Pestanas principais

Matrícula nas escolas infantís municipais O Bosque e A Madalena

Presencial
sábado, 1 Xuño, 2019 a sábado, 15 Xuño, 2019
Tramite activo: 
Pechado

PARA QUE (FINALIDADE)

Tramitar a matrícula nas escolas infantís municipais O Bosque e A Madalena.

QUEN PODE FACELO

Os pais/nais/titores/as de aqueles/as nenos/as de 0 a 3 anos que foron admitidos/as nas escolas infantís municipais O Bosque e A Madalena.

COMO SE FAI

A documentación que hai que cubrir para tramitar a matricula dos nenos e nenas admitidos/as pode recoller nas devanditas escolas. Tamén se pode descargar aquí neste trámite. Unha vez cubertos todos os impresos hai que presentalos na escola infantil onde se vai a matricular o/a neno/a, de luns a venres, en horario de 09.00h a 14.00 horas.

CANDO

Do 1 ao 15 de xuño.

ONDE

Presencialmente: Hai que presentar a documentación na escola infantil onde se vai a matricular o/a neno/a, de luns a venres, en horario de 09.00h a 14.00 horas.

DOCUMENTACIÓN

Os nenos admitidos na escola infantil deberán presentar:

    • Seis fotografías de tamaño carné.
    • Fotocopia do calendario de vacinas.
    • Fotocopia da tarxeta sanitaria.
    • Informe médico.

PREZO

O prezo pola atención educativa en xornada completa nas escolas infantís 0-3 dependentes do Concello de Ames fíxase en 160 mensuais.
Segundo a renda per cápita mensual da unidade familiar, sobre este prezo aplicaranse as seguintes reducións:

  • Rendas inferiores ao trinta por cento do IPREM. Prezo da praza: con servizo de comedor 0€; sen servizo de comedor 0€.
  • Rendas comprendidas entre o 30 e inferiores ao 50 por cento do IPREM. Prezo da praza: con servizo de comedor 16,50€; sen servizo de comedor 0€.
  • Rendas comprendidas entre o 50 e inferiores ao 75 por cento do IPREM. Prezo da praza: con servizo de comedor 49,50€; sen servizo de comedor 33€.
  • Rendas comprendidas entre o 75 e inferiores ao 100 por cento do IPREM. Prezo da praza: con servizo de comedor 91€; sen servizo de comedor 66€.
  • Rendas comprendidas entre o 100 e inferiores ao 125 por cento do IPREM. Prezo da praza: con servizo de comedor 141€; sen servizo de comedor 106€.
  • Rendas comprendidas entre o 125 e inferiores ao 150 por cento do IPREM. Prezo da praza: con servizo de comedor 176€; sen servizo de comedor 126€.
  • Rendas comprendidas entre o 150 e inferiores ao 200 por cento do IPREM. Prezo da praza: con servizo de comedor 199€; sen servizo de comedor 139€.
  • Rendas superiores ao 200 por cento do IPREM. Prezo da praza: con servizo de comedor 230€; sen servizo de comedor 160€.

Prezo dos servizos complementarios:
Servizo de comedor: fíxase un importe de 70 euros mensuais. Para o caso dos/as nenos/as que non empreguen habitualmente o servizo e que desexen utilizalo algún día con carácter solto aboarán a contía de 4 euros por día. O prezo de comedor por días soltos non estará suxeito a ningunha redución.

Horario ampliado: o prezo mensual de cada hora solta en que se incremente o horario normal será de 20 euros. O prezo da hora extraordinaria non estará suxeito a ningunha redución.

Servizo de merenda: fíxase en 1 euro por día.

Existen descontos que se poden consultar na ordenanza reguladora do prezo público pola prestación do servizo das escolas infantís municipais do Concello de Ames.

RESPONSABLE

Concellaría de Educación.

NORMATIVA APLICABLE