A produtora audiovisual con sede na localidade do Milladoiro, Serea Films, vén de recibir este pasado sábado o premio Mestre Mateo a mellor documental por Os espazos en branco. Trátase dunha crónica na que o director do documental, Bruno Arias, afonda na figura pública de Xela Arias para atopar nela unha persoa: a súa tía. Serea Films conta cun posto no espazo colaborativo A Proa. Ademais, Serea Teatro, que forma parte de Serea Producións, realizou unha residencia no auditorio sa Casa da Cultura do Milladoiro para preparar a obra de teatro A luz do día, nalgún lugar do mundo, a algunha muller, dirixida por Noelia Papín que foi estreada o pasado 14 de decembro no Milladoiro. Tamén cómpre destacar que Lidia Veiga, que presentou a gala dos Mestre Mateo xunto con Miguel Canalejo, participa no espazo de Radio Cidadá de Ames Radio co Exército Mekemeke.