- Enderezo: Praza do Concello, nº 2, Bertamiráns.
- Teléfono: 981 88 30 02


- Horario de atención ao público:
- De luns a venres, en horario das 9:00 ás 14:00 horas.
- Responsable municipal: Concellaría de Promoción Económica
Pestanas principais
Departamento de Promoción Económica e Emprego
Servizos e programas
Novas do departamento
A Casa do Concello, en Bertamiráns, acolleu esta mañá a presentación dunha nova edición do concurso “Ilumina o teu sorriso”, organizado un ano máis pola Xuntanza de Empresarios de Ames (XEA) coa colaboración da Concellaría de Promoción Económica do Concello de Ames. Esta iniciativa xorde co propósito de fomentar e promover o comercio local en Ames. As persoas interesadas en participar no concurso de fotografía deberán realizar dúas fotos nas localizacións con decoración de Nadal en Ames: as prazas do Concello e a Maía en Bertamiráns, ou a praza da Madalena e o aparcamento do Supercor no Milladoiro. Este ano súmase a novidade do Premio Especial XEA, que consistirá en retratar un escaparate con decoración de Nadal asociado a XEA e estará dotado dun vale de 300 euros para gastar en dito establecemento. Os demais premios son un vale de 250€, outro de 150€ ou un de 100€ para gastar nos comercios asociados á XEA.
Dende hoxe comeza oficialmente a época de Nadal no concello de Ames tralo tradicional acto de acendido das luces de Nadal. Jesús, do bar Rufino da Ponte Nova (Agrón); Lola, de Mercería Marlo de Bertamiráns; e Carlos, de Papelería e Administración de lotería Boo do Milladoiro, foron os encargados de premer o botón de acendido do alumeado. O acto estivo presentado polos artistas e veciños de Ames, Marta Alonso e Pablo Reboleiro. Ao longo do evento contouse coa actuación de arredor de 50 alumnos/as da Escola Municipal de Música e dos coros de Bertamiráns e do Milladoiro do programa Amessán. Ademais, houbo unha degustación gratuíta de chocolate con churros. A churrería Jorge repartiu 900 churros e 150 litros de chocolate entre a veciñanza amesá.
Ames conta cun novo mercado. Este sábado, 20 de setembro, comezou a funcionar o mercado de produtos da horta e artesanía, que vai a celebrarse todos os sábados na praza da Maía, en Bertamiráns, en horario de 10.00 a 13.30 horas. Nesta primeira xornada, o mercado estivo composto por 11 postos de produtos frescos e artesanía, e 1 posto onde a veciñanza puido degustar, de forma gratuíta, froita de tempada de produtores/as da contorna. Está previsto que durante as próximas semanas se sumen novos postos ao mercado. Esta iniciativa, enmarcada dentro do Plan de Acción da Axenda Urbana de Ames, pretende fomentar o consumo de produtos de proximidade, dinamizando a economía e a produción local.
Este venres, 21 de xuño, botou a andar a primeira edición do concurso Baila con Ames. Debido á gran calidade das actuacións dos participantes nas dúas categorías do certame, o xurado decidiu que todos os/as participantes pasan á final. Deste xeito, esta fase de preselección serviu de presentación das actuacións ante o xurado. Unhas 500 persoas acudiron de público e estiveron nas gradas das pistas deportivas do Milladoiro vendo os distintos espectáculos. Polo tanto, pasan á fase final 9 participantes na categoría individual ou parella e 9 grupos. A final do concurso farase en Bertamiráns o 31 de agosto na pista de deportes da praza de Chavián. Repartiranse 2.500 euros en premios. Premendo nesta ligazón pódese acceder á galería da fase de preselección.
Os Concellos de Ames e Brión acaban de poñer en marcha a quinta edición do obradoiro dual de emprego Renova no que participan 20 alumnos/as traballadores/as. Os alcaldes de Ames, Blas García, e de Brión, Pablo Lago, e a concelleira de Promoción Económica de Ames, Ana Paz, visitaron, esta mañá aos 20 alumnos/as deste novo obradoiro dual de emprego. Nesta edición pasa de 9 a 12 meses a formación que recibirán os alumnos/as traballadores/as sobre o certificado de profesionalidade oficial de Montaxe e mantemento de instalacións solares fotovoltaicas.
Os gañadores do concurso de ideas visitaron O Milladoiro para coñecer os terreos que van acoller o Centro Multifuncional de lecer, cultura e promoción económica. Esta visita prodúcese logo de que o pasado 19 de outubro se formalizase o contrato de servizo para a redacción do proxecto, dirección de obra e coordinación de seguridade e saúde da construción de centro multifuncional do Milladoiro coa empresa TUUNGOO ARQUITECTO AIE. que foi a gañadora do primeiro premio do concurso de ideas. Aproveitaron a visita para anunciar que o proxecto estará rematado a principios do 2022. Este proxecto, destinado á mocidade e persoas en risco de exclusión social no Milladoiro, está cofinanciado ao 80% con Fondos EDUSI IMPULSA AMES e ao 20% polo Concello de Ames.
O Parque Empresarial do Milladoiro volve a ser protagonista cunha nova edición do seu certame de fotografía comercial. O “Certame de Fotografía Comercial Parque Empresarial de O Milladoiro” ten como obxectivo a realización de imaxes de calidade e de enfoque comercial sobre o parque empresarial. Nel poden participar tanto adultos como menores de idade, e o prazo de presentación das fotografías remata o 22 de novembro. Repartiranse máis de 700 euros entre os gañadores.
O venres 21 de xullo comeza unha nova edición do concurso Canta con Ames coa primeira xornada de preselección. Nesta edición hai 24 persoas inscritas de Santiago de Compostela, Vigo, Arteixo e Ames. Haberá tres categorías. Elimínase a categoría súper sénior ao haber dúas persoas inscritas que pasan á categoría sénior. Deste xeito, na primeira categoría (infantil ata os 12 anos) hai inscritas 10 persoas; na segunda categoría (xuvenil, de 13 a 20 anos) apuntáronse 6 mozos/as; e na terceira categoría (sénior, de 21 en diante) participan 8 artistas. Haberá dúas xornadas de preselección, unha o venres 21 de xullo no Milladoiro e outra o sábado 29 en Bertamiráns. A semifinal será no Milladoiro o 4 de agosto e a final celebrase en Bertamiráns o 18 de agosto. O xurado do concurso está composto por Inés Suárez, Noelia Bellas e Lara López, mentres que a presentadora será Loly Gómez.
Os Concellos de Ames e Brión están desenvolvendo o obradoiro dual de emprego Renova IV en que participan 20 alumnos/as traballadores/as. O alcalde de Ames, Blas García e a concelleira de Promoción Económica, Ana Paz, visitaron, esta mañá aos 20 alumnos/as deste novo obradoiro dual de emprego. Durante 9 meses os traballadores/as recibirán formación específica sobre o certificado de profesionalidade oficial de Montaxe e mantemento de instalacións solares fotovoltaicas, que conta con 1440 horas de duración.
O programa Integrado de emprego dos Concellos de Ames e Brión, que se desenvolverá até o vindeiro mes de novembro de 2022, está subvencionado pola Consellería de Emprego e Igualdade con 243.316,35 euros e confinanciado polos Concellos de Ames e Brión. O obxectivo do programa é que, como mínimo, o 40% das persoas participantes atopen un traballo, porcentaxe superada nas últimas edicións executadas dos programas integrados. A semana pasada 15 persoas participantes no programa comezaron a formación para o emprego do ámbito do ocio e o tempo libre.
- ‹ anterior
- 22 de 66
- seguinte ›
Trámites do departamento
Eventos del departamento
O 26 de decembro algunhas das personaxes de Disney achegaranse a Ames para que os nenos e nenas poidan desfrutar con elas. Estarán no Centro Social do Milladoiro, de 11:00 a 13:00 horas e de 17:00 a 19:00 horas.
O 26 de decembro algunhas das personaxes de Disney achegaranse a Ames para que os nenos e nenas poidan desfrutar con elas. Estarán na Casa dos Maiores de Bertamiráns, de 11:00 a 13:00 horas e de 17:00 a 19:00 horas.
A zona verde da travesía do Porto, no Milladoiro, e o parque do Ameneiral, en Bertamiráns, acollerán durante a primeira semana de setembro, por cuarto ano consecutivo, as xornadas “Volta ao cole co comercio”, que organiza a Concellaría de Promoción Económica e colaboración con XEA e coa participación do departamento de Mocidade. Esta iniciativa traerá dúas tardes de actividades para amenizar os preparativos da volta aos centros de ensino, fomentando á vez o comercio e a hostalaría nos dous principais núcleos de Ames.
A xornada de “Volta ao cole co comercio” do Milladoiro celebrarase finalmente este luns, 15 de setembro. Será a partir das 17.00 horas nas pistas deportivas do Milladoiro. A holi party incluída na programación da actividade realizarase no aparcamento da Casa da Cultura do Milladoiro, polo que estará prohibido estacionar no aparcadoiro desde as 14.00 ata as 22.00 horas do luns día 15.
O Concello de Ames reúne nun único cartel toda a programación de actividades que se van celebrar durante os meses de xuño, xullo, agosto e setembro en Ames. Deste xeito, ata finais de setembro vanse a realizar numerosas actividades como concertos, seráns ou festas.
O sábado, 15 de decembro, o Pazo da Peregrina de Bertamiráns acolle unha xornada sobre a economía social. Trátase dunha xornada lúdica, educativa e concienciadora dirixida a todos os públicos e que inclúe unha mesa redonda, a proxección dun documental ou un mercado de inverno entre outros. Desenvolverase entre as 10:30 e as 20:00 horas. O obxectivo desta iniciativa é achegarlle á veciñanza o xeito de vivir asociado á economía social, baseado no traballo colaborativo.
O Concello de Ames, a través da Concellaría de Promoción Económica, organizou unha xuntanza para o vindeiro luns, 13 de outubro, co obxectivo de que o persoal das empresas amesás relacionadas coa hostalería e a restauración poidan coñecer o mercado de horta e artesanía e os produtos alimentarios e artesanais que nel se expoñen e venden todos os sábado na praza da Maía, en Bertamiráns. Dito encontro celebrarase ás 9.30 horas no salón de plenos da Casa do Concello. As persoas que estean interesadas en acudir poden confirmar a súa asistencia enviando un correo electrónico ao enderezo promocioneconomica@concellodeames.gal.
Ames acollerá a vindeira semana as visitas dos personaxes do mundo Disney para saudar e pasar tempo cos nenos e nenas. O día 29 chegarán á Casa dos Maiores de Bertamiráns (praza da Maía) e o 30 pasarán polo antigo centro de saúde do Milladoiro (na rúa Agro do Medio, número 8). Esta actividade enmárcase dentro da programación de Nadal 2025, que comezou o pasado 4 de decembro e se desenvolverá ata o próximo 10 de xaneiro de 2026.
Ames acollerá a vindeira semana as visitas dos personaxes do mundo Disney para saudar e pasar tempo cos nenos e nenas. O día 29 chegarán á Casa dos Maiores de Bertamiráns (praza da Maía) e o 30 pasarán polo antigo centro de saúde do Milladoiro (na rúa Agro do Medio, número 8). Esta actividade enmárcase dentro da programación de Nadal 2025, que comezou o pasado 4 de decembro e se desenvolverá ata o próximo 10 de xaneiro de 2026.
Por mor do anuncio de chuvias, "A praia dos afogados" proxectarase no salón de actos da Casa da Cultura do Milladoiro e non no anfiteatro como estaba previsto.
Baseada na novela do mesmo nome de Domingo Villar e dirixida por Gerardo Herrero, “A praia dos afogados” é un thriller ambientado nas Rías Baixas. Está protagonizado polo inspector Leo Caldas, un dos personaxes emblemáticos das obras do escritor galego. Conta coa participación dun bo número de actrices e actores galegos, entre os que se atopa o veciño de Ames, Pepo Suevos.
A actividade forma parte do programa “Visións”, pertencente á rede cultural da Deputación e está incluída no programa de fomento da Economía e a Cultura en Ames, AmesON. A proxección ´´e de balde até completar aforo.
- ‹ anterior
- 22 de 22




