Actualidade

Ex., 14-06-2026
Ex., 14-06-2026
Luns, 27 de abril de 2026
Entra en vigor o orzamento municipal do exercicio 2026 que ascende a 43 millóns de euros

Este pasado sábado, 25 de abril, entrou en vigor o orzamento municipal do exercicio 2026, despois de estar en exposición pública durante quince días e non se presentaran alegacións. Dito orzamento ascende á cifra de 43.334.228,98 euros. Está composto polo orzamento municipal de 38.753.577,15 euros e mailo orzamento da EPEL Augas de Ames de 4.580.651,83 euros. Trátase do orzamento máis elevado da historia de Ames, o que supón un incremento do 18,89% con respecto ás contas do ano 2024. 

Xoves, 19 de febreiro de 2026
O Goberno municipal de Ames presenta un orzamento consolidado para 2026 de 43 millóns de euros

Esta mañá o Goberno municipal presentou o orzamento consolidado para o exercicio 2026, que ascende á cifra de 43.334.228,98 euros, e que está composto polo orzamento municipal de 38.753.577,15 euros e mailo orzamento da EPEL Augas de Ames de 4.580.651,83 euros. Trátase do orzamento máis elevado da historia de Ames, o que supón un incremento do 18,89% con respecto ás contas do ano 2024. Isto é debido á consecución de fondos EDIL que fan un total en investimentos de 8.096.920,23 euros, o que supón case un 21% do total do orzamento, que xunto coa prestación de servizos (42,65%) supoñen un 63,54% do total. Este pasado mércores, 18 de febreiro, celebrouse a Comisión Informativa de Economía e Facenda e Especial de Contas e o vindeiro luns, 23 de febreiro, haberá un pleno extraordinario para debater e aprobar de xeito inicial, se procede, dito orzamento. O pleno será emitido en directo a través da canle de YouTube do Concello de Ames.

Luns, 25 de marzo de 2024
Queda aprobado de xeito definitivo o orzamento de 2024 que supera os 32 millóns de euros

O Pleno do Concello de Ames, na sesión extraordinaria celebrada o 22 de febreiro de 2024, aprobou de xeito inicial o Orzamento Xeral do Concello para o exercicio 2024. Ao non presentarse alegacións quedou aprobado con carácter definitivo o 22 de marzo de 2024, trala publicación do correspondente anuncio no Boletín Oficial da Provincia da Coruña. O orzamento municipal de 2024 ascende á cifra de 32.568.424,74 euros. Trátase dun orzamento que segue a mesma liña de orzamentos de anos anteriores, onde se blindan áreas como a educación, os servizos sociais e os servizos básicos.

Venres, 23 de febreiro de 2024
O Pleno aproba de xeito inicial o orzamento de 2024 que supera os 32 millóns de euros

A Corporación municipal aprobou de xeito inicial o orzamento municipal de Ames para o exercicio 2024, nunha sesión plenaria extraordinaria que se desenvolveu este xoves, 22 de febreiro. Agora, dende a súa publicación no BOP, o documento orzamentario estará en exposición pública durante 15 días hábiles. Trátase do oitavo orzamento que se aproba de xeito consecutivo dende o ano 2017. O orzamento xeral de 2024 ascende á cifra de 32.568.424,74 euros. Trátase dun orzamento que segue a mesma liña de orzamentos de anos anteriores, onde se blindan áreas como a educación, os servizos sociais e os servizos básicos. A principal área de gasto pasa a ser educación co 22,30% do total do orzamento. Esta área medra respecto a 2023 un 3,56%. A segunda área con maior gasto é benestar comunitario co 16,80%, e na terceira posición está servizos sociais e promoción social, que representa o 9,80% do orzamento total.  Premendo nesta ligazón podes ver o vídeo do pleno extraordinario sobre o orzamento de 2024.

Mércores, 21 de febreiro de 2024
O goberno local e o grupo municipal do BNG asinan un acordo para a aprobación do orzamento de 2024

O salón de plenos da Casa do Concello acolleu esta mañá o acto de sinatura do acordo entre o goberno local (PSdeG - PSOE) e o grupo municipal do BNG para a aprobación do novo orzamento para o exercicio 2024, que foi presentado o pasado luns 19 de febreiro. Dito acordo asínase despois de varias xuntanzas levadas a cabo entre ambos grupos políticos e da análise das necesidades económicas e sociais do concello de Ames. Estes orzamentos debateranse en pleno extraordinario o vindeiro xoves, 22 de febreiro. O grupo municipal do BNG facilitará a aprobación do orzamento de 2024 cun voto de abstención. O pleno será emitido en directo a través da canle de YouTube do Concello de Ames.

Luns, 19 de febreiro de 2024
Imaxe da presentación do Orzamento de 2024

Esta mañá o Goberno municipal presentou o novo orzamento para o exercicio 2024, que ascende á cifra de 32.568.424,74 euros. Trátase do oitavo orzamento que se presenta de xeito consecutivo dende o ano 2017. Segundo o Goberno local trátase dun orzamento que segue a mesma liña de orzamentos de anos anteriores, onde se blindan áreas como a educación, os servizos sociais e os servizos básicos. A principal área de gasto pasa a ser educación co 22,30% do total do orzamento. Esta área medra respecto a 2023 un 3,56%. A segunda área con maior gasto é benestar comunitario co 16,80%, e na terceira posición está servizos sociais e promoción social, que representa o 9,80% do orzamento total. O pasado venres, 16 de febreiro, celebrouse a Comisión Informativa de Economía e Facenda e Especial de Contas e este xoves, 22 de febreiro, haberá un pleno extraordinario para debater e aprobar de xeito inicial, se procede, dito orzamento.

Xoves, 02 de marzo de 2023
Imaxe do orzamento 2023

O Pleno do Concello de Ames, na sesión extraordinaria celebrada o 21 de decembro de 2022, aprobou de xeito inicial o Orzamento Xeral do Concello para o exercicio 2023. Ao non presentarse alegacións quedou aprobado con carácter definitivo o 19 de xaneiro de 2023, trala publicación do correspondente anuncio no Boletín Oficial da Provincia da Coruña. O orzamento municipal de 2023 ascende á cifra de 29.725.000 euros, continuando un ano máis co compromiso no investimento e desenvolvemento de programas municipais, así como co reforzo e ampliación dos distintos servizos prestados pola Administración local. O expediente completo coa información orzamentaria de 2023 pódese consultar no Portal da Transparencia da web municipal no apartado de Información Orzamentaria. 

Sábado, 18 de febreiro de 2023
Adxudícase o contrato de subministro de electricidade en alta e baixa tensión a través da central de contratación da FEMP

O Concello de Ames está adherido á Central de Contratación da FEMP que se constitúe como un sistema de racionalización da contratación ao servizo das entidades locais asociadas, e vén de adxudicar na Xunta de Goberno Local do pasado xoves 9 de febreiro á Iberdrola Clientes, S.A.U o contrato baseado no Acordo Marco, formalizado o 12 de maio de 2022, entre a FEMP e Iberdrola Clientes, S.A.U, para a contratación do subministro de electricidade en alta e baixa tensión para o Lote 1 (zona xeográfica península).

Xoves, 26 de xaneiro de 2023
O Concello de Ames publica o Calendario Fiscal do ano 2023

A Concellaría de Economía e Facenda vén de publicar o Calendario Fiscal de 2023 e de actualizar na web municipal a información tributaria recollida na súa páxina de transparencia, que inclúe información sobre a calendarización dos pagos de impostos, taxas e prezos públicos, así como as medidas de flexibilización e fraccionamento dos impostos municipais, incluíndo como novidade  o acceso á información sobre as distintas bonificacións e execcións recollidas nas  ordenanzas do Concello de Ames para os distintos impostos, taxas e prezos públicos.

Luns, 19 de decembro de 2022
Imaxe da presentación do orzamento municipal de 2023

Esta mañá o Goberno municipal presentou o novo orzamento para o exercicio 2023, que ascende á cifra de 29.725.000 euros. Trátase do sétimo orzamento que se presenta de xeito consecutivo e nesta ocasión antes de comezar o ano 2023. Segundo o Goberno local trátase dun orzamento que medra e se consolida reforzando os servizos, blindando as áreas de servizos básicos, educativos e sociais, e ampliando o crédito en todas as áreas de gasto. A principal área de gasto segue a ser Servizos Básicos con 6.047.000 euros (20,34%), seguida de educación con 5.569.000 euros (18,74%) e servizos sociais e promoción social cun crédito asignado de 3.137.000 euros (10,55%). O pasado venres, 16 de decembro, celebrouse a Comisión Informativa de Economía e Facenda e Especial de Contas e este mércores, 21 de decembro, haberá un pleno extraordinario para debater e aprobar de xeito inicial, se procede, dito orzamento.