- Enderezo: Avenida de Azcárraga, nº 5, Bertamiráns.
- Teléfono: 981 89 14 76

- Horario de atención ao público:
- De luns a venres, en horario das 9:00 ás 14:00 horas.
- Responsable municipal: Concellaría de Educación
Pestanas principais
Departamento de Educación
Servizos e programas
Novas do departamento
Dende hoxe, 21 de abril, e ata o 5 de maio de 2023 está aberto o prazo para inscribirse no servizo de conciliación “Xuño lúdico”, que este ano se desenvolverá do 22 ao 30 de xuño. Poderán participar aquelas familias empadroadas no concello de Ames, con nenos e nenas escolarizados no segundo ciclo de Educación Infantil ou en Primaria, e que teñan a necesidade de conciliar. O programa ten un horario de 7:30 a 16:00 horas, e inclúe os servizos de comedores e Bos Días. As persoas interesadas deben entregar a documentación necesaria na Sede electrónica do Concello de Ames, ou ben nas oficinas de asistencia en materia de rexistro do Concello de Ames (O Milladoiro e Bertamiráns). Pódese obter o impreso de inscrición premendo nesta ligazón.
Dende hoxe, 22 de abril, e ata o 6 de maio de 2024 está aberto o prazo para inscribirse no servizo de conciliación “Xuño lúdico”, que este ano se desenvolverá do 24 ao 28 de xuño. Poderán participar aquelas familias empadroadas no concello de Ames, con nenos e nenas escolarizados no segundo ciclo de educación infantil ou en primaria, e que teñan a necesidade de conciliar. O programa ten un horario de 7:30 a 16:00 horas, e inclúe os servizos de comedor e Bos Días. As persoas interesadas deben entregar a documentación necesaria na Sede electrónica do Concello de Ames, ou ben nas oficinas de asistencia en materia de rexistro do Concello de Ames (O Milladoiro e Bertamiráns). Pódese obter o impreso de inscrición premendo nesta ligazón.
Dende hoxe, 23 de abril, e ata o 7 de maio de 2025 está aberto o prazo para inscribirse no servizo de conciliación “Xuño lúdico”, que este ano se desenvolverá do 23 ao 30 de xuño. Poderán participar aquelas familias empadroadas no concello de Ames, con nenos e nenas escolarizados no segundo ciclo de educación infantil ou en primaria, e que teñan a necesidade de conciliar. O programa ten un horario de 7:30 a 16:00 horas, e inclúe os servizos de comedor e Bos Días. As persoas interesadas deben entregar a documentación necesaria na Sede electrónica do Concello de Ames, ou ben nas oficinas de asistencia en materia de rexistro do Concello de Ames (O Milladoiro e Bertamiráns).
O Concello de Ames abre o prazo para que os usuarios e usuarias dos servizos complementarios de educación e conciliación poidan preinscribirse ou renovar praza para o curso 2020-2021 na Rede de comedores escolares e nos programas Bos días cole e Tardes divertidas. Como novidade este ano vaise implantar o servizo de comedor e do programa Bos días cole na Escola Unitaria de Covas. As preinscricións e renovacións de praza poderán realizarse entre o 1 e 31 de marzo. Os/as interesados/as poden realizar a tramitación administrativa das súas solicitudes a través da páxina web de Conciliames. Tamén se pode facer de xeito presencial no departamento de Educación (situado no Pazo da Peregrina en Bertamiráns) ou nas Oficina municipais do Milladoiro.
O Concello de Ames abre entre o 1 de marzo e o 1 de abril o prazo para que as persoas usuarias dos servizos complementarios de educación e conciliación poidan preinscribirse ou renovar praza para o curso 2024-2025, na Rede de Comedores Escolares e nos programas Bos Días Cole e Tardes Divertidas. As persoas interesadas poden realizar a tramitación administrativa das súas solicitudes a través da páxina web de Conciliames, presentando a documentación asinada dixitalmente na Sede electrónica do Concello de Ames. Tamén poden entregala en papel nas oficinas de asistencia en materia de rexistro do Concello de Ames. Ademais, as persoas sen Internet poden solicitar asistencia presencial chamando ao 981 891 476.
O Concello de Ames abre entre o 1 e o 31 de marzo o prazo para que as persoas usuarias dos servizos complementarios de educación e conciliación poidan preinscribirse ou renovar praza para o curso 2022-2023, na Rede de Comedores Escolares e nos programas Bos Días Cole e Tardes Divertidas. As persoas interesadas poden realizar a tramitación administrativa das súas solicitudes a través da páxina web de Conciliames, presentando a documentación asinada dixitalmente na Sede electrónica do Concello de Ames. Tamén poden entregala en papel nas oficinas de asistencia en materia de rexistro do Concello de Ames, pedindo cita previa na Sede electrónica. Ademais, as persoas sen Internet poden solicitar asistencia presencial chamando ao 981 891 476.
O Concello de Ames abre entre o 1 e o 31 de marzo o prazo para que as persoas usuarias dos servizos complementarios de educación e conciliación poidan preinscribirse ou renovar praza para o curso 2023-2024, na Rede de Comedores Escolares e nos programas Bos Días Cole e Tardes Divertidas. As persoas interesadas poden realizar a tramitación administrativa das súas solicitudes a través da páxina web de Conciliames, presentando a documentación asinada dixitalmente na Sede electrónica do Concello de Ames. Tamén poden entregala en papel nas oficinas de asistencia en materia de rexistro do Concello de Ames. Ademais, as persoas sen Internet poden solicitar asistencia presencial chamando ao 981 891 476.
O Concello de Ames, a través da Concellaría de Educación, abre o prazo para que os usuarios e usuarias dos servizos complementarios de educación e conciliación poidan preinscribirse ou renovar praza para o curso 2021-2022, na Rede de comedores escolares e nos programas Bos días cole e Tardes divertidas. As preinscricións e renovacións de praza poderán realizarse entre o 1 e 31 de marzo. Os/as interesados/as poden realizar a tramitación administrativa das súas solicitudes a través da páxina web www.conciliames.org.
O Concello de Ames, a través das Concellarías de Medio Ambiente e de Xuventude, abre un novo prazo de matrícula para o programa de campamentos municipais de verán 2024. Unha vez rematado o prazo de matriculación nos campamentos de infantil e primaria, ábrese un período de matrícula extraordinario entre o 11 e o 20 de xuño para ocupar aquelas prazas que quedaron vacantes. A documentación presentarase preferiblemente a través do rexistro telemático na Sede electrónica do Concello ou no rexistro de calquera administración pública adherida á plataforma de intercambio rexistral (SIR). Preme nesta ligazón para descargar o impreso de matrícula.
O Concello de Ames vén de aprobar, a través de decreto de Alcaldía, un prazo excepcional de inscrición para o servizo de conciliación da vida laboral e familiar, “Escola de Verán 2020”, para o mes de agosto. Dito prazo estará aberto dende o próximo mércores, 1 de xullo, ata o 10 de xullo de 2020, ámbolos dous días incluídos. Este prazo extraordinario ábrese para todos aqueles pais/nais que non fixeran a solicitude durante o prazo ordinario que foi do 1 ao 8 de xuño. A presentación de solicitudes poderá realizarse de xeito telemático a través da sede electrónica do Concello de Ames ou de xeito presencial nas oficinas de rexistro de Bertamiráns e O Milladoiro, baixo cita previa. Ao pé desta nova podes obter o impreso de inscrición e mailo regulamento de funcionamento.
- ‹ anterior
- 10 de 31
- seguinte ›
Trámites do departamento
Eventos del departamento
O CEIP de Barouta organiza o venres 21 de xuño a celebración da Romaría de Fin de Curso 2024. Trátase dun evento aberto ao público. Será unha xornada lúdica que dará comezo ás 10:00 nas instalacións do centro educativo. Incluirá un roteiro, un xantar colaborativo, xogos, deportes e música, ademais da cerimonia de graduación do alumnado de 6º de Educación Primaria.
- ‹ anterior
- 2 de 2




