Pestanas principais

Servizo de atención de queixas e suxestións

A veciñanza de Ames ten a súa disposición un servizo de queixas e suxestións que se poden presentar a través dun escrito, enviando un correo electrónico ou de xeito presencial, permitindo deste xeito, a participación dos cidadáns, fundamentalmente para unha xestión eficaz e axeitada nas súas relacións co Concello.

Este sistema baséase non só en dar unha solución ó problema formulado, senón en solicitar información adicional sobre o incidente sucedido, que normalmente obtense polos axentes da Policía Local ou con axuda do propio cidadán, a través do número de teléfono 619 76 75 75 (teléfono directo coa Policía Local) 981 883 002 (teléfono do Concello), 112, Garda Civil, ou por calquera outro medio.

O prazo de resposta ao cidadán continúase xestionando no menor tempo posible dunha forma o máis eficaz posible e  persoalizada, sendo a resolución e contestación no procedemento cada vez máis breve. Así, son moitos os veciños/as de Ames que se animan a enviar directamente correos electrónicos á Policía Local, con fotografías incluídas, dando conta de feitos delitivos ou pouco cívicos.