Pestanas principais

> Taller sobre seguridade informática nas PEMEs

Venres, 16 setembro, 2022
Ás 18:00 horas

O espazo colaborativo “A Proa” organiza para o venres, 16 de setembro, ás 18.00 horas, unha nova actividade denominada “Taller de seguridade informática nas PEME”. Deste xeito, tras un breve parón durante os meses de xullo e agosto, retómanse as actividades no centro de coworking A Proa. O coworker Rafael Yáñez, promotor do proxecto Impulsa Dixital (xunto a súa compañeira Isabel Viñas), será o encargado de impartir dito taller.

O vindeiro venres, 16 de setembro, continúa a oferta de actividades do espazo colaborativo “A Proa”, situado na rúa das Hedras, na entrada do parque empresarial Novo Milladoiro. Este centro coworking organizou un programa de talleres que comezou no pasado mes de marzo. Neste caso vaise a desenvolver un taller sobre seguridade informática na PEME.

O coworker Rafael Yáñez, promotor do proxecto Impulsa Dixital (xunto a súa compañeira Isabel Viñas), impartirá dito taller en horario de 18:00 a 19:30 horas. Esta actividade é de balde e conta con prazas limitadas. As inscricións poden realizarse premendo nesta ligazón. Para máis información pódese visitar a páxina web www.espazoaproa.gal.

Nesta actividade falarase das normas básicas da LOPD; como garantir a protección dos datos e dos medios informáticos; e como navegar pola rede e empregar o correo electrónico de xeito seguro. Ademais, coñeceranse ferramentas de seguridade de hardware, software e das redes. Por último afondarase na formación do usuario.