- Tematica
Un grupo de 18 alumnos/as italianos están participando durante esta semana nunha bolsa formativa Erasmus no IES de Ames, en Bertamiráns. Os mozos e mozas de 17 anos de idade cursan primeiro curso de bacharelato e participarán en clases de español e de tecnoloxía para mellorar as súas competencias académicas. Ademais, teñen previsto facer distintas visitas guiadas por distintas localidades galegas como Santiago de Compostela, Costa da Morte, O Grove, A Toxa, etc. Dita programación comezou esta mañá cunha visita á Casa do Concello de Ames.
O alumnado italiano, que participa nunha bolsa formativa Erasmus no IES de Ames, participou esta mañá nunha visita á Casa do Concello de Ames, onde foron recibidos polo rexedor municipal, Blas García, e pola concelleira de Educación e Mocidade, Beatriz Martínez. Dito alumnado realizou unha presentación sobre o seu instituto e a localidade onde está situado. Por parte do Concello entregóuselles un libro con fotografías de Ames e unhas mochilas para que as leven de recordo do seu paso por Ames.
Este grupo de alumnado italiano cursa os seus estudos no San Marcello Pistoiese Comprehensive Institute, que está situado na localidade de San Marcello, na rexión da Toscana, nos Apeninos do Norte. Pistoya é a cidade máis próxima e a capital rexional é Florencia, a 70 quilómetros. Elixiron o instituto de Ames para participar en dita bolsa formativa Erasmus porque no instituto amesán cursase italiano como segunda lingua estranxeira, e ademais impártense bacharelato tecnolóxico, que dispón das materias de tecnoloxía industrial e electrotecnia.
Os mozos e mozas de 17 anos de idade cursan primeiro curso de bacharelato e ao longo desta semana participarán en clases de español e de tecnoloxía para mellorar as súas competencias académicas. Ademais, teñen previsto facer distintas visitas guiadas por distintas localidades galegas como Santiago de Compostela, Costa da Morte, O Grave, A Toxa, etc.
Novas relacionadas
Diario de Santiago: "18 alumnos/as italianos participan nunha bolsa formativa Erasmus no IES de Ames"















