Pestanas principais

A Xunta de Goberno Local aproba a adxudicación do expediente de subministro, instalación, conexión, mantemento e desmontaxe do alumeado de Nadal

Venres, 15 de novembro de 2019

Este xoves, 14 de novembro, celebrouse unha nova sesión da Xunta de Goberno Local na que se aprobou a adxudicación do expediente de subministro, instalación, conexión, mantemento e desmontaxe do alumeado de Nadal e outros elementos decorativos da campaña de Nadal. Este servizo foi adxudicado á empresa Iluminaciones Santiaguesas SL por un importe de 47.250,50 euros. A duración inicial será dun ano, podendo prorrogarse por un ano máis.

A Xunta de Goberno Local vén de adxudicar o expediente de subministro, instalación, conexión, mantemento e desmontaxe do alumeado de Nadal e outros elementos decorativos da campaña de Nadal. Este servizo foi adxudicado á empresa Iluminaciones Santiaguesas SL por un importe de 47.250,50 euros. A duración inicial do mesmo será dun ano, podendo prorrogarse por un ano mais.

A prestación do servizo será aproximadamente de 40 días entre os meses de novembro de 2019 e xaneiro de 2020, datas que coincidirán coa campaña de Nadal. O acto de acendido do alumeado de Nadal será o 7 de decembro. As luces manteranse acendidas ata o día 6 de xaneiro (incluído). O 31 de xaneiro os elementos deberán estar totalmente desmontados e desinstalados.

Esta é a primeira vez que se licita este contrato regularizándose así a situación que se arrastraba desde hai anos e impedía aumentar a partida orzamentaria destinada a este investimento. O goberno municipal está a traballar na campaña de Nadal e a programación de actos que durante os meses de decembro e xaneiro terán lugar no Concello e no que o incremento da partida de luminarias permitirá unha mellor cobertura de rúas e prazas.

Melloras no alumeado de Nadal
As rúas que disporán de decoración son aquelas que concentran un maior número de paseantes, tanto no Milladoiro como en Bertamiráns. As prazas, os farois e as fachadas dos principais edificios municipais engalanaranse tamén para as festas. Así mesmo, as persoas que visiten os principais núcleos urbanos serán recibidas e despedidas con mensaxes de Boas Festas, que se situarán nas entradas e saídas dos principais tramos municipais.

O novo contrato recolle varias melloras na iluminación de Nadal. Deste xeito, instalaranse máis de 130 arcos de luces (increméntase 30 arcos de luces a maiores dos mínimos esixidos). Ademais, iluminaranse 10 rúas/prazas/edificios a maiores dos mínimos esixidos. Tamén haberá outros elementos decorativos como unha árbore artificial iluminada de 15,5 metros na praza do Concello; unha bola xigante de 5,5 metros de diámetro; iluminaranse as árbores da praza de Chavián; instalarase unha manta de luces que cubra a praza de Manuel Murguía; e colocarase un arco co número 2020 de dous metros de alto.

 

Novas relacionadas:

Compostela 24 horas: "Preto de 50 mil euros para o alumeado de Nadal en Ames"

Alumeado de Nadal

Multimedia

  • Alumeado de Nadal
  • Alumeado de Nadal