Pestanas principais

Comeza a redacción do proxecto para a construción do Centro Multifuncional de lecer, cultura e promoción económica no Milladoiro

Sábado, 13 de novembro de 2021

Os gañadores do concurso de ideas visitaron O Milladoiro para coñecer os terreos que van acoller o Centro Multifuncional de lecer, cultura e promoción económica. Esta visita prodúcese logo de que o pasado 19 de outubro se formalizase o contrato de servizo para a redacción do proxecto, dirección de obra e coordinación de seguridade e saúde da construción de centro multifuncional do Milladoiro coa empresa TUUNGOO ARQUITECTO AIE. que foi a gañadora do primeiro premio do concurso de ideas. Aproveitaron a visita para anunciar que o proxecto estará rematado a principios do 2022. Este proxecto, destinado á mocidade e persoas en risco de exclusión social no Milladoiro, está cofinanciado ao 80% con Fondos EDUSI IMPULSA AMES e ao 20% polo Concello de Ames.

A construción do Centro Multifuncional do Milladoiro xa está máis preto. Os arquitectos gañadores do concurso de ideas quixeron coñecer os terreos antes de comezar coa redacción do Centro Multifuncional. Deste xeito o pasado 3 de novembro visitaron xunto ao alcalde de Ames, Blas García, a concelleira de Promoción Económica, Ana Paz, o Técnico de Emprego, Juan Carlos Carreja e a arquitecta municipal, Marta Bellas, os terreos en que se vai construír o Centro Multifuncional. Ademais de visitar os terreos fixeron unha posta en común das accións que se van desenvolver no Centro Multifuncional e dos distintos espazos para que se poidan materializar no proxecto definitivo. Agardan que o proxecto estea rematado a principios do 2022 e comezar a executalo canto antes.

Esta visita prodúcese dúas semanas despois de que se formalizase o contrato para que a empresa TUUNGOO ARQUITECTO AIE comece coa redacción do proxecto. A empresa gañadora do primeiro premio do concurso de ideas vai redactar o proxecto de obra para a creación, con criterios de eficiencia enerxética, dun Centro Multifuncional de Lecer, Cultura e Promoción Económica no Milladoiro destinado á mocidade e persoas en risco de exclusión social.

O Centro Multifuncional ten como obxectivo xerar un espazo que vaia máis alá do concepto tradicional de centro cultural e xuvenil, para converterse nun centro dinámico, social e cultural para a veciñanza amesá. En concreto, o edificio emprazarase na avenida Muíño Vello, nunha parcela de 4.669,39 metros cadrados, onde se delimitará o espazo necesario para albergar o edificio, as zonas verdes e o aparcamento.

O prezo deste contrato ascende a 37.190 euros, dos cales hai que descontar o importe do primeiro premio concedido no concurso de ideas que foi de 20.000 euros. O contrato "Redacción de proxecto e dirección de obra e coordinación de seguridade e saúde para a construción do centro multifuncional de lecer, cultura e promoción económica dirixido á mocidade e persoas en risco de exclusión social no Milladoiro" ten encaixe na liña A10, "Creación dun centro multifuncional de lecer, cultura e promoción económica", da estratexia DUSI Impulsa Ames e que se sitúa dentro do ámbito do Programa Operativo  Plurirrexional de España – FEDER (en diante  POPE-FEDER).

A presente actuación está cofinanciada pola Unión Europea a través do Fondo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) cunha taxa de cofinanciamento do 80% dentro do Programa Operativo Plurirrexional de España 2014-2020, enmarcado dentro da Estratexia de Desenvolvemento Urbano Sostible Impulsa Ames e ao 20% polo Concello de Ames.

Novas relacionadas

La Voz de Galicia: "El diseño del Centro Multifuncional de O Milladoiro, listo a principios del 2022"

El Correo Gallego: "Agardan construír para o ano o novo multifuncional"

Comeza a redacción do proxecto para a construción do Centro Multifuncional de lecer, cultura e promoción económica no Milladoiro

Multimedia

  • Comeza a redacción do proxecto para a construción do Centro Multifuncional de lecer, cultura e promoción económica no Milladoiro
  • Comeza a redacción do proxecto para a construción do Centro Multifuncional de lecer, cultura e promoción económica no Milladoiro
  • Comeza a redacción do proxecto para a construción do Centro Multifuncional de lecer, cultura e promoción económica no Milladoiro