Pestanas principais

Departamento de Educación

Novas do departamento

Un total de 2.500 nenos e nenas do concello de Ames deron comezo esta mañá a un novo curso escolar. Os colexios do concello, a escola de educación infantil do Milladoiro e as escolas unitarias abriron as súas portas con total normalidade. Previamente, durante os meses de verán, no marco do plan de mantemento estival que se realiza todos os anos, o Concello executou diversos de traballos de mantemento e reparación nos colexios do municipio. Premendo nesta ligazón poderás consultar os plans de adaptación dos servizos complementarios de educación do Concello De Ames ao contexto Covid-19 para o curso 2021/2022.

Representantes dos partidos políticos con representación municipal e das ANPAS dos centros educativos de Ames reuníronse o pasado martes, 3 de maio, para realizar unha análise da situación educativa na pandemia e trasladar propostas para a mellora das infraestruturas e servizos complementarios. Falouse dos principais avances nos proxectos de ampliación do CEIP Agro do Muíño e do novo CEIP do Milladoiro, así como de diferentes cuestións sobre os comedores escolares, os protocolos Covid. Tamén se realizaron propostas de mellora no mantemento dos centros escolares, en particular nos patios e zonas exteriores.

A Concellaría de Educación pon en marcha un ano máis os servizos complementarios de educación e conciliación co obxectivo de conciliar a vida familiar e laboral de todos os veciños e veciñas de Ames. 1.349 usuarios/as se inscribiron na rede de comedores escolares, 349 no servizo de Bos días cole e 181 en Tardes Divertidas nalgún dos cinco centros de educación infantil e primaria do Concello de Ames. O alcalde de Ames, Blas García, o concelleiro de Educación, David Santomil,de Administración Xeral, Víctor Fernández,  aproveitaron a ocasión para visitar o recentemente estreado comedor do CEIP A Maía.

O Concello de Ames a través da concellería de Educación pon en marcha un ano máis o servizo de conciliación Setembro Lúdico. Este servizo ten como obxectivo fomentar a conciliación das familias amesás ata o inicio do curso escolar. Son 107 os nenos e nenas que se adheriron a esta campaña que vai traballar a idea da inclusión das persoas con diversidade funcional.

Dende o pasado venres, 23 de decembro, e ata o vindeiro 5 de xaneiro, está desenvolvéndose en Ames o programa de conciliación Nadal Lúdico, unha oferta educativa e de ocio organizada pola Concellaría de Educación e co financiamento do programa Corresponsables, dirixida ás familias amesás que precisen compatibilizar a súa vida laboral e familiar. Nel están a participar, en horario de 7:30 a 16:00 horas, 127 nenos e nenas escolarizados no segundo ciclo de Educación Infantil ou en Primaria.

O pasado martes 16 de agosto comezou a última quincena da Escola de Verán, un programa de conciliación polo que este 2022 pasaron 403 crianzas nos meses de xullo e agosto. Durante estas últimas dúas semanas de agosto, a temática das actividades xirará arredor do cambio climático e da sostibilidade, fomentando a actitude responsable das persoas que formamos a nosa sociedade e a acción climática. Nesta última quenda participan uns 143 nenos e nenas, repartidos entre o CEIP da Maía, no CEP de Ventín e na EEI do Milladoiro.

Coa chegada das vacacións de verán, a Concellaría de Educación de Ames puxo en marcha do 23 ao 30 deste mes o programa de conciliación Xuño Lúdico. Ao longo desa semana, os 146 nenos e nenas que participan no programa, 65 deles no CEIP da Maía, de Bertamiráns, 44 no EEI Milladoiro e 37 no CEP de Ventín, realizan diversas actividades centradas na educación da diversidade sexual e os roles de xénero. Esta iniciativa ofrece un amplo abano de actividades educativas e culturais pensadas para os cativos/as de aquelas familias que precisen conciliar a súa vida familiar e laboral unha vez rematado o curso escolar.

Este venres, 16 de agosto, comeza a última quincena da Escola de Verán. No mes de  agosto os nenos e nenas da Escola de Verán converteranse en protagonistas creando os seus propios estilos e bandas musicais. Mediante estes programas, o Concello de Ames, a través da Concellaría de Educación, busca facilitarlle ás familias a conciliación entre a vida laboral e familiar durante a época estival. Nesta segunda quincena do mes de agosto, participan no programa 190 rapaces e rapazas (95 en Bertamiráns e 95 no Milladoiro). Ao longo do verán, 481 rapaces e rapazas asistirán á Escola de Verán 2019 en ambos núcleos.

Un total de 3.837 nenos/as e mozos/as do concello de Ames deron comezo esta mañá a un novo curso escolar. Os colexios, a escola de educación infantil do Milladoiro, as escolas unitarias e mailos institutos abriron as súas portas con total normalidade. Previamente, durante os meses de verán, no marco do plan de mantemento estival que se realiza todos os anos, o Concello executou diversos traballos de mantemento e reparación nos centros escolares do municipio. 2.165 alumnos/as están matriculados en escolas e colexios públicos de infantil e primaria, mentres que 1.332 rapaces e rapazas están matriculados nos dous institutos amesáns. Ademais, hai que engadir 340 rapaces e rapazas que cursan estudos de infantil primaria e secundaria no colexio Alca, que é o único centro concertado do concello.

O pasado venres, 1 de xullo, comezou unha nova edición da Escola de Verán, que este ano se desenvolve no CEIP da Maía, no CEP de Ventín e na EEI do Milladoiro. Durante a primeira quincena deste mes de xullo, 330 nenos e nenas están participando neste programa de conciliación que pretende ofrecer unha alternativa de ocio e tempo libre aos nenos e nenas do concello de Ames no período estival. A temática das actividades durante a primeira quincena de xullo é “O noso contorno: os contornos naturais e humanos máis próximos”. Ao longo do verán, está previsto que 403 rapaces e rapazas asistan á Escola de Verán durante os meses de xullo e agosto.

Eventos del departamento

O Concello de Ames organiza o mércores 31 de agosto un acto na memoria dos once concelleiros da corporación municipal de Boimorto, detidos e asasinados pola represión franquista o 20 de agosto de 1936 nos Batáns. A homenaxe servirá ademais para informar sobre os traballos realizados na parroquia de Ortoño a comezos de agosto pola Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica (ARMH), co fin de localizar os corpos de seis dos once represaliados durante a Guerra Civil. Será ás 18:00 horas, na carballeira de Ortoño, ao carón da igrexa parroquial. Trátase dun acto aberto a toda a veciñanza que desexe asistir.

O CEIP de Barouta, dentro do programa Lectura e familias, organiza para o sábado 27 de maio a celebración da Festa da Primavera. Trátase dun evento aberto ao público. Será unha xornada lúdica que dará comezo ás 17:00 na praia fluvial de Tapia. Incluirá xogos populares, unha mesa redonda, narracións orais, contacontos, un concerto e unha tómbola.

Os alumnos e alumnas de sexto de primaria do CEIP de Barouta presentarán este xoves, 15 de decembro, a Gala de Nadal da escola, que ten como obxectivo a recadación de fondos para a realización da excursión de fin de curso. Será ás 18:00 horas, no auditorio da Casa da Cultura de Bertamiráns. As entradas, que teñen un custo de 5 euros, poden adquirirse na tenda Vainilla y Chocolate, en Bertamiráns, na conserxería do centro ou na propia Casa da Cultura, antes de que dea comezo o espectáculo.