Pestanas principais

A Policía Local de Ames realizou a pasada fin de semana máis de 100 controis preventivos de alcoholemia nos núcleos de Bertamiráns e O Milladoiro

Mércores, 04 de setembro de 2019

Os axentes da Policía Local realizaron durante os días 29, 30 e 31 de agosto máis de 100 controis preventivos de alcoholemia nos núcleos de Bertamiráns e O Milladoiro. Entre as probas realizadas, 7 condutores deron positivo. A principal razón da posta en marcha deste tipo de actuacións é que o aumento dos controis preventivos é un dos factores que está a favorecer un cambio de comportamento dos cidadáns nesta materia.

Durante o xoves 29, venres 30 e sábado 31 de agosto, os/as axentes da Policía Local de Ames realizaron máis de 100 controis preventivos de alcoholemia nos núcleos de Bertamiráns e do Milladoiro. O venres, 30 de agosto, ditos controis fixéronse de xeito conxunto cos/as axentes da Garda Civil do Milladoiro.

Deste xeito, o venres realizáronse controis de vehículos e persoas, dando un resultado de catro alcoholemias positivas por delito; unha administrativa; e outra por negativa a someterse as probas, tendo esta condutora o permiso retirado por outro delito de condución baixo a influencia de bebidas alcohólicas de había un mes.

Por último, na noite do sábado, 31 de agosto, os/as axentes da Policía Local foron requiridos por parte do 112, por mor dun accidente de tráfico (un vehículo chocou contra outro estacionado). Unha vez no lugar dos feitos, os/as axentes observaron que o condutor do vehículo causante do accidente podía estar baixo o efecto de bebidas alcohólicas, tal e como se contrastou ao realizarlle a correspondente proba de alcohol, dando un resultado de 1´01 mgl.

A Policía Local de Ames realizou a pasada fin de semana máis de 100 controis preventivos de alcoholemia

Multimedia

  • A Policía Local de Ames realizou a pasada fin de semana máis de 100 controis preventivos de alcoholemia