- Enderezo: Praza do Concello, nº 2, Bertamiráns.
- Teléfono: 981 88 30 02


- Horario de atención ao público:
- De luns a venres, en horario das 9:00 ás 14:00 horas.
- Responsable municipal: Concellaría de Promoción Económica
Pestanas principais
Departamento de Promoción Económica e Emprego
Servizos e programas
Novas do departamento
Este xoves, 14 de novembro, celebrouse unha nova sesión da Xunta de Goberno Local na que se aprobou a adxudicación do expediente de subministro, instalación, conexión, mantemento e desmontaxe do alumeado de Nadal e outros elementos decorativos da campaña de Nadal. Este servizo foi adxudicado á empresa Iluminaciones Santiaguesas SL por un importe de 47.250,50 euros. A duración inicial será dun ano, podendo prorrogarse por un ano máis.
Na Xunta de Goberno Local celebrada o 19 de agosto de 2021 aprobouse o expediente de licitación, mediante procedemento negociado sen publicidade do servizo de redacción de proxecto e dirección de obra e coordinación de seguridade e saúde da construción do centro multifuncional de lecer, cultura e promoción económica dirixido á mocidade e persoas en risco de exclusión social no Milladoiro que estará cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) no marco do Programa Operativo Plurirrexional de España 2014-2020.
O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, acompañado pola directora xeral de Formación e Cualificación para o Emprego, Zeltia Lado, mantivo esta mañá unha reunión co alcalde de Ames, Blas García, coa concelleira de Promoción Económica, Ana Belén Paz, e co técnico municipal, Juan Carlos Carreja, para analizar vías de colaboración que permitan potenciar a empregabilidade no municipio coruñés.
A Xuntanza de Empresarios de Ames (XEA) presenta a campaña «Pechamos», unha iniciativa coa que pretende sensibilizar a cidadanía sobre o papel fundamental que desempeña o comercio local na vida diaria de Ames. A acción desenvólvese hoxe, 30 de xuño, coincidindo coa antesala das rebaixas de verán, unha das épocas de maior actividade para o sector.
A Xuntanza de Empresarios de Ames (XEA), coa colaboración do Concello de Ames, lanza unha nova edición dos ‘Bonos Xeames’ para impulsar as compras no comercio local. Esta campaña repartirá en total 200 bonos Xeames para gastar nos comercios adheridos a XEA e estarán á venda ata o vindeiro 15 de outubro. Os bonos teñen un valor de 50 euros, dos cales o usuario pagará 40 euros e XEA agasallará os 10 euros restantes. A validez destas tarxetas será ata o 31 de outubro e poderán adquirirse na oficina de XEA, localizada na rúa do Pedregal, número 4, en Bertamiráns, de luns a venres en horario de mañá 9.30 a 13.30 horas; e luns, mércores e xoves tamén pola tarde en horario de 17.00 a 19.30 horas. Para máis información, pódese chamar ao número de teléfono 641 116 005.
Artesanía, danza e música son algunhas das actividades da I Feira de san Xoán. O evento, organizado pola Xuntanza de Empresarios de Ames en colaboración coa concellaría de Promoción Económica e que terá lugar os días 23 e 24 no parque Ameneiral, en Bertamiráns.
Artesanía, música e diferentes actividades conforman o cartel da segunda edición da feira de San Xoán, que organiza a Xuntanza de Empresarios de Ames (XEA), en colaboración co Concello de Ames. Dita feira celebrarase os días 22 e 23 de xuño, en horario de 11.00 a 21.00 horas, no parque do Ameneiral, en Bertamiráns.
A III Feira de San Xoán, organizada pola Xuntanza de Empresarios de Ames, en colaboración co Concello de Ames, volve un ano máis ao parque do Ameneiral con artesanía, música e máis actividades. Será os días 23 e 24 de xuño.
O Concello de Ames, a través da Concellaría de Promoción Económica, informa de que a Xuntanza de Empresarios de Ames (XEA) organiza unha nova iniciativa para este domingo, 12 de xuño. Trátase do mercado aberto Solesombra, que se celebrará no parque do Ameneiral, en Bertamiráns, en horario de 11.00 A 20.00 horas. Será un mercado no que participarán 12 establecementos comerciais de Bertamiráns e do Milladoiro para dar a coñecer os servizos que ofertan. Haberá música ambiente ao longo de todo o día para amenizar o mercado.
A Xuntanza de Empresarios de Ames (XEA) celebrou este pasado martes, 7 de outubro, ás 20.30 horas, no Pazo da Peregrina de Bertamiráns o acto de presentación do seu recoñecemento oficial como Centro Comercial Aberto (CCA), unha distinción outorgada pola Xunta de Galicia, que acredita a consolidación da entidade como motor de dinamización comercial e social do municipio.
- ‹ anterior
- 9 de 66
- seguinte ›
Trámites do departamento
Eventos del departamento
A Unión de Consumidores de Galicia imparte o mércores, 2 de novembro, ás 20.00 horas, unha charla sobre comercio electrónico, banca electrónica e as súas garantías na Casa do Concello de Ames.
As personaxes de "Disney" volverán unha ano máis aos principais núcleos urbanos de Ames para visitar aos máis cativos do municipio nestas datas. A súa segunda parada será na Casa dos Maiores de Bertamiráns o sábado 28, en horario de 11.00 a 13.30 horas pola mañá e de 17.00 a 19.30 horas pola tarde.
O espazo colaborativo A Proa, situado no parque empresarial Novo Milladoiro, programou para o mes de decembro tres actividades de aprendizaxe nas que haberá presenza de profesionais de éxito co obxectivo de formar a autónomos e empresas e crear un ambiente de networking no que os emprendedores poidan establecer sinerxías e estreitar relacións sectoriais. Todas as actividades se desenvolverán no Espazo colaborativo A Proa. A entrada para todas as actividades é libre e gratuíta. As inscricións poden facerse na páxina web de A Proa.
O espazo colaborativo A Proa, situado no parque empresarial Novo Milladoiro, programou para o mes de decembro tres actividades de aprendizaxe nas que haberá presenza de profesionais de éxito co obxectivo de formar a autónomos e empresas e crear un ambiente de networking no que os emprendedores poidan establecer sinerxías e estreitar relacións sectoriais. Todas as actividades se desenvolverán no Espazo colaborativo A Proa. A entrada para todas as actividades é libre e gratuíta. As inscricións poden facerse na páxina web de A Proa.
O martes, 26 de maio, o espazo colaborativo A Proa acolle unha xornada aberta ao público con motivo da Startup Europe Week, que se celebra do 25 ao 29 de maio. As persoas que o desexen poderán achegarse de 9:00 a 14:00 horas, para probar como é traballar en Espazo A Proa e coñecer a comunidade emprendedora do espazo. O obxectivo principal é amosar ás persoas emprendedoras locais os recursos e o apoio dispoñible no seu propio territorio para axudalas a prosperar. Durante a xornada participarán os técnicos municipais e as autoridades do Concello de Ames para presentar iniciativas e recursos de apoio ao emprendemento no municipio. Ademais, impartirase a charla formativa “Emprender sen filtros: compartindo os erros que máis ensinan”.
O Concello de Ames dará comezo a súa programación destas festas co tradicional acendido de luces de Nadal o sábado 7 de decembro ás 18.00 horas na Praza do Concello. Os asistentes poderán degustar chocolate con churros e e gozar da actuación do alumnado da Escola Municipal de Música de Ames (EMMA).
O sábado 9 de decembro, ás 18:00 horas, terá lugar o acendido das luces de Nadal na Casa do Concello, en Bertamirás.
Este xoves, 4 de decembro, a partir das 17.45 horas, na praza do Concello, en Bertamiráns, está previsto que se celebre o tradicional acto de acendido das luces de Nadal. Actuarán arredor de 50 alumnos/as da Escola Municipal de Música e membros dos coros de Bertamiráns e do Milladoiro do programa Amessán. Ademais, haberá unha degustación gratuíta de chocolate con churros. A churrería Jorge repartirá 900 churros entre a veciñanza amesá. Jesús, do bar Rufino de Trasmonte; Lola, de Mercería Marlo de Bertamiráns; e Carlos, de Papelería e Administración de lotería Boo do Milladoiro, serán os encargados de premer o botón de acendido do alumeado de Nadal. Repartiranse mochilas vibratorias para as persoas con discapacidade auditiva.
Co obxectivo de dinamizar o Comercio Local, a concellaría de Comercio organiza para o venres 3 de xullo e o sábado, 4 obradoiros de conciliación e actividades de animación de rúa.
O 29 de decembro, ás 18:00 horas, o AmesOn de Nadal organiza a actividade "Martiña Soñadora", dirixida aos máis pequenos, no Centro Social do Milladoiro.
- ‹ anterior
- 9 de 22
- seguinte ›




