Pestanas principais

Abre o prazo para inscribirse no Nadal Lúdico 2021

Mércores, 13 de outubro de 2021

A Concellaría de Educación pon en marcha o programa Nadal Lúdico 2021, dirixido aos rapaces e rapazas escolarizados no segundo ciclo de educación infantil e en educación primaria. Para participar no programa é necesario que a unidade familiar estea empadroada no Concello de Ames. Este programa de conciliación da vida laboral e familiar desenvolverase os días 22,23,24,27,28,29,30,31 de decembro de 2021 e os días 3,4,5 e 7 de xaneiro de 2022. As familias poden escoller o programa completo ou por número de días, sempre que se apunten a un mínimo de 6 días (50% do programa) e estes sexan consecutivos. O prazo de inscrición ábrese o 13 de outubro, e pechará o vindeiro 27 de outubro. Os interesados/as deberán entregar a documentación a través da Sede electrónica do Concello de Ames ou nas Oficinas de asistencia en materia de rexistro do Concello de Ames (O Milladoiro e Bertamiráns), mediante solicitude de cita previa a través da sede electrónica. Podes obter aquí o impreso de inscrición neste programa de conciliación.

Unha vez rematado o prazo de inscrición publicarase nos taboleiros de anuncios da Casa do Concello, do Pazo da Peregrina e da Oficina Municipal do Milladoiro a lista de admitidos/as na que se indicarán os lugares das actividades por grupos. Tamén se publicarán na sección de Aviso da web municipal. Para máis información pódese chamar ao departamento de Educación, marcando o número de teléfono 981 891 476, ou enviar un correo electrónico ao enderezo educacion@concellodeames.gal <mailto:educacion@concellodeames.gal>.

Documentación a achegar coas solicitudes
Os interesados/as deberán achegar a seguinte documentación coas solicitudes: copia auténtica ou cotexada do libro de familia; copia auténtica ou cotexada do DNI do titular da conta; documentación que indique a ocupación dos pais/nais, titores/titoras (certificados de traballo, e de ser o caso certificación de estar realizando cursos de formación ou calquera outra que especifique a necesidade de conciliar a vida laboral e familiar). De ser o caso, informe médico que acredite a necesidade de dieta ou calquera outro tipo de tratamento especial. No caso de ruptura da unidade familiar, documentación que o xustifique.

Os pais/nais dos nenos/as que participen este ano no Nadal Lúdico deberán asinar unha declaración responsable antes de comenzar o programa. Unha vez cuberta terán que entregarlla aos/ás coordinadores/as, que haxa en cada lugar habilitado o primeiro día de inicio do programa.

Ao pé da noticia podes obter o impreso de inscrición no Nadal Lúdico e consultar as ordenanzas fiscais dos servizos complementarios, o Regulamento dos Programas Lúdicos e o Plan de Adaptación do Nadal Lúdico.

Novas relacionadas

La Voz de Galicia: "Abierto el plazo de inscripción para el programa Nadal Lúdico"

Compostela 24 Horas: "Ames abre o prazo para inscribirse no Nadal Lúdico 2021"

Nadal Lúdico 2021

Multimedia

  • Cartaz