Pestanas principais

Comeza a época de Nadal en Ames

Xoves, 04 de decembro de 2025

Dende hoxe comeza oficialmente a época de Nadal no concello de Ames tralo tradicional acto de acendido das luces de Nadal. Jesús, do bar Rufino da Ponte Nova (Agrón); Lola, de Mercería Marlo de Bertamiráns; e Carlos, de Papelería e Administración de lotería Boo do Milladoiro, foron os encargados de premer o botón de acendido do alumeado. O acto estivo presentado polos artistas e veciños de Ames, Marta Alonso e Pablo Reboleiro. Ao longo do evento contouse coa actuación de arredor de 50 alumnos/as da Escola Municipal de Música e dos coros de Bertamiráns e do Milladoiro do programa Amessán. Ademais, houbo unha degustación gratuíta de chocolate con churros. A churrería Jorge repartiu 900 churros e 150 litros de chocolate entre a veciñanza amesá.

A praza do Concello, en Bertamiráns, acolleu hoxe pola tarde o tradicional acto de acendido das luces de Nadal, que estarán acendidas en horario de 18.00 a 02.00 horas dende este xoves, 4 de decembro, ata o día 6 de xaneiro (incluído). O evento estivo presentado polos artistas e veciños de Ames, Marta Alonso e Pablo Reboleiro, que destacaron pola súa simpatía, sketchs de humor, e mailos xogos de malabares que realizou Pablo Reboleiro.

Este ano os encargados de premer o botón de acendido do alumeado de Nadal foron Jesús, do bar Rufino da Ponte Nova, Agrón (en representación do rural); Lola, de Mercería Marlo, situada na avenida da Maía (en representación de Bertamiráns); e Carlos, de Papelería e Administración de lotería Boo, situada na avenida de Rosalía de Castro (en representación do Milladoiro). Deste xeito, púxose en valor o traballo que fan estes profesionais do comercio e hostalería ao longo do ano. 

O alcalde, Blas García, destacou que “as tres persoas que este ano acenden o alumeado fano en representación do sector comercial e hostaleiro de Ames, que teñen a valentía de poñer un negocio en marcha e que teñen moito mérito”. Tamén convidou á veciñanza “a gozar do Nadal que é un época para pasar en familia e con aquelas persoas que queremos”.

Durante o evento contouse coa actuación do alumnado da EMMA (rapaces e rapazas de canto, combo xuvenil e combo da EMMA) que interpretaron os temas Shake up it’s Christmas time e A luz que nace en ti. Por outra banda, os coros do Milladoiro e Bertamiráns do programa Amessán interpretaron os temas Con un sombreiro de palla, Nadal en Mos, Noite de amor; e Por entre as silveiras

Outra das novidades deste ano foi o concurso que se realizou entre as persoas que acudiron con prendas e accesorios propios do Nadal como xerseis, diademas, bufandas, gorros, etc. Os presentadores do acto, Marta Alonso e Pablo Reboleiro, foron os encargados de elixir entre o público as dúas persoas mellor caracterizadas. As gañadoras, Uxía e Alejandra, foron premiados/as cun vale de 50 euros para gastar nos comercios adheridos á Xuntanza de Empresarios de Ames. 

Alumeado de Nadal
Instaláronse máis de 140 elementos decorativos para iluminar prazas e rúas por todo o termo municipal. En cada parroquia do rural colocouse como mínimo un elemento decorativo. Entre ditos elementos hai máis de 100 arcos decorativos e outros elementos decorativos.

No Milladoiro cóntase cunha gran árbore artificial iluminada na zona de estacionamento da rúa Agro do Medio, onde se atopa o SuperCor, que por primeira vez pódese pasar por debaixo dela andando; e unha “A tridimensional” de Ames de 2,5 metros de alto na praza da Madalena. Tamén se instalou unha manta de luces que se colocou como se fose un teito de luces na rúa Anxeriz do Milladoiro. Ademais, na avenida de Rosalía de Castro, cóntase con 10 arcos luminosos ao longo da rúa; dous arcos de entrada e saída no termo municipal; e hai 5 renos luminosos (2 na mediana de Rosalia de Castro, 1 na zona verde da rúa Viorneira e 2 na zona verde da rúa da Costa Grande).

Por outra banda, en Bertamiráns, decorouse a árbore que se atopa na praza do Concello, e colocouse un motivo luminoso co número 2026 de dous metros de alto na praza da Maía.

Novas relacionadas: 

El Correo Gallego: "Ames enciende las fiestas navideñas con 140 elementos decorativos en sus calles y plazas"

La Voz de Galicia: "Ames enciende su Nadal con fiesta, chocolate y disfraces"

Lindeiros: "Ames inaugura o Nadal"

Xornal de Compostela: "Ames acende o Nadal cun acto participativo e homenaxe ao comercio local" 

Comeza a época de Nadal en Ames

Multimedia

  • Comeza a época de Nadal en Ames
  • Comeza a época de Nadal en Ames
  • Comeza a época de Nadal en Ames
  • Comeza a época de Nadal en Ames
  • Comeza a época de Nadal en Ames
  • Comeza a época de Nadal en Ames
  • Comeza a época de Nadal en Ames
  • Comeza a época de Nadal en Ames
  • Comeza a época de Nadal en Ames
  • Comeza a época de Nadal en Ames
  • Comeza a época de Nadal en Ames
  • Comeza a época de Nadal en Ames
  • Comeza a época de Nadal en Ames
  • Comeza a época de Nadal en Ames
  • Comeza a época de Nadal en Ames
  • Comeza a época de Nadal en Ames
  • Comeza a época de Nadal en Ames
  • Comeza a época de Nadal en Ames
  • Comeza a época de Nadal en Ames
  • Comeza a época de Nadal en Ames