Pestanas principais

Departamento de Educación

Novas do departamento

O Concello de Ames aprobou as bases da convocatoria de axudas para as actividades realizadas polas ANPAS dos centros educativos amesáns ao longo do exercicio 2019. A contía máxima destinada a esta convocatoria de axudas ascende a 20.000 euros. As solicitudes para participar nesta convocatoria poderán presentarse do 16 de xullo ata o 15 de agosto de 2020. A través destas achegas poderase sufragar ata o 100% do orzamento total asignado a cada centro escolar para as viaxes culturais, as actividades extraescolares, a organización de encontros e xornadas e a adquisición de mobiliario e material didáctico. Premendo nos enlaces que están ao pé desta nova poderás obter as bases e os impresos de solicitude destas axudas.

A Xunta de Goberno Local do Concello de Ames aprobou o pasado 1 de xuño de 2023 as bases das convocatorias de axudas para as actividades realizadas polas ANPAS dos centros educativos amesáns ao longo dos exercicios 2022 e 2023. A contía máxima destas axudas ascende a 20.000 euros por exercicio. As solicitudes para participar nesta convocatoria poderán presentarse dende o 28 de xuño ata o 27 de xullo. A través destas axudas poderase sufragar ata o 100% do orzamento total asignado a cada centro escolar para viaxes culturais, actividades extraescolares, organización de encontros e xornadas, mobiliario e material didáctico; así como actividades que fomenten a conciliación da vida laboral e familiar durante as xornadas lectivas. Premendo nas ligazóns que están ao pé desta nova pódense consultar as bases para solicitar estas axudas. 

Dende hoxe, venres 3, e ata o 20 de maio está aberto o prazo de inscrición para participar na Escola de Verán, unha oferta educativa e de ocio concibida para conciliar a vida laboral e familiar da veciñanza de Ames durante o período non lectivo dos meses de xullo e agosto. O servizo está dirixido aos nenos e nenas escolarizados no segundo ciclo de Educación Infantil e en Educación Primaria. O programa impartirase no CEIP da Maía, en Bertamiráns, e na EEI do Milladoiro e CEP de Ventín, no Milladoiro. O programa ten un horario de 7:30 a 16:00 horas, e inclúe os servizos de comedores e Bos Días. As persoas interesadas deben entregar a documentación necesaria na Sede electrónica do Concello de Ames ou nas oficinas de asistencia en materia de rexistro do Concello de Ames (O Milladoiro e Bertamiráns). Premendo esta ligazón pódese obter os impresos de inscrición da Escola de Verán 2024. As solicitudes presentadas fóra de prazo irán a unha listaxe de agarda.

Dende hoxe, venres 2, e ata o 16 de maio está aberto o prazo de inscrición para participar na Escola de Verán, unha oferta educativa e de ocio concibida para conciliar a vida laboral e familiar da veciñanza de Ames durante o período non lectivo dos meses de xullo e agosto. O servizo está dirixido aos nenos e nenas escolarizados no segundo ciclo de Educación Infantil e en Educación Primaria. O programa impartirase no CEIP da Maía, en Bertamiráns, e na EEI do Milladoiro e CEP de Ventín, no Milladoiro. O programa ten un horario de 7:30 a 16:00 horas, e inclúe os servizos de comedores e Bos días. As persoas interesadas deben entregar a documentación necesaria na Sede electrónica do Concello de Ames ou nas oficinas de asistencia en materia de rexistro do Concello de Ames (O Milladoiro e Bertamiráns). As solicitudes presentadas fóra de prazo irán a unha listaxe de agarda.

A Concellaría de Educación pon en marcha o programa Nadal Lúdico 2021, dirixido aos rapaces e rapazas escolarizados no segundo ciclo de educación infantil e en educación primaria. Para participar no programa é necesario que a unidade familiar estea empadroada no Concello de Ames. Este programa de conciliación da vida laboral e familiar desenvolverase os días 22,23,24,27,28,29,30,31 de decembro de 2021 e os días 3,4,5 e 7 de xaneiro de 2022. As familias poden escoller o programa completo ou por número de días, sempre que se apunten a un mínimo de 6 días (50% do programa) e estes sexan consecutivos. O prazo de inscrición ábrese o 13 de outubro, e pechará o vindeiro 27 de outubro. Os interesados/as deberán entregar a documentación a través da Sede electrónica do Concello de Ames ou nas Oficinas de asistencia en materia de rexistro do Concello de Ames (O Milladoiro e Bertamiráns), mediante solicitude de cita previa a través da sede electrónica. Podes obter aquí o impreso de inscrición neste programa de conciliación.

Dende o luns 9 de xaneiro, e ata o luns 23 de xaneiro, está aberto o prazo para inscribirse no servizo de conciliación “Entroido Lúdico”, que se desenvolverá os días 20, 21 e 23 de febreiro de 2023. Poderán participar aquelas familias empadroadas no concello de Ames, con nenos e nenas escolarizados no segundo ciclo de Educación Infantil ou en Primaria, e que teñan a necesidade de conciliar. O programa ten un horario de 7:30 a 16:00 horas, e inclúe os servizos de comedor e Bos Días. As persoas interesadas deben entregar a documentación necesaria na Sede electrónica do Concello de Ames, ou ben nas oficinas de asistencia en materia de rexistro do Concello de Ames (O Milladoiro e Bertamiráns), mediante solicitude de cita previa a través da Sede electrónica.

Dende hoxe venres 14, e ata o venres 28 de outubro de 2022, está aberto o prazo para inscribirse no servizo de conciliación “Nadal Lúdico”, que se desenvolverá os días 23, 26, 27, 28, 29 e 30 de decembro de 2022, e os días 2, 3, 4 e 5 de xaneiro de 2023. Poderán participar aquelas familias empadroadas no concello de Ames, con nenos e nenas escolarizados no segundo ciclo de Educación Infantil ou en Primaria, e que teñan a necesidade de conciliar. O programa ten un horario de 7:30 a 16:00 horas, e inclúe os servizos de comedor e Bos Días. As persoas interesadas deben entregar a documentación necesaria na Sede electrónica do Concello de Ames, ou ben nas oficinas de asistencia en materia de rexistro do Concello de Ames (O Milladoiro e Bertamiráns), mediante solicitude de cita previa a través da Sede electrónica. Premendo nas seguintes ligazóns pódense descargar os impresos de inscrición (anexo Ianexo IIanexo III).

Dende hoxe 16 de febreiro ata o 2 de marzo de 2022 está aberto o prazo para inscribirse no servizo de conciliación “Primavera Lúdica”, que este ano se desenvolverá os días 11, 12, 13 e 18 de abril. Poderán participar aquelas familias empadroadas no concello de Ames, con nenos e nenas escolarizados no segundo ciclo de Educación Infantil ou en Primaria, e que teñan a necesidade de conciliar. O programa ten un horario de 7:30 a 16:00 horas, e inclúe os servizos de comedores e Bos Días. As persoas interesadas deben entregar a documentación necesaria na Sede electrónica do Concello de Ames, ou ben nas oficinas de asistencia en materia de rexistro do Concello de Ames (O Milladoiro e Bertamiráns), mediante solicitude de cita previa a través da Sede electrónica. Pódese obter o impreso de inscrición premendo nesta ligazón.

Dende hoxe venres 8 ata o venres 22 de xullo está aberto o prazo para inscribirse no servizo de conciliación “Setembro Lúdico”, que se desenvolverá este ano nos días 1, 2, 5, 6 e 7 de setembro. Poderán participar aquelas familias empadroadas no concello de Ames, con crianzas escolarizadas no curso 2022/2023 no segundo ciclo de Educación Infantil, agás os nenos e nenas de 4º ou en Primaria, e que teñan a necesidade de conciliar. O programa ten un horario de 7:30 a 16:00 horas, e inclúe os servizos de comedores e Bos Días. As persoas interesadas deben entregar a documentación necesaria na Sede electrónica do Concello de Ames, ou ben nas oficinas de asistencia en materia de rexistro do Concello de Ames (O Milladoiro e Bertamiráns), mediante solicitude de cita previa a través da Sede electrónica. Pódese obter o impreso de inscrición premendo nesta ligazón.

Dende hoxe 22 de abril e ata o 6 de maio de 2022 está aberto o prazo para inscribirse no servizo de conciliación “Xuño Lúdico”, que este ano se desenvolverá do 23 ao 30 de xuño. Poderán participar aquelas familias empadroadas no concello de Ames, con nenos e nenas escolarizados no segundo ciclo de Educación Infantil ou en Primaria, e que teñan a necesidade de conciliar. O programa ten un horario de 7:30 a 16:00 horas, e inclúe os servizos de comedores e Bos Días. As persoas interesadas deben entregar a documentación necesaria na Sede electrónica do Concello de Ames, ou ben nas oficinas de asistencia en materia de rexistro do Concello de Ames (O Milladoiro e Bertamiráns), mediante solicitude de cita previa a través da Sede electrónica. Pódese obter o impreso de inscrición premendo nesta ligazón.

Eventos del departamento

O CEIP de Barouta organiza o venres 21 de xuño a celebración da Romaría de Fin de Curso 2024. Trátase dun evento aberto ao público. Será unha xornada lúdica que dará comezo ás 10:00 nas instalacións do centro educativo. Incluirá un roteiro, un xantar colaborativo, xogos, deportes e música, ademais da cerimonia de graduación do alumnado de 6º de Educación Primaria.