- Tematica
A Xuntanza de Empresarios de Ames (XEA), coa colaboración do Concello de Ames, lanza unha nova edición dos ‘Bonos Xeames’ para impulsar as compras no comercio local. Esta campaña repartirá en total 200 bonos Xeames para gastar nos comercios adheridos a XEA e estarán á venda ata o vindeiro 15 de outubro. Os bonos teñen un valor de 50 euros, dos cales o usuario pagará 40 euros e XEA agasallará os 10 euros restantes. A validez destas tarxetas será ata o 31 de outubro e poderán adquirirse na oficina de XEA, localizada na rúa do Pedregal, número 4, en Bertamiráns, de luns a venres en horario de mañá 9.30 a 13.30 horas; e luns, mércores e xoves tamén pola tarde en horario de 17.00 a 19.30 horas. Para máis información, pódese chamar ao número de teléfono 641 116 005.
A Xuntanza de Empresarios de Ames, XEA, coa colaboración do Concello de Ames, lanza unha nova edición dos ‘Bonos Xeames’, unha campaña que pretende impulsar e contribuír á compra no comercio local. Repartiranse un total de 200 bonos, cun valor de 50 euros cada un, dos vales o usuario pagará 40 euros e os 10 euros restantes serán agasallados por XEA. As tarxetas poderán gastarse ata o vindeiro 31 de outubro.
Durante a presentación da campaña o alcalde de Ames, Blas García, destacou que “o Concello de Ames estará sempre ao lado das asociacións que traballan por dinamizar o comercio local do noso territorio. Ames é un concello vivo, cunha intensa actividade económica e comercial que cómpre apoiar e coidar tanto desde as administracións como desde o movemento asociativo. As diversas iniciativas que promove XEA en colaboración co Concello, e viceversa, amosan a importancia de crear sinerxías entre a administración pública e o tecido asociativo, neste caso no eido comercial”.
O presidente de XEA, Ramón Cordido, destacou que “con esta iniciativa, coa que moveremos 10.000 euros nos comercios locais, podemos mercar nos establecementos dos nosos socios que abranguen diferentes sectores, dende servizos, hostalería, tendas de roupa ou alimentación, e que maioritariamente están en Bertamiráns, pero tamén cada día temos máis socios no Milladoiro e no rural. Para nós é primordial ir sumando máis socios noutros puntos de Ames, para aumentar ese tecido colaborativo entre o comercio local.”
Pola súa banda, a xerente de XEA, Beatriz López, explicou que “o único que temos que facer para adquirir os bonos é achegarnos ao local de XEA, cubrir un pequeno formulario e pagar a cantidade de 40 euros. As tarxetas entregaranse nunhas caixas e, dentro de cada caixa haberá 10 bonos dun valor de 5 euros cada un, polo que non é necesario que se gasten os 50 euros dunha vez. Ademais, cada persoa poderá recoller un máximo de 5 caixas”.
Características dos Bonos Xeames
Coa posta en marcha destes bonos, búscase promocionar e impulsar a venda nos establecementos locais de Ames. Así, as tarxetas poderán adquirirse ata o vindeiro 15 de outubro no local de XEA e serán validos ata o día 31 deste mesmo mes.
En total, haberá 200 bonos á venda, que serán entregados nunhas caixas que conterán 10 bonos dun importe de 5 euros cada un e que poderán gastarse do xeito que o/a usuario/a desexe. Poderán adquirirse na oficina de XEA, localizada na rúa Pedregal, número 4, en Bertamiráns, de luns a venres en horario de 9.30 a 13.30 horas, e os luns mércores e xoves tamén en horario de tarde de 17.00 a 19.30 horas.
A listaxe de comercios adheridos a XEA pode consultarse na páxina web da asociación. Para máis información, pódese chamar ao número de teléfono 641 116 005.
Novas relacionadas:
El Correo Gallego: "Xuntanza de Empresarios y Ayuntamiento de Ames lanzan doscientos bonos descuento"
La Voz de Galicia: "Empresarios de Ames distribuirán 200 bonos de 50 euros, con coste de 40 al cliente"







