Pestanas principais

Solicitude de aprazamento ou fraccionamento de débedas

Presencial
Online
Sede Electrónica
mércores, 1 Xaneiro, 2020 a xoves, 31 Decembro, 2020
Tramite activo: 
Pechado

PARA QUE (FINALIDADE):

  • Tramitar solicitudes de aprazamento ou fraccionamento de tributos xestionados polo concello de Ames e non delegada a súa recadación voluntaria ou executiva na Deputación provincial da Coruña.

QUEN PODE FACELO:

  • Aquelas persoas que teñan débedas co Concello de Ames se atopen nunha situación económico financeira que lle impida transitoriamente atender ao seu pagamento, sempre que cumpra co disposto na Ordenanza Fiscal Xeral de xestión, recadación e inspección dos tributos e doutros ingresos de dereito público do concello de Ames .

COMO SE FAI:

A solicitude pódese presentar en:

  • REXISTRO XERAL:
    • Enderezo: Praza do Concello, nº 2, Bertamiráns.
    • Teléfono: 981 88 30 02
    • Horario: 9.00 a 14.00 horas.
  • RESTANTES FORMAS PREVISTAS NO ARTIGO 16 da LEI 39/2015. DE 1 DE OUTUBRO, DO PROCEDEMENTO ADMINISTRATIVO COMÚN DAS AA.PP.
  • ELECTRONICAMENTE

Dende a Sede electrónica municipal pode achegar a solicitude, xunto coa documentación de incorporación obrigatoria, en cada caso.

Para realizar o trámite dende a sede deberá identificarse previamente na mesma, a través de certificado dixital DNI-e.

DOCUMENTACIÓN:

  • Persoas físicas:
    • Copia das dúas últimas nóminas recibidas.
    • Certificación de conta bancaria para a domiciliación.
    • Certificado de bases impoñibles da última declaración do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas. No suposto de contribuíntes que non estean obrigados a presentar declaración, a acreditación dos ingresos percibidos realizarase mediante o certificado de retencións expedido polos pagadores dos distintos rendementos obtidos.
  • Persoas xurídicas:
    • As contas do Balance de situación e contas de perdas e ganancias do último exercicio pechado.
    • Copia, debidamente compulsada, do Imposto sobre sociedades correspondente ó último exercicio económico presentado
    • Certificación de conta bancaria para a domiciliación.
  • Comunidades de bens e outras entidades do artigo 35.4 da Lei 58/2003.
    • Acordo da xunta de propietarios ou do órgano competente que reflicte a aprobación da solicitude de fraccionamento ou aprazamento para facer fronte á débeda e plan de pagamento.
    • Certificación de conta bancaria para a domiciliación
  • Calquera dos anteriores
    • Si non existe dispensa automática de garantía (débedas  superiores a 6.000 €): correspondente compromiso expreso e irrevogable da entidade de formalizar o aval necesario no caso de que o aprazamento fose concedido. O aval deberá achegarse no prazo de trinta días seguintes ó da notificación do acordo de concesión
    • No caso de solicitar a dispensa de garantía, para débedas superiores a 6.000 €:
  • Declaración responsable e xustificación documental manifestando carecer de bens ou non posuír outros que os ofrecidos en garantía. A declaración responsable deberá incorporar relación dos bens inmobles dos que o solicitante sexa titular, indicando en cada caso a referencia catastral e aportando información detallada das cargas que os graven.
  • Declaración responsable e xustificación documental da imposibilidade de obter aval ou certificado de seguro de caución, na que consten as xestións efectuadas para a súa obtención (deberá xuntarse negativa de, polo menos, dúas entidades financeiras ou de caución ás que se tivera dirixido o solicitante para a obtención da correspondente garantía).
  • Plan de viabilidade e calquera outra información que xustifique a posibilidade de cumprir o aprazamento ou fraccionamento solicitado, e que poña de manifesto que a imposibilidade para facer fronte ao pago da débeda é transitoria, e non estrutural.
  • Acreditación da representación, no seu caso

RESPONSABLE:

 OFICINAS:

  •  Recadación municipal de Bertamiráns
    • Enderezo: Praza Horta de Abaixo, nº 6- Local 18
    • Teléfono: 981 884 896
    • Horario: De luns a venres de 9:00 a 14:00 horas.
  • Recadación municipal do Milladoiro
    • Enderezo: Rúa Viorneira, número 6
    • Teléfono: 981 884 896
    • Horario: De luns a venres de 9:00 a 14:00 horas.
  • Servizo Municipal de Augas Bertamiráns
    • Enderezo: Rúa Agrelo, número 7, baixo
    • Teléfono: 981 890 776
    • Horario: De luns a venres, en horario de mañá, de 9:00 a 14:00 horas, e de tarde, de 17:00 a 19:00 horas. Os sábados abren de 9:00 a 14:00 horas.
  • Servizo Municipal de Augas Milladoiro
    • Enderezo: Rúa Viorneira, número 6
    • Teléfono: 981 93 94 45
    • Horario: De luns a venres, en horario de mañá, de 9:00 a 14:00 horas, e de tarde, de 17:00 a 19:00 horas. Os sábados abren de 9:00 a 14:00 horas.

NORMATIVA APLICABLE:

  • Lei 58/2003, de 17 de decembro, xeral tributaria (artigos 65 a 82).
  • RD 939/2005, do 29 de xullo, polo que se aproba o Regulamento xeral de recadación  (artigos 44 a 54 RXR).
  • Ordenanza fiscal Xeral de xestión, recadación e inspección dos tributos e doutros ingresos de dereito público do concello de Ames.

Aspectos destacables da normativa municipal aplicable:

O artigo 43.5 da Ordenanza fiscal xeral prevé os seguintes prazos máximos de fraccionamento en función da contía da débeda:
Importe da débeda:

Importe da débeda Período máximo
De 100,00 € a 300,00 € 3 meses
De 301,00 € a 900,00 € 6 meses
De 901,00 € a 1.500,00 € 9 meses
De 1.501,00 € a 3.000,00 € 12 meses
De 3.001,00 € a 4.500,00 € 15 meses
De mais de 4.501,00 € 18 meses

O importe mínimo a fraccionar e os prazos poderanse excepcionar dos criterios expostos en determinadas situacións de emerxencia social e outras previstas no  artigo 43.5 da Ordenanza Fiscal Xeral.