Pestanas principais

>A Proa: Networking – Encontro da Comunidade e Portas abertas

Venres, 12 decembro, 2025
Ás 12.00 horas

O espazo colaborativo A Proa, situado no parque empresarial Novo Milladoiro, programou para o mes de decembro tres actividades de aprendizaxe nas que haberá presenza de profesionais de éxito co obxectivo de formar a autónomos e empresas e crear un ambiente de networking no que os emprendedores poidan establecer sinerxías e estreitar relacións sectoriais. Todas as actividades se desenvolverán no Espazo colaborativo A Proa. A entrada para todas as actividades é libre e gratuíta. As inscricións poden facerse na páxina web de A Proa.

A Proa é un espazo de traballo colaborativo que ten como obxectivo ampliar os servizos de apoio a iniciativas emprendedoras, proxectos empresariais ou iniciativas de autoemprego. A instalación está pensada para que persoas autónomas e emprendedoras compartan espazos, fomentando a economía social e colaborativa e o espírito de comunidade.

Venres 12 de decembro: Networking – Encontro da Comunidade e Portas abertas
"Networking – Encontro da Comunidade e Portas abertas" é un espazo onde se reunirán coworkers actuais e antigos membros da comunidade para reforzar ligazóns persoais e profesionais e fomentar un ambiente xerador de sinerxías entre profesionais de distintos sectores. 

Multimedia