- Tipo
- Tematica
Por mor do anuncio de chuvias, "A praia dos afogados" proxectarase no salón de actos da Casa da Cultura do Milladoiro e non no anfiteatro como estaba previsto.
Baseada na novela do mesmo nome de Domingo Villar e dirixida por Gerardo Herrero, “A praia dos afogados” é un thriller ambientado nas Rías Baixas. Está protagonizado polo inspector Leo Caldas, un dos personaxes emblemáticos das obras do escritor galego. Conta coa participación dun bo número de actrices e actores galegos, entre os que se atopa o veciño de Ames, Pepo Suevos.
A actividade forma parte do programa “Visións”, pertencente á rede cultural da Deputación e está incluída no programa de fomento da Economía e a Cultura en Ames, AmesON. A proxección ´´e de balde até completar aforo.
O argumento da “A praia dos afogados” parte da aparición, nunha praia galega, do corpo dun mariñeiro que ten as mans atadas ás costas. O inspector Leo Caldas sumerxirase no ambiente mariñeiro da vila para solucionar o crime.
A película, protagonizada por Carmelo Gómez e rodada en encraves como Vigo, Panxón e Nigrán, conta cun amplo cartel de actores e actrices galegas entre o seu elenco: Luís Zahera, Pedro Alonos, Tamar Novas, Dario Loureiro, Celia Freijeiro, Lucía Regueiro, Carlos Blanco, Fernando Morán, Rosa Alvárez, Celso Bugallo, Vicente Montoto, Luís Iglesias e a coruñesa Déborah Vukusic, Belén Constenla, Manolo Romón e o veciño de Ames, Pepo Suevos.