- Enderezo: Rúa Alcalde Lorenzo, 2, baixo – Bertamiráns. 15220 Ames
- Teléfono: 619 76 75 75
- Responsable municipal: Concellaría de Mobilidade
- Estruturas do servizo: O corpo da Policía Local de Ames está composto por 25 funcionarios:
- 1 Inspector
- 2 Oficiais
- 22 Policías
- Principios e funcións da Policía Local de Ames:
- Principios básicos de actuación
Son principios básicos de actuación para os membros dos corpos de Policía local, de acordo co artigo 5 da Lei orgánica 2/1986:
- Adecuación ao ordenamento xurídico, especialmente:
- Exercer as súas funcións con absoluto respecto á Constitución, ao Estatuto de autonomía e ao resto do ordenamento xurídico.
- Actuar, no cumprimento das súas funcións, con absoluta neutralidade política e imparcialidade e, en consecuencia, sen discriminación ningunha por razón de raza, etnia,nacionalidade, ideoloxía, relixión ou crenzas persoais, opinión, sexo, orientación sexual,lingua, lugar de veciñanza, lugar de nacemento ou calquera outra condición ou circunstancia persoal ou social. Páxina 6 Lei 4/2007, do 20 de abril, de coordinación de policías locais.
- Actuar con integridade e dignidade, absténdose de todo acto de corrupción e opoñéndose a el resoltamente.
- Suxeitarse, na súa actuación profesional, aos principios de xerarquía e subordinación. En ningún caso a obediencia debida poderá amparar ordes que entrañen a execución de actos que manifestamente constitúan delitos ou sexan contrarios á Constitución ou ás leis.
- Colaborarán coa Administración de xustiza e auxiliarana nos termos establecidos na lei.
- En relación coa sociedade, singularmente:
- Impedir, no exercicio da súa actuación profesional, calquera práctica abusiva,arbitraria ou discriminatoria que entrañe violencia física ou moral, con especial atención ás derivadas das desigualdades por razón de xénero.
- Observar en todo momento un trato correcto e esmerado nas súas relacións cos cidadáns, aos cales procurarán auxiliar e protexer, sempre que as circunstancias o aconsellen ou fosen requiridos para iso, en especial en todos os supostos e manifestacións de violencia de xénero, e proporcionarlles información cumprida, e tan ampla como sexa posible, sobre as causas e finalidade de todas as súas intervencións.
- No exercicio das súas funcións, actuar coa decisión necesaria e sen demora cando diso dependa evitar un dano grave, inmediato ou irreparable, rexéndose, ao facelo, polos principios de congruencia, oportunidade e proporcionalidade na utilización dos medios ao seu alcance.
- Usar armas só nas situacións en que exista un risco racionalmente grave para a súa vida, a súa integridade física ou as de terceiras persoas, ou naquelas circunstancias que poidan supor un grave risco para a seguridade cidadá, rexéndose, ao facelo, polos principios a que se refire o punto 3.º desta letra.
- Funcións dos corpos de Policía local:
De acordo co disposto no artigo 53 da Lei de forzas e corpos de seguridade, son funcións dos corpos da Policía local as que se indican:
- Protexer as autoridades das corporacións locais e vixiar ou custodiar os seus edificios e instalacións.
- Ordenar, regular, sinalizar, denunciar infraccións e dirixir o tráfico no ámbito da súa competencia no solo urbano legalmente delimitado, de acordo co establecido nas normas de tráfico e seguridade viaria.
- Instruír atestados por accidentes de circulación no ámbito da súa competencia dentro do solo urbano legalmente delimitado.
- Policía administrativa, no relativo ás ordenanzas, bandos e demais disposicións municipais dentro do ámbito da súa competencia.
- Participar nas funcións da Policía xudicial, na forma establecida na normativa vixente.
- A prestación de auxilio, nos casos de accidentes, catástrofe ou calamidade pública, participando, na forma prevista nas leis, en canto á execución dos plans de protección civil. Lei 4/2007, do 20 de abril, de coordinación de policías locais.
- Efectuar dilixencias de prevención e cantas actuacións tendan a evitar a comisión de actos delituosos no marco de colaboración establecido nas xuntas de seguridade.
- Vixiar os espazos públicos e colaborar coas forzas e corpos de seguridade do Estado e coa Policía de Galicia na protección das manifestacións e no mantemento da orde en grandes concentracións humanas, cando sexan requiridos para iso.
- Cooperar na resolución dos conflitos privados cando sexan requiridos para iso.
- Calquera outra función en materia de seguridade pública que, de acordo coa lexislación vixente, lles sexa encomendada.
- As actuacións que practiquen os corpos de Policía local no exercicio das funcións previstas nas alíneas c) e g) deberán ser comunicadas ás forzas e corpos de seguridade do Estado e á Policía de Galicia segundo corresponda, de conformidade coa lexislación orgánica de forzas e corpos de seguridade.
- En virtude de convenio entre a Xunta de Galicia e os concellos, no marco das competencias da Policía de Galicia, os corpos de Policía local tamén poderán exercer, dentro do seu termo municipal, as seguintes funcións:
- Velar polo cumprimento das disposicións e ordes singulares ditadas polos órganos da comunidade autónoma, con especial atención ás materias relativas á protección do menor, o ambiente, a saúde e a muller, sobre todo no ámbito da violencia de xénero.
- A vixilancia e protección de persoas, órganos, edificios, establecementos e dependencias da comunidade autónoma e dos seus entes instrumentais, garantindo o normal funcionamento das instalacións e a seguridade dos usuarios dos servizos.
- A inspección das actividades sometidas á ordenación e disciplina da comunidade autónoma, denunciando toda actividade ilícita.
- O uso da coacción para a execución forzosa dos actos ou disposicións da propia comunidade autónoma.
- Normativa:
- Ordenanza xeral municipal sobre tráfico, circulación de vehículos a motor e seguridade viaria.
- Ordenanza municipal contra a contaminación acústica.
- Ordenanza de convivencia cidadá.
- Ordenanza para a protección dos camiños e vías publicas municipais.
- Ordenanza para a tenza de animais potencialmente perigosos.
- Regulamento de funcionamento do mercado de venda ambulante.
- Documentos: