Pestanas principais

Departamento de Educación

Novas do departamento

 O concelleiro de Educación, David Santomil, mantivo unha xuntanza cos cinco directores e directoras do CEIP de Barouta, CEIP A Maía, CEIP Agro do Muíño, CEP Ventín e EEI do Milladoiro, no Pazo da Peregrina, para falar do plan de reparación e mantemento de patios escolares. Estas actuacións xa foron autorizadas pola Xefatura Territorial de Educación da Xunta de Galicia. Realizaranse en dúas anualidades, 2021 e 2022, en todos os centros escolares de ensino infantil e primaria de Ames.

A enquisa telefónica realízase a preto de 200 familias usuarias da Rede Municipal de Comedores Escolares que teñen bonificación total no pagamento das cotas (cota cero euros), correspondentes ás rendas inferiores ao 25% do IPREM. As enquisas estanse a realizar dende este pasado luns, 13 de abril, e desenvolveranse ata o 17 de abril. O obxectivo da enquisa é coñecer a situación económica de ditas familias motivada polo impacto do coronavirus (COVID-19).

O luns, día 28 de xuño, os representantes dos grupos municipais da Corporación Municipal recibiron no salón de Plenos do Concello de Ames aos directores/as dos centros escolares públicos de Ames.

A deputada provincial, Mónica Freire Rancaño, responsable da Área de Medio Rural, Mar e Mocidade da Vicepresidencia da Deputación de Lugo, realizou unha visita institucional ao concello de Ames, para coñecer o funcionamento dos comedores escolares, a loxística de transporte e a subministración de produtos locais de alimentación. Visitou a Casa do Concello, a cociña do CEIP Agro do Muíño e o comedor do CEIP A Maía. Estivo acompañada polo concelleiro de Educación, David Santomil, e pola técnica do departamento de Educación, Rosa García.

O concelleiro de Educación e Axenda Urbana, David Santomil, entrevistouse esta semana con Clarisa Giamello, responsable de Relacións Institucionais, Estudios e Incidencia Política da ONG de cooperación internacional Educo, da que tamén é coordinadora en España. Neste momento Educo está a realizar un estudo sobre a situación do comedor escolar no ensino primario, escollendo o modelo de xestión dos comedores escolares de Ames como referente municipal. Na actualidade, 181 alumnos/as teñen acceso gratuíto ao comedor escolar municipal.

O expediente de contratación do servizo de monitores dos programas municipais de conciliación da vida laboral e familiar do Concello de Ames vai ao pleno deste xoves 2 de setembro para a súa aprobación. O orzamento base de licitación para a duración inicial do contrato ascende a 3.098.144 €.

O Concello de Ames, a través da Concellaría de Educación, informa de que a partir do 15 de outubro enviáraselle información (avisos, notificacións, incidencias, etc.) ás familias usuarias da Rede municipal de comedores escolares a través da plataforma de comunicación TokApp School. O persoal da Escola de música e do departamento de Educación, no que proximamente se vai implantar tamén este novo sistema de avisos, participou esta semana nunhas xornadas de formación desta aplicación TokApp.

Esta semana a Escola de Verán comeza a segunda quincena de xullo, durante a que se continuará desenvolvendo a temática do arte urbano iniciada durante o programa Xuño Lúdico. Mediante estes programas, o Concello de Ames a través da Concellaría de Educación e Cultura busca facilitarlle ás familias a conciliación entre a vida laboral e familiar durante a época estival. Así, na primeira quincena participaron un total de 364 nenos e nenas, dos cales 168 o fan en Bertamiráns e 196 no Milladoiro. Ao longo do verán, hai previsto que 481 rapaces e rapazas asistan á Escola de Verán 2019 en ambos núcleos.

Tenreira guisada con patacas, chícharos e cenoria. O segundo prato do menú de hoxe nos comedores escolares de Ames elaborouse cos 80 quilos de carne con denominación de orixe que o Concello recibiu de “Tenreira Galega”, a través do programa “Come Local”. Esta campaña responde á intención de promover o consumo de produtos agroalimentarios galegos con indicativo de calidade. Está previsto continuar introducindo estes produtos nos menús da Rede municipal de comedores escolares de Ames. A vindeira semana incluiranse patacas, cabaciñas e outros produtos de horta procedentes de CRAEGA, o Consello Regulador de Agricultura Ecolóxica de Galicia.

A Xunta de Goberno Local do último xoves de marzo aprobou a adxudicación do servizo dos Programas Municipais de Conciliación Lúdicos e a Escola de Verán do Concello de Ames á empresa Agora Aberta que xa se viña ocupando até de agora destes programas. O valor do contrato ascende a 308.207,42 euros inclúe o servizo de monitores e almorzos. Ademais, a Xunta de Goberno Local adxudicou o servizo de catering dos mesmos programas á empresa Villasenín por valor de 63.793,62 euros. A licitación faise por un período de dous anos, prorrogable a catro, e abrangue á Escola de Verán e os cinco programas de conciliación que desenvolve o Concello de Ames ao longo do ano.