- Enderezo: Avenida de Azcárraga, nº 5, Bertamiráns.
- Teléfono: 981 89 14 76

- Horario de atención ao público:
- De luns a venres, en horario das 9:00 ás 14:00 horas.
- Responsable municipal: Concellaría de Educación
Pestanas principais
Departamento de Educación
Servizos e programas
Novas do departamento
Esta semana a Escola de Verán comeza a segunda quincena de xullo, durante a que se continuará desenvolvendo a temática do arte urbano iniciada durante o programa Xuño Lúdico. Mediante estes programas, o Concello de Ames a través da Concellaría de Educación e Cultura busca facilitarlle ás familias a conciliación entre a vida laboral e familiar durante a época estival. Así, na primeira quincena participaron un total de 364 nenos e nenas, dos cales 168 o fan en Bertamiráns e 196 no Milladoiro. Ao longo do verán, hai previsto que 481 rapaces e rapazas asistan á Escola de Verán 2019 en ambos núcleos.
Tenreira guisada con patacas, chícharos e cenoria. O segundo prato do menú de hoxe nos comedores escolares de Ames elaborouse cos 80 quilos de carne con denominación de orixe que o Concello recibiu de “Tenreira Galega”, a través do programa “Come Local”. Esta campaña responde á intención de promover o consumo de produtos agroalimentarios galegos con indicativo de calidade. Está previsto continuar introducindo estes produtos nos menús da Rede municipal de comedores escolares de Ames. A vindeira semana incluiranse patacas, cabaciñas e outros produtos de horta procedentes de CRAEGA, o Consello Regulador de Agricultura Ecolóxica de Galicia.
As obras de ampliación do CEIP Agro do Muíño vanse licitar proximamente. O alcalde de Ames, Blas García, e o concelleiro de Educación, David Santomil, recibiron a noticia o pasado sábado na visita que o conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez realizou ao CEIP Agro do Muíño. Na visita estiveron acompañados polo delegado territorial da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor; pola directora do CEIP Agro do Muíño, Mari Carmen Liñares; e de varios membros da Corporación municipal. As obras de ampliación teñen un orzamento base de licitación de máis de 3,4 millóns de euros.
A Xunta de Goberno Local do último xoves de marzo aprobou a adxudicación do servizo dos Programas Municipais de Conciliación Lúdicos e a Escola de Verán do Concello de Ames á empresa Agora Aberta que xa se viña ocupando até de agora destes programas. O valor do contrato ascende a 308.207,42 euros inclúe o servizo de monitores e almorzos. Ademais, a Xunta de Goberno Local adxudicou o servizo de catering dos mesmos programas á empresa Villasenín por valor de 63.793,62 euros. A licitación faise por un período de dous anos, prorrogable a catro, e abrangue á Escola de Verán e os cinco programas de conciliación que desenvolve o Concello de Ames ao longo do ano.
Despois de que o pasado 13 de decembro de 2019 a Xunta de Goberno Local procedese á aprobación da modificación do contrato do Servizo de Monitoraxe da Rede de Comedores Escolares, o representante da empresa A Billarda S.L. e o alcalde de Ames reuníronse para asinalo. Nel inclúese un aumento do número de horas a prestar no servizo.
A XGL aprobou o pasado xoves 12 de agosto o expediente de contratación, mediante procedemento aberto simplificado abreviado, tramitación ordinaria, cun único criterio de adxudicación (prezo) das obras de acondicionamento e mellora térmica da cuberta e fachadas da escola infantil municipal O Bosque de Bertamiráns. As obras ascenden a un total de 78.920 euros que se van a financiar conxuntamente entre a Deputación da Coruña e o Concello de Ames.
A Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP licitou a obra de cambio de cuberta do CEIP de Barouta por máis de 230.000 euros, co obxectivo de mellorar a eficiencia enerxética do centro. A previsión, suxeita aos correspondentes trámites administrativos, é iniciar a obra a finais de xuño, tras a fin do curso académico, e rematala en setembro deste ano.
Dende o pasado 3 de xaneiro está aberto o prazo de inscrición para participar no programa de conciliación “Entroido Lúdico” que se desenvolverá os días 24, 25 e 26 de febreiro. A través deste programa, o Concello de Ames procura axudar ás familias a compatibilizar a vida laboral e familiar ofrecendo actividades matinais ás crianzas. O programa ten un horario de 7.30 á 16.00 horas, incluíndo os servizos de Bos días e comedor.
O Concello de Ames, a través da Concellaría de Educación, informa da publicación no Boletín Oficial da Provincia (BOP) da convocatoria de axudas para a adquisición de material escolar destinado ao alumnado do segundo ciclo de educación infantil (curso 2025-2026). O prazo de presentación de solicitudes empeza hoxe, 30 de outubro, e estará aberto ata o vindeiro 13 de novembro, 15 días naturais a contar desde o día seguinte ao anuncio de convocatoria no BOP. A contía máxima destinada a esta convocatoria ascende a 6.919,89 euros, sendo de 120 euros o importe máximo concedido por cada nena ou neno. Premendo nestas ligazóns podes consultar as bases desta convocatoria de axudas e imprimir os impresos de solicitude.
Dende hoxe luns 2 e ata o luns 16 de maio está aberto o prazo de inscrición para participar na Escola de Verán, unha oferta educativa e de ocio concibida para conciliar a vida laboral e familiar da veciñanza de Ames durante o período non lectivo dos meses de xullo e agosto. O servizo está dirixido aos nenos e nenas escolarizados no segundo ciclo de Educación Infantil e en Educación Primaria. O programa ten un horario de 7:30 a 16:00 horas, e inclúe os servizos de comedores e Bos Días. As persoas interesadas deben entregar a documentación necesaria na Sede electrónica do Concello de Ames, ou ben nas oficinas de asistencia en materia de rexistro do Concello de Ames (O Milladoiro e Bertamiráns), mediante solicitude de cita previa a través da Sede electrónica. Premendo esta ligazón pódese obter o impreso de inscrición da Escola de Verán 2022. As solicitudes presentadas fóra de prazo irán a unha listaxe de agarda.
- ‹ anterior
- 5 de 30
- seguinte ›
Trámites do departamento
Eventos del departamento
O CEIP de Barouta organiza o venres 21 de xuño a celebración da Romaría de Fin de Curso 2024. Trátase dun evento aberto ao público. Será unha xornada lúdica que dará comezo ás 10:00 nas instalacións do centro educativo. Incluirá un roteiro, un xantar colaborativo, xogos, deportes e música, ademais da cerimonia de graduación do alumnado de 6º de Educación Primaria.
- ‹ anterior
- 2 de 2




