- Enderezo: Praza do Concello, nº 2, Bertamiráns.
- Teléfono: 981 88 30 02


- Horario de atención ao público:
- De luns a venres, en horario das 9:00 ás 14:00 horas.
- Responsable municipal: Concellaría de Promoción Económica
Pestanas principais
Departamento de Promoción Económica e Emprego
Servizos e programas
Novas do departamento
O salón de plenos da Casa do Concello de Ames, en Bertamiráns, acollerá o vindeiro martes, 12 de novembro, ás 20:00 horas, unha xornada sobre comercio electrónico seguro. A actividade está organizada pola Unión de Consumidores de Galicia (UCGAL) en colaboración do Concello de Ames. Trátase dunha charla gratuíta e aberta a toda a veciñanza amesá interasada no proceso de compra a través de Internet.
O salón de plenos da Casa do Concello, en Bertamiráns, acollerá o vindeiro mércores, 11 de marzo, ás 20:00 horas, unha actividade informativa sobre as sentenzas do IRPH e as tarxetas revolving. Dita actividade está organizada pola Unión de Consumidores de Galicia (UCGAL), en colaboración co Concello de Ames. Trátase dunha charla gratuíta e aberta a toda a veciñanza amesá na que se falará sobre como che afecta a sentenza sobre IRPH e as tarxetas revolving. Intervirán a concelleira de Comercio, Innovación e Emprego, Ana Belén Paz, o secretario xeral da UCGAL, Miguel López, e mailo letrado da UCGAL, Félix Caramés.
O auditorio da Casa da Cultura de Bertamiráns acollerá o vindeiro martes, 15 de decembro, ás 20:00 horas, unha actividade informativa sobre as sentenzas do IRPH e dos gastos hipotecarios. Dita actividade está organizada pola Unión de Consumidores de Galicia (UCGAL), en colaboración co Concello de Ames. Trátase dunha charla gratuíta e aberta a toda a veciñanza amesá na que se falará sobre como che afectan as últimas sentenzas sobre IRPH e os gastos de formalización dunha hipoteca. Intervirán a concelleira de Comercio, Innovación e Emprego, Ana Belén Paz, e o secretario xeral da UCGAL, Miguel López.
A Casa da Cultura do Milladoiro acollerá o vindeiro luns, 25 de novembro, ás 20:00 horas, unha xornada sobre comercio electrónico seguro. A actividade está organizada pola Unión de Consumidores de Galicia (UCGAL) en colaboración do Concello de Ames. Trátase dunha charla gratuíta e aberta a toda a veciñanza amesá interesada no proceso de compra a través de Internet. Previamente, realizouse esta mesma actividade na Casa do Concello, en Bertamiráns, o pasado 12 de novembro.
O Concello de Ames conmemora este 15 de marzo o Día Mundial dos Dereitos do Consumidor. Aproveitando dita conmemoración dende a Concellaría de Promoción Económica e Emprego lembran que en Ames existen dúas oficinas da Unión de Consumidores de Galicia, unha en Bertamiráns e outra no Milladoiro. O servizo de asesoramento da UCGAL enmárcase dentro do acordo que teñen asinado o Concello de Ames e a Unión de Consumidores de Galicia (UCGAL).
Dende este xoves, 3 de setembro, o persoal das oficinas da Unión de Consumidores de Galicia, en Bertamiráns e no Milladoiro, xa abren no seu horario habitual: os martes no Milladoiro e os xoves en Bertamiráns. Durante o mes se agosto ditas oficinas estiveron pechadas por descanso do persoal. O servizo de asesoramento enmárcase dentro do acordo que teñen asinado o Concello de Ames e a Unión de Consumidores de Galicia (UCGAL).
A Unión de Consumidores de Galicia (UCGAL) continúa co seu ciclo de actividades informativas sobre a reclamación dos gastos hipotecarios cos dúas charlas informativas, que se impartirán o xoves 7 de marzo na Casa da Cultura do Milladoiro, e o martes 12 de marzo no salón de plenos da Casa do Concello, en Bertamiráns. As dúas sesións comezarán ás 20.00 horas. O obxectivo destas charlas informativas é animar ás persoas consumidoras a reclamar antes de que remate o prazo. Estas actividades enmárcanse no acordo que teñen asinado o Concello de Ames e a Unión de Consumidores de Galicia.
O Concello de Ames, a través da Concellaría de Promoción Económica e Emprego, acollerá durante as vindeiras semanas tres relatorios informativos sobre a xestión das finanzas do fogar, impartidos pola Unión de Consumidores de Galicia. Serán os días 16 e 17 de marzo, 23 e 24 de marzo, e 14 e 15 de abril. Os emprazamentos serán a Casa da Cultura do Milladoiro e o salón de Plenos da Casa do Concello, en Bertamiráns. Estas actividades enmárcanse no acordo que teñen asinado o Concello de Ames e a Unión de Consumidores de Galicia (UCGAL).
O Concello de Ames, a través da Concellaría de Promoción Económica e Emprego, acollerá os días 14 e 15 de abil, no Milladoiro e en Bertamiráns, respectivamente, o relatorio “O problema da vivenda: dereitos e solucións”. A charla impartirase na Casa de Cultura do Milladoiro e no Salón de Plenos da Casa do Concello, en Bertamiráns, ambos días ás 19.30 horas. Esta actividade enmárcase no acordo que teñen asinado o Concello de Ames e a Unión de Consumidores de Galicia (UCGAL).
O Concello de Ames, a través da Concellaría de Promoción Económica e Emprego, acollerá os días 16 e 17 de marzo, no Milladoiro e en Bertamiráns, respectivamente, o relatorio Tarxetas revolving e microcréditos: a gran trampa. A charla impartirase na Casa de Cultura do Milladoiro e no Salón de Plenos da Casa do Concello, en Bertamiráns, ambos días ás 19.30 horas. Esta actividade enmárcase no acordo que teñen asinado o Concello de Ames e a Unión de Consumidores de Galicia (UCGAL).
- ‹ anterior
- 7 de 66
- seguinte ›
Trámites do departamento
Eventos del departamento
O espazo colaborativo “A Proa” organiza para o mércores, 15 de xuño, ás 18.00 horas, unha nova actividade denominada “Presencia dixital para emprendedores: web, redes e ads”. As coworkers do Espazo A Proa, Isabel Viñas del Río (deseñadora web en Impulsa Dixital), e Luján Kubrusli (deseñadora multimedia en Kubrusli), van a presentar o seu primeiro taller no Espazo. A temática é a presencia dixital para emprendedores. Os/as coworkers usuarios/as do Espazo tiveron a oportunidade de formular preguntas ás poñentes que serán resoltas neste taller. A inscrición para esta actividade pode realizarse de balde premendo nesta ligazón.
As Súas Maxestades Melchor, Gaspar e Baltasar anunciaron ao Concello de Ames que visitarán as vilas do Milladoiro e Bertamiráns o martes 4 e o mércores 5 de xaneiro. Co fin de que poidan recibir a todas as nenas, nenos e maiores que se queiran achegar a velos respectando as medidas sanitarias, o Concello habilitará os pavillóns polideportivos de ambos núcleos. Para acceder, cada unidade familiar debe solicitar cita previa a través da sede electrónica do Concello, premendo nesta ligazón. A rapazada que non poida asistir ás Recepcións Reais por mor dun confinamento por coronavirus poderá solicitar que os Reis lles envíen un pequeno agasallo aos seus domicilios, deixando os seus datos persoais no enderezo electrónico promocioneconomica@concellodeames.gal.
O Concello de Ames está organizando unha Gran Festa de Reis na que se recibirá a visita das Súas Maxestades de Oriente. Entre as actividades previstas hai unha recepción real que se fará o martes 3 e mailo mércores 4 nos pavillóns de Bertamiráns e do Milladoiro. Os Reis Magos estarán os dous días en ambas localidades. As visitas aos Reis Magos pódense facer de 11:30 a 14:00 horas e de 16:30 a 20:00 horas. Para participar en ditas recepcións reais é imprescindible sacar cita previa a través da Sede electrónica do Concello de Ames.
A semifinal do concurso Canta con Ames será o 4 de agosto, ás 20.00 horas, na praza de Manuel Murguía, no Milladoiro. A ela terán acceso as persoas clasificadas na fase de preselección, un máximo de 20 persoas en total, cada unha na categoría que lle corresponda. Só se interpretará unha canción (ou segmento) en idioma galego/castelán ou inglés. A duración do tema determinarase co xurado en cada caso. O xurado escollerá, ese mesmo día, un máximo de 12 seleccionados, tres por categoría, para pasar á final. O venres 4 tamén actuarán no paseo da Igualdade, ao carón da Casa da Cultura do Milladoiro, as artistas Thais Suki, Sofía Rial e Catuxa Salom, ás 12:30 horas.
O espazo colaborativo A Proa, no Milladoiro, acollerá o vindeiro martes, 28 de marzo, a xornada “O Digital Journey Map”, unha iniciativa organizada dende o coworking da Cámara de Comercio de Santiago. A sesión estará orientada a coñecer as claves e beneficios da transformación dixital para mellorar a competitividade da empresa a través da incorporación de distintas tecnoloxías existentes no mercado. Deste xeito, traballarase coa ferramenta “Digital Journey Map” para deseñar e incorporar a dixitalización nas distintas fases de actividade da empresa. O encargado de impartir o obradoiro será Pablo López, coach de directivos empresariais. Preme nesta ligazón para inscribirte.
O espazo de coworking A Proa, no Milladoiro, organiza para o vindeiro martes, 21 de marzo, o taller “Palabra generadora: aprende a escribir connosco viaxando ao teu pasado”. Trátase dun obradoiro sobre escritura, que correrá a cargo de Gilgleide Kika. Terá lugar ás 10:30 horas, nas instalacións da Proa. A entrada é de balde, e os interesados en asistir poden inscribirse premendo nesta ligazón.
O espazo coworking A Proa celebra o mércores 29 de marzo un taller de produción de documentais, que estará dirixido por Andrés Rozados. A sesión consistirá nunha exposición de 30 minutos na que se abordarán os seguintes puntos: a idea, o público e destino desa idea, o orzamento e plan de financiamento, a importancia dos protagonistas, a contorna e a sensibilidade e o proceso e o fin. Posteriormente proxectarase o Entroidar, un documental sobre o Entroido de Laza que ten unha duración de 70 minutos. Así mesmo, haberá un tempo de rogos e preguntas.
O espazo colaborativo “A Proa” organiza para o mércores, 5 de outubro, ás 18.00 horas, unha nova actividade denominada “Taller de seguridade informática nas PEME”. Este obradoiro íase a impartir o pasado 16 de setembro, pero tívose que adiar. Deste xeito, tras un breve parón durante os meses de xullo e agosto, retómanse as actividades no centro de coworking A Proa. O coworker Rafael Yáñez, promotor do proxecto Impulsa Dixital (xunto a súa compañeira Isabel Viñas), será o encargado de impartir dito taller. A inscrición para esta actividade pode realizarse de balde premendo nesta ligazón.
Os Reis Magos visitarán o xoves 5 de xaneiro as distintas parroquias do Concello de Ames, de 10:00 a 14:00 horas. A partir das 17:00 horas terá lugar a cabalgata no Milladoiro, que se estenderá ata as 18:00 horas e rematará cunha festa no pavillón municipal coa actuación de María Fumaça. De 19:00 a 20:00 horas celebrarase en Bertamiráns, e as Súas Maxestades tamén finalizarán no pavillón, onde se desenvolverá a actuación de Pesdelán.
Papá Noel visitará Ames os días 23 e 24 de decembro. O sábado 24 pasará pola praza da Maía, en Bertamiráns, onde estará de 11:00 a 13:00 e de 17:00 a 19:00 horas. Os cativos e cativas que acudan terán á súa disposición un fotomatón e recibirán un regalo. Haberá carpa.
- ‹ anterior
- 7 de 22
- seguinte ›




