Pestanas principais

Renovación de praza nos servizos complementarios de educación e conciliación

Presencial
Online
Sede Electrónica
martes, 1 Marzo, 2022 a xoves, 31 Marzo, 2022
Tramite activo: 
Pechado

SOLICITANTE:

Nai, pai ou persoa responsable, con nenas ou nenos en idade escolar ou que vaian ser escolarizados en calquer centro educativo de Ames no próximo curso escolar.

PRAZO DE PREINSCRICIÓN:

  •  Do 1 ao 31 de marzo para o próximo curso escolar.
  •  Todo o ano para os servizos nos que haxa praza dispoñible.

COMO E ONDE FACER O PROCESO:

A tramitación das preinscricións e da renovación pódese realizar a través da páxina web www.conciliames.gal. O prazo para poder facer esta xestión está aberto dende o 1 ao 31 de marzo. Posteriormente, abrirase un prazo para formalizar a matrícula de cara ao vindeiro curso.

Unha vez feita a preinscrición ou renovación haberá que xerar o arquivo coa solicitude, asinalo dixitalmente e presentalo a través do Rexistro telemático da Sede electrónica.

Outra opción é imprimilo en papel, firmalo e presentalo nas Oficinas de asistencia en materia de rexistro do Concello de Ames, situadas na Casa do Concello, en Bertamiráns; ou na Oficina municipal do Milladoiro. Para acudir a ditas oficinas, solicitarase cita previa a través da sede electrónica do Concello de Ames. Por último, tamén se pode presentar o impreso de solicitude en calquera outro rexistro ao que se refira o artigo 16 da Lei 39/2015 do 1 de Outubro de Procedemento Administrativo Común das AAPP.

Ademais, as persoas que non teñan acceso a Internet poderán realizar os trámites correspondentes de maneira presencial, no Departamento de Educación, situado no Pazo da Peregrina, ou na oficina municipal do Milladoiro, pedindo cita previa no teléfono 981 891 476.

O sistema de renovación e preinscrición online para os servizos complementarios de educación e conciliación é o mesmo que se empregou os últimos anos. As persoas que xa empregaron este servizo anteriormente non teñen que volver a darse de alta. No caso de non ter as citadas claves poderá solicitalas desde a mesma páxina. Os novos usuarios ou usuarias deben premer na ligazón de crear conta. Despois xa se poderá iniciar sesión para facer as xestións que se estimen oportunas.

Ademais, entrando na páxina web de Conciliames os usuarios ou usuarias dispoñen dun simulador de cotas. Este cálculo será de orientación, suxeito á comprobación do expediente por parte do departamento de Educación.

INFORMACIÓN:

DOCUMENTACIÓN:

  • Necesaria para a baremación: actualmente só se emprega o formulario de baremación para o servizo de comedor; bos días e tardes, non hai limite de prazas.
  • DNI ou documento de indentificación dos proxenitores / persoas responsables.
  • Libro de familia (no seu defecto partidas de nacemento).
  • No caso de ruptura de unidade familiar, sentenza con convenio regulador da garda, custodia e alimentos das persoas menores de idade.
  • Xustificación correspondente da situación de ocupación dos membros parentais (certificado vida laboral, última nómina, tarxeta demanda emprego, etc).
  • Xustificación correspondente da situación familiar (certificado discapacidade, informe dependencia, título familia numerosa, calquera outra documentación xustificativa).

RESPONSABLE:

NORMATIVA APLICABLE: