Pestanas principais

A Xunta de Goberno Local aproba a modificación do Servizo de Monitoraxe da Rede de Comedores Escolares do Concello de Ames

Luns, 13 de xaneiro de 2020

Despois de que o pasado 13 de decembro de 2019 a Xunta de Goberno Local procedese á aprobación da modificación do contrato do Servizo de Monitoraxe da Rede de Comedores Escolares, o representante da empresa A Billarda S.L. e o alcalde de Ames reuníronse para asinalo. Nel inclúese un aumento do número de horas a prestar no servizo.

A modificación chega despois de que o 28 de xuño de 2018, mediante decreto 1814/2019, se acordará a primeira prórroga do contrato do Servizo de Monitoraxe na Rede de Comedores Escolares para o curso 2019/2020. Posteriormente, o pasado 9 de setembro de 2019, a Concellería de Educación emite unha proposta para a modificación de dito contrato.

Na sesión da Xunta de Goberno Local do día 24 de outubro de 2019, acórdase o inicio de expediente de modificación, dándose audiencia ao contratista, e non presentando este alegación algunha á modificación proposta, que supón un aumento do número de horas a prestar o servizo.

Xa o 13 de decembro de 2019, na sesión de Xunta de Goberno Local, procedeuse á aprobación da modificación do contrato do Servizo de Monitoraxe na Rede de Comedores Escolares do Concello de Ames. Unha modificación que é asinada o 16 de decembro de 2019 polo representante da empresa A Billarda S.L, e o alcalde de Ames, José Miñones.

Este aumento do número de horas a prestar polo Servizo de Monitoraxe na Rede de Comedores Escolares supón un custe anual total para o ano 2020 de 484.624 euros. Sumándose aos 307.985,60 euros de custe do pasado ano, o contrato de monitoraxe relativo aos anos 2019 e 2020 ten un custe total de 792.610 euros.

 

Novas relacionadas:

El Correo Gallego: "Van aumentar as horas de monitoraxe da rede amesá para os comedores escolares"

Compostela 24 horas: "O Goberno Local de Ames aproba a modificación do servizo de monitoraxe nos comedores escolares"

Lindeiros: "Ames contrata máis horas de monitoraxe para os comedores"

Sinatura contrato modificación servizo de monitoraxe comedores escolares