- Temas
PRAZO DE PRESENTACIÓN:
- As solicitudes para participar na convocatoria poderán presentarse no prazo dun mes a contar dende o día seguinte á publicación do extracto da convocatoria no BOP.
DESTINATARIOS:
- Poderán optar a estas subvencions os pais e nais -ou tutores legales- dos nenos enenas matriculados matriculados no curso escolar 2020-2021 nun centro de enseñanza sostido con fondos públicos, á nivel de Educación Infantil (2ª Etapa, de 3 a 5 anos).
INFORMACIÓN:
- Teléfono: 981 89 14 76 ou na no email: educacion@concellodeames.gal
PROCEDEMENTO:
- Cubrir a instancia facilitada en cada convocatoria, e presentar en rexistro coa documentación correspondente:
LUGAR DE PRESENTACIÓN:
- En calquera rexistro do Concello, ou a través do rexistro telemático na Sede electrónica do Concello de Ames ou no rexistro de calquera administración pública adherida á plataforma de intercambio rexistral (SIR) ou en calquera outro rexistro ao que se refira o artigo 16 da LEI 39/2015 DO 1 DE OUTUBRO DE PROCEDEMENTO ADMINISTRATIVO COMÚN DAS AAPP.
Na actualidade, debido á crise sanitaria ocasionada pola Covid-19, para acudir ao rexistro municipal hai que solicitar cita previa para poder ser atendido. Pódese solicitar cita previa a través da Sede electrónica do Concello de Ames ou chamando en horario de 08:00 a 09:00 horas e de 14:00 a 15:00 horas, aos seguintes números de teléfono:
-Oficina de asistencia en materia de rexistro; Rexistro xeral de Bertamiráns: 881 074 709.
-Oficina de asistencia en materia de rexistro; Rexistro do Milladoiro: 881 074 901.
Tamén se pode solicitar cita previa enviando un correo electrónico a rexistro@concellodeames.gal / registro@concellodeames.gal, onde hai que indicar un número de teléfono para contactar.
DOCUMENTACIÓN:
- ANEXO 1. SOLICITUDE DE SUBVENCIÓN
- Os solicitantes deben achegar:
- Fotocopia compulsada do documento de identidade do solicitante.
- Fotocopia compulsada do libro de familia e, no seu caso copia cotexada da sentenza que estableza as medidas paterno-filiais.
- Documento bancario onde indique o IBAN da conta na que haxa de efectuarse o ingreso da subvención e o titular da mesma. O titular da conta deberá coincidir co titular da solicitude da axuda.
- ANEXO 2. CERTIFICADO DE MATRICULA AO CENTRO ONDE O NENO ESTE ESCOLARIZADO
- ANEXO 3. MEMORIA XUSTIFICATIVA ( FACTURAS DO GASTO REALIZADO)
NORMATIVA APLICABLE:
- Lei 38/2003, xeral de subvencións e no Real Decreto 887/2006 polo que se aproba o seu regulamento.
- Na Lei 9/2007 de subvencións de Galicia e no Decreto 11/2009, de 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei.
- Regulamento de servizos das corporacións locais.
- Bases reguladoras da convocatoria establecida.