Pestanas principais

Departamento de Educación

Novas do departamento

Dende o 3 ata o 17 de xullo está aberto o prazo para inscribirse no servizo de conciliación “Setembro Lúdico”, que se desenvolverá este ano nos días 1, 4, 5, 6, 7 e 8 de setembro. O programa ten un horario de 7:30 a 16:00 horas, e inclúe os servizos de comedores e Bos Días. Poderán participar aquelas familias empadroadas no concello de Ames con crianzas escolarizadas no segundo ciclo de educación infantil e primaria (non poderán participar os nenos/as que vaian cursar 4º de infantil no curso 2023/2024 nin os nenos/as que para o curso 2023/2024 vaian a cursar a ESO). As persoas interesadas deben entregar a documentación necesaria na Sede electrónica do Concello de Ames, ou ben nas oficinas de asistencia en materia de rexistro do Concello de Ames (O Milladoiro e Bertamiráns). Pódese obter o impreso de inscrición premendo nesta ligazón.

O Concello de Ames abre ata o 1 de abril o prazo para que as persoas usuarias dos servizos complementarios de educación e conciliación poidan preinscribirse ou renovar praza para o curso 2024-2025, na Rede de Comedores Escolares e nos programas Bos Días Cole e Tardes Divertidas. As persoas interesadas poden realizar a tramitación administrativa das súas solicitudes a través da páxina web de Conciliames, presentando a documentación asinada dixitalmente na Sede electrónica do Concello de Ames. Tamén poden entregala en papel nas oficinas de asistencia en materia de rexistro do Concello de Ames. Ademais, as persoas sen Internet poden solicitar asistencia presencial chamando ao 981 891 476.

O Concello de Ames, a través da Concellaría de Educación, informa da publicación no Boletín Oficial da Provincia (BOP) da convocatoria de axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado do segundo ciclo de educación infantil (curso 2023-2024). O prazo de presentación de solicitudes empezou o 31 de maio, e remata o 1 de xullo de 2024 (30 días naturais a contar desde o día seguinte ao anuncio de convocatoria no BOP). A contía máxima destinada a esta convocatoria ascende a 7.500 euros, sendo de 120 euros o importe máximo concedido por cada nena ou neno. Premendo nas ligazóns que están ao pé desta nova poderás consultar as bases desta convocatoria de axudas e imprimir o impreso de solicitude.

Dende hoxe, venres 4, e ata o vindeiro venres 18 de outubro de 2024, está aberto o prazo para inscribirse no servizo de conciliación “Nadal Lúdico”, que se desenvolverá os días 23, 24, 26, 27, 30 e 31 de decembro, e os días 2, 3 e 7 de xaneiro de 2025. Poderán participar aquelas familias empadroadas no concello de Ames, con nenos e nenas escolarizados no segundo ciclo de educación infantil ou en primaria, e que teñan a necesidade de conciliar. O programa ten un horario de 7:30 a 16:00 horas, e inclúe os servizos de comedor e Bos Días. As persoas interesadas deben entregar a documentación necesaria na Sede electrónica do Concello de Ames, ou ben nas oficinas de asistencia en materia de rexistro do Concello de Ames (O Milladoiro e Bertamiráns). Pódese obter o impreso de inscrición premendo nesta ligazón.

A Concellaría de Educación pon en marcha un ano máis o programa de conciliación Nadal Lúdico que este ano se desenvolverá os días 23, 24, 28, 29, 30 e 31 de decembro de 2020 e 4 ,5 e 7 de xaneiro de 2021. O prazo de inscrición abrangue desde o día 8 até o día 23 de outubro. Poden participar nenos e nenas escolarizados no 2º ciclo de educación infantil e primaria, cuxas familias estean empadroadas en Ames e acrediten a necesidade de conciliar a vida laboral e familiar. O programa, que se alonga desde as 7.30 horas da mañá, até as as 16.00 horas da tarde, ofrece diferentes alternativas en horarios e servizos de comedor e almorzos para adaptarse o mellor posible a cada familia.

O Concello de Ames, a través da Concellaría de Educación, abre o prazo de inscrición do programa de conciliación familiar, Xuño Lúdico. As inscricións poderán tramitarse dende hoxe, 19 de abril, ata o 3 de maio. O servizo desenvolverase, tanto no Milladoiro como en Bertamiráns, os días 23, 24, 25, 28, 29 e 30 de xuño, en horario de 7:30h a 16:00 horas. O programa está dirixido ás familias empadroadas e residentes no concello de Ames, que teñan nenas e nenos escolarizados no segundo ciclo de Educación Infantil ou en Educación Primaria. As inscricións pódense facer vía telemática a través da sede electrónica do Concello ou de calquera outro rexistro acreditado. Tamén se pode presentar a documentación nas oficinas de rexistro de Bertamiráns e do Milladoiro. Para esta opción hai que pedir cita previa a través da sede electrónica. Podes descargar aquí a ficha de inscrición.

O Concello de Ames, a través da Concellaría de Educación, informa da publicación no Boletín Oficial da Provincia (BOP) da convocatoria de axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado do segundo ciclo de educación infantil (curso 2022-2023). O prazo de presentación de solicitudes empezou o 30 de xuño, e remata o 31 de xullo de 2023 (30 días naturais a contar desde o día seguinte ao anuncio de convocatoria no BOP). A contía máxima destinada a esta convocatoria ascende a 7.500 euros, sendo de 120 euros o importe máximo concedido por cada nena ou neno. Premendo nas ligazóns que están ao pé desta nova poderás consultar as bases desta convocatoria de axudas e imprimir o impreso de solicitude. 

O Concello de Ames, a través da Concellaría de Educación, informa da publicación no Boletín Oficial da Provincia (BOP) da convocatoria de axudas, para a adquisición de libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado do segundo ciclo de educación infantil (curso 2020-2021). O prazo de presentación de solicitudes empeza o 24 de marzo e remata o 22 de abril de 2021 (30 días naturais a contar desde o día seguinte ao anuncio de convocatoria no BOP). A contía máxima destinada a esta convocatoria ascende a 7.500 euros, sendo de 120 euros o importe máximo concedido por cada nena ou neno. Premendo nos enlaces que están ao pé desta nova poderás consultar as bases desta convocatoria de axudas e imprimir o impreso de solicitude.

O Concello de Ames, a través da Concellaría de Educación, informa da publicación no Boletín Oficial da Provincia (BOP) da convocatoria de axudas, para a adquisición de libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado do segundo ciclo de educación infantil (curso 2019-2020). O prazo de presentación de solicitudes permanecerá aberto do 30 de maio ao 28 de xuño. A contía máxima destinada a esta convocatoria ascende a 7.500 euros, sendo de 120 euros o importe máximo concedido por cada nena ou neno. Premendo nos enlaces que están ao pé desta nova poderás consultar as bases desta convocatoria de axudas e imprimir o impreso de solicitude.

O Concello de Ames aprobou, a través de decreto de Alcaldía, as bases da convocatoria de axudas para as actividades realizadas polas ANPAS dos centros educativos amesáns ao longo do exercicio 2018. A contía máxima destinada a esta convocatoria de axudas ascende a 20.000 euros. As solicitudes para participar nesta convocatoria poderán presentarse do 9 de xuño ata 8 de xullo de 2020. A través destas achegas poderase sufragar ata o 100% do orzamento total asignado a cada centro escolar para as viaxes culturais, as actividades extraescolares, a organización de encontros e xornadas e a adquisición de mobiliario e material didáctico. Premendo nos enlaces que están ao pé desta nova poderás obter as bases e os impresos de solicitude destas axudas.

Eventos del departamento

O CEIP de Barouta organiza o venres 21 de xuño a celebración da Romaría de Fin de Curso 2024. Trátase dun evento aberto ao público. Será unha xornada lúdica que dará comezo ás 10:00 nas instalacións do centro educativo. Incluirá un roteiro, un xantar colaborativo, xogos, deportes e música, ademais da cerimonia de graduación do alumnado de 6º de Educación Primaria.