Pestanas principais

Departamento de Servizos Económicos

Novas do departamento

O salón de plenos da Casa do Concello acolleu unha nova xuntanza da Comisión de Orzamentos Participativos do Rural, onde se acordou que nos orzamentos de 2020 incluirase unha partida orzamentaria destinada a contratar unha asistencia técnica, de cara a afondar neste proceso co obxectivo de seguir ampliando e reforzando as fórmulas de participación, que incluiría o deseño e implantación dun novo proceso ao longo deste ano no que quedarían seleccionadas as propostas que serían executadas no 2021. Todos os representantes das parroquias do rural que asistiron á xuntanza votaron a favor, por unanimidade, deste acordo.

O salón de plenos da Casa do Concello acolleu este luns, 22 de xullo, unha nova xuntanza da Comisión de Orzamentos Participativos para a Mocidade 2018. Nela, analizáronse os proxectos votados no seu día, destinados á construción de dous anfiteatros, un no Milladoiro e outro no lugar de Lapido, preto de Bertamiráns, para organizar festas, teatro e cine ao aire libre. Ademais, acordouse a realización de dous festivais con grupos locais que servirán para inaugurar ditos equipamentos. 

Desde o inicio da pandemia motivada pola Covid-19 e ao longo de todo o ano 2020, desde o goberno de Ames, a través da Concellería de Economía e Facenda, puxéronse en marcha un Plan de Medidas Tributarias Covid-19 que incluían diversas actuacións en materia tributaria en colaboración coa Deputación da Coruña, como  foi a implementación de medidas de flexibilización dos fraccionamentos/aprazamentos de débedas, derrogación de ordenazas que afectaban a sectores moi castigados pola crise, ampliación de períodos de pago de impostos e taxas públicos e posta en marcha do Calendario Fiscal.

A Concellaría de Economía e Facenda segue a traballar no Plan de Medidas Tributarias COVID-19  poñendo en marcha de mecanismos que faciliten, na situación actual de estado de alarma, o pago de impostos e taxas, como son ademáis da ampliación de prazos de pago en voluntaria, medidas que faciliten o aprazamentos e fraccionamentos dos pagos. Precisamente, unha das últimas medidas tributarias que ven de lanzar o Departamento Económico é a relativa aos aprazamentos ou fraccionamentos das débedas, tanto en impostos e taxas delegadas na Deputación da Coruña, como as xestionadas directamente polo Concello de Ames. En ambos casos, haberá que solicitalo antes da data de cargo, no caso dos recibos domiciliados, e antes da data da fin da voluntaria, no caso dos recibos non domiciliados.

A veciñanza amesá pode acceder xa ao novo Calendario fiscal do Concello de Ames para o 2020, onde se recollen ampliacións dos períodos de voluntaria para o pago dos recibos de impostos que máis gravan á cidadanía e empresas coma é o caso do IBI, IAE, IVTM, e indícanse as datas de cargo dos recibos domiciliados, o período voluntario de pago dos recibos non domiciliados e as datas de cargo do recibo domiciliado do IBI mediante o sistema de fraccionamento en dous prazos. Tamén van detalladas as datas para as diferentes taxas e prezos públicos do Concello. A Concellaría de Economía e Facenda incluíu neste novo calendario fiscal as medidas tributarias que se foron tomando atendendo á situación excepcional provocada pola crise da Covid-19, polo que podería sufrir modificacións atendendo a esa excepcionalidade, coa fin de adaptarse a novas necesidades que vaian xurdindo.

Desde que se declarou o estado de alarma, derivado da crise sanitaria da Covid-19, a Concellaría de Economía e Facenda estivo a traballar para artellar mecanismos para poder  facilitar o pago dos impostos e taxas, como a ampliación de prazos de pago en voluntaria, facilidades de aprazamentos e fraccionamentos de pagos, ou a calendarización dos mesmos, esperando poder aliviar as cargas das familias e empresas. Desta volta, o Departamento de Economía lanza a información das novas medidas tributarias relativas ao calendario fiscal do Concello de Ames, mellora nas condicións dos aprazamentos e/ou fraccionamento de débedas, ampliacións de prazos de pago dos recibos, e a ampliación de prazos para acollerse ao Sistema especial voluntario de pagamento fraccionado do IBI.

O alcalde de Ames, Jose Miñones, e mailo deputado de Economía e Facenda, Antonio Leira, asinaron esta mañá un convenio a través do cal o ente provincial asume todas as funcións e atribucións necesarias para levar a cabo o exercicio de inspección do imposto sobre actividades económicas e nos procedementos sancionadores que deriven destas actuacións. No acto de sinatura de dito convenio tamén participou a concelleira de Economía e Facenda, Genma Otero.

O Pleno do Concello de Ames, na sesión extraordinaria celebrada o 21 de decembro de 2022, aprobou de xeito inicial o Orzamento Xeral do Concello para o exercicio 2023. Ao non presentarse alegacións quedou aprobado con carácter definitivo o 19 de xaneiro de 2023, trala publicación do correspondente anuncio no Boletín Oficial da Provincia da Coruña. O orzamento municipal de 2023 ascende á cifra de 29.725.000 euros, continuando un ano máis co compromiso no investimento e desenvolvemento de programas municipais, así como co reforzo e ampliación dos distintos servizos prestados pola Administración local. O expediente completo coa información orzamentaria de 2023 pódese consultar no Portal da Transparencia da web municipal no apartado de Información Orzamentaria. 

O Concello de Ames vén de pechar o prazo de presentación de propostas dos Orzamentos Participativos do 2020 o pasado venres 30 de outubro. Durante o período que estivo aberto dito prazo recolléronse un total de 225 propostas de distintos ámbitos. Dentro deste total presentáronse 156 propostas para investimentos no rural, 20 para investimentos mocidade, 10 actividades para a muller, 11 actividades medioambientais, 15 actividades para mocidade, 13 actividades de cultura. Agora comeza o prazo de análise de viabilidade das propostas, que desembocará na votación final das propostas.

O Concello de Ames vén de abrir a votación telemática dos Orzamentos Participativos do 2020 –que pode facerse a través desta ligazón- e que continuará aberta ata o vindeiro 13 de decembro. Ao longo das dúas próximas semanas tamén se artella dende o Consistorio un calendario de votación presencial nas parroquias para garantir o dereito ao voto das persoas sen competencias dixitais cuxa cronoloxía pode revisarse aquí.

Eventos del departamento

Este luns, 14 de setembro, de 20.20 a 21.20 horas, celébrase unha xuntanza no local social de Agrón, sobre os Orzamentos Participativos de 2020. Trátase dunha asemblea de presentación de propostas .

Este luns, 21 de setembro, de 19.00 a 20.00 horas, celébrase unha xuntanza no local social de Ameixenda, sobre os Orzamentos Participativos de 2020. Trátase dunha asemblea de presentación de propostas

Este martes, 15 de setembro, de 20.20 a 21.20 horas, celébrase unha xuntanza no local social de Ames (Aguapesada), sobre os Orzamentos Participativos de 2020. Trátase dunha asemblea de presentación de propostas.

Este martes, 22 de setembro, de 20.20 a 21.20 horas, celébrase unha xuntanza no local social de Biduído, sobre os Orzamentos Participativos de 2020. Trátase dunha asemblea de presentación de propostas .

Este martes, 22 de setembro, de 19.00 a 20.00 horas, celébrase unha xuntanza no local social de Bugallido, sobre os Orzamentos Participativos de 2020. Trátase dunha asemblea de presentación de propostas .

Este luns, 21 de setembro, de 20.20 a 21.20 horas, celébrase unha xuntanza no local social de Covas, sobre os Orzamentos Participativos de 2020. Trátase dunha asemblea de presentación de propostas .

Este martes, 15 de setembro, de 19.00 a 20.00 horas, celébrase unha xuntanza no local social de Lens, sobre os Orzamentos Participativos de 2020. Trátase dunha asemblea de presentación de propostas .

Este mércores, 16 de setembro, de 20.20 a 21.20 horas, celébrase unha xuntanza no local social de Ortoño, sobre os Orzamentos Participativos de 2020. Trátase dunha asemblea de presentación de propostas .

Este xoves, 17 de setembro, de 19.00 a 20.00 horas, celébrase unha xuntanza no local social de Ortoño, sobre os Orzamentos Participativos de 2020. Trátase dunha asemblea de presentación de propostas .

Este xoves, 17 de setembro, de 20.20 a 21.20 horas, celébrase unha xuntanza no local social de Tapia, sobre os Orzamentos Participativos de 2020. Trátase dunha asemblea de presentación de propostas