Pestanas principais

A Policía Local está realizando unha campaña de controis de alcol e drogas

Xoves, 09 de decembro de 2021

Durante esta semana a DXT está a realizar unha “Campaña Especial sobre control da taxa de alcol e drogas”. A Policía Local de Ames está adherida a esta campaña que se leva a cabo especialmente en estradas convencionais e vías urbanas. A campaña prolongarase ata o 12 de decembro. Cómpre salientar que a Policía Local realiza controis de alcol e drogas todas as semanas, concretamente as noites que van de mércores ao domingo, nos núcleos urbanos de Bertamiráns e do Milladoiro.

A Policía Local de Ames adheriuse á campaña especial sobre control da taxa de alcol e drogas que realiza a Dirección Xeral de Tráfico do 6 ao 12 de decembro de 2021. Deste xeito, trátase de concienciar á veciñanza de que cando un se pon ao volante dun vehículo non pode consumir bebidas alcólicas.

Ademais, os/as axentes da Policía Local de Ames realizan controis de alcohol e drogas todas as semanas, concretamente as noites que van de mércores ao domingo, nos localidades de Bertamiráns e do Milladoiro. En ditos controis realizáronse varias denuncias administrativas por consumo de alcol e drogas e maila imputación de cinco condutores por incorrer contra un delito contra a seguridade viaria, ao conducir baixo os efectos de bebidas alcólicas.

Dende a Policía Local de Ames destacan que “ditos controis seguirán realizándose durante as vindeiras semanas, para evitar que os condutores que estean baixo o efecto de bebidas alcólicas circulen cos seus vehículos polas vías públicas en datas de moito movemento, desprazamentos, ceas, etc”.

Novas relacionadas

El Correo Gallego: "Controis da Policía Local para evitar o consumo de alcol e drogas ó volante"

Compostela 24 Horas: "A Policía Local de Ames está realizando unha campaña de controis de alcol e drogas"

Imaxe de arquivo da Policía Local