Presencial
Online
Sede Electrónica
martes, 1 Xaneiro, 2019 a martes, 31 Decembro, 2019
Tramite activo:
Pechado
PARA QUE (FINALIDADE):
- Solicitar a domiciliación de tributos municipais xestionados polo departamento de recadación do concello. Supón ordenar a unha entidade financeira o pagamento de tributos municipais con cargo á conta do solicitante.
QUEN PODE FACELO:
- Poderá solicitar a domiciliación o obrigado ao pago, ou ben dun terceiro non obrigado ao pago, con coñecemento de aquel, para o que deberán dirixir comunicación Recadación a lo menos dous meses antes do comezo do período voluntario de ingreso. Noutra caso, a comunicación terá efectos a partires do período seguinte.
COMO SE FAI:
A solicitude pódese presentar, en calquera momento antes da prescrición do dereito, por:
- REXISTRO XERAL
- Enderezo: Praza do Concello, nº 2, Bertamiráns.
- Teléfono: 981 88 30 02
- Horario: 9.00 a 14.00 horas.
- RESTANTES FORMAS PREVISTAS NO ARTIGO 16 da LEI 39/2015. DE 1 DE OUTUBRO, DO PROCEDEMENTO ADMINISTRATIVO COMÚN DAS AA.PP.
- ELECTRONICAMENTE
Dende a Sede electrónica pode achegar a solicitude, xunto coa documentación de incorporación obrigatoria, en cada caso.
Para realizar o trámite dende a sede deberá identificarse previamente na mesma, a través de certificado dixital DNI-e.
DOCUMENTACIÓN:
- Solicitude en modelo normalizado
- copia do NIF do titular do recibo. No caso de que o titular da conta non sexa o titular do recibo, tamén o NIF desta persoa, e solicitude asinada por ámbolos dous.
- Só si o solicitante actúa a través de representante. En caso de persoa xurídica (representación legal) a representación se acreditará mediante poder bastante, ben a través de documento público ou ben a través dun documento privado con sinatura lexitimada notarialmente ou por comparecencia. En caso de persoas físicas (representación voluntaria) será suficiente con que asinen a solicitude o representante e o solicitante, e se achegue copia dos NIF de ambos.
RESPONSABLE:
Tesouraría. Oficinas de tramitación
OFICINAS
- Recadación municipal de Bertamiráns
- Enderezo: Praza Horta de Abaixo, nº 6- Local 18
- Teléfono: 981 884 896
- Horario: De luns a venres de 9:00 a 14:00 horas.
- Recadación municipal do Milladoiro
- Enderezo: Rúa Viorneira, número 6
- Teléfono: 981 884 896
- Horario: De luns a venres de 9:00 a 14:00 horas.
- Servizo Municipal de Augas Bertamiráns
- Enderezo: Rúa Agrelo, número 7, baixo
- Teléfono: 981 890 776
- Horario: De luns a venres, en horario de mañá, de 9:00 a 14:00 horas, e de tarde, de 17:00 a 19:00 horas. Os sábados abren de 9:00 a 14:00 horas.
- Servizo Municipal de Augas Milladoiro
- Enderezo: Rúa Viorneira, número 6
- Teléfono: 981 93 94 45
- Horario: De luns a venres, en horario de mañá, de 9:00 a 14:00 horas, e de tarde, de 17:00 a 19:00 horas. Os sábados abren de 9:00 a 14:00 horas.
NORMATIVA APLICABLE:
- Lei 58/2003, de 17 de decembro, xeral tributaria (LXT, en adiante).
- RD 939/2005, de 29 de xullo, polo que se aproba o Regulamento Xeral de recadación (artigos. 25, 34 e 35).
- Ordenanza Fiscal Xeral de xestión, recadación e inspección dos tributos e doutros ingresos de dereito público do concello de Ames (artigo 40).
- Aspectos destacables da normativa aplicable:
- As domiciliacións terán validez por tempo indefinido, se ben os solicitantes poderán anulalas en calquera momento.
- A domiciliación perderá a validez cando o solicite o interesado, cando sexa rexeitada pola entidade financeira en dúas ocasións consecutivas, ou cando o concello de Ames o dispoña expresamente por causas xustificadas.
- Poderá domiciliarse o pago nunha conta que non sexa da titularidade do obrigado, sempre que o titular de dita conta autorice a domiciliación.
- Non se poden abonas por domiciliación as liquidacións nin as autoliquidacións.
- No caso de que a información que lle traslada a entidade financeira non lle permita identificar con claridade o concepto de ingreso e o período pasado ao cobro, no caso dos recibos polo ciclo integral da auga, deberán corresponderse co documento que Espina y Delfín S.L. lle remite trimestralmente ao seu domicilio. No caso doutros tributos ou ingresos de dereito público poderá pedir información e un duplicado en Recadación. Advírtese que si vostede non fose o titular do recibo, o documento que se expida non conterá datos de carácter persoal, só datos referidos á débeda.