horas.

O mércores 19, o alumnado máis novo da Escola Municipal de Teatro chegará á Casa da Cultura do Milladoiro co grupo infantil de 3 a 6 anos, que novamente representará “Contemos un conto”, ás 17:30 horas; e co grupo infantil de 7 a 11 anos coa obra “O reino do derroche”, ás 20:00 horas. Xa ás 20:30 horas será a quenda do grupo xuvenil de maiores de 12 anos, que pechará a mostra coa representación de “Criaturiñas”.

O 26 de marzo, o Pazo da Peregrina, en Bertamiráns, acollerá un coloquio aberto á veciñanza da obra "As desterradas", no que participarán Carme Varela, escritora da obra, e Quico Cadaval, director da peza. A actividade terá lugar ás 19.00 e a entrada será libre ata completar aforo. Esta proposta é unha actividade de mediación que realiza a compañía Producións Teatrais Excéntricas por estar levando a cabo unha residencia artística no noso concello, ensaiando a obra "As Desterradas"

Concerto de “Mozart á Galega” no Pazo da Peregrina de Bertamirás ás 22.00 horas. Trátase dunha actividade subvencionada pola Deputación da Coruña, no marco do programa “Un bico un cantar”. O espectáculo é gratuíto e de entrada libre, pero debido ás circunstancias xa coñecidas, o concerto desenvolverase respectando todas as medidas de seguridade.