Pestanas principais

403 rapaces e rapazas participarán na Escola de Verán durante os meses de xullo e agosto

Xoves, 07 de xullo de 2022

O pasado venres, 1 de xullo, comezou unha nova edición da Escola de Verán, que este ano se desenvolve no CEIP da Maía, no CEP de Ventín e na EEI do Milladoiro. Durante a primeira quincena deste mes de xullo, 330 nenos e nenas están participando neste programa de conciliación que pretende ofrecer unha alternativa de ocio e tempo libre aos nenos e nenas do concello de Ames no período estival. A temática das actividades durante a primeira quincena de xullo é “O noso contorno: os contornos naturais e humanos máis próximos”. Ao longo do verán, está previsto que 403 rapaces e rapazas asistan á Escola de Verán durante os meses de xullo e agosto.

A Escola de Verán é un programa de conciliación que pretende ofrecer unha alternativa de ocio e tempo libre aos nenos e nenas do concello de Ames no período estival, cunha ampla oferta de actividades dirixidas a fomentar a convivencia, a tolerancia e a integración. Ao abeiro desta iniciativa, as cativas e cativos participan durante os meses de xullo e agosto en diversos xogos e exercicios, a través dos que se busca que aprendan a valorar e gozar da actividade física e o respecto polo contorno, sempre dende o punto de vista lúdico e creativo.

En canto á participación, durante a primeira quincena do mes de xullo, hai 330 nenos e nenas que están participando na Escola de Verán. Divididos por centros, no CEIP da Maía participan 180 nenos/as; na EEI Milladoiro hai 86 rapaces e rapazas inscritos/as; e no CEP de Ventín participan 64 cativos/as.

Ao longo do verán, está previsto que 403 rapaces e rapazas asistan á Escola de Verán durante os meses de xullo e agosto. O programa desenvólvese no CEIP da Maía, en Bertamiráns; e no CEP de Ventín e na EEI Milladoiro, na localidade do Milladoiro. A temática das actividades durante a primeira quincena de xullo é “O noso contorno: os contornos naturais e humanos máis próximos”.

Temática das actividades da Escola de verán
A proposta de actividades para esta quincena está centrada en coñecer o noso contorno natural e humano máis próximo e valorar a súa biodiversidade desde un punto de vista medioambiental. Gañarán moita relevancia os tipos de árbores e flora máis próximos a cada un dos centros. Algunhas das actividades máis destacadas que se van a facer son un manual de botánica, un traballo de investigación natural, escape no bosque, Quiz Game: o Concello de Ames, e técnicas de orientación.

Así mesmo, levarase a cabo unha aposta activa por sensibilizar aos nenos e nenas dos problemas que a biodiversidade está a sufrir e como isto afecta á nosa saúde física e mental. Actividades como os baños do bosque ou a horta divertida, que se estenderán ao longo de todo o verán, teñen este enfoque sensibilizador a través do contacto directo co medio natural e a transmisión de experiencias positivas nos mesmo.

Durante a segunda quincena de xullo as actividades da Escola de Verán xirará arredor da biodiversidade e o equilibrio ecolóxico. Por outra banda, durante a primeira quincena de agosto porase en valor o patrimonio arqueolóxico do concello de Ames dándolle a coñecer aos nenos e nenas as formas de vida dos primeiros asentamentos do Val da Maía, as súas formas de vida, tradicións, profesións e expresión artística. Por último, a segunda quincena de agosto dedicarase á falar da sostibilidade do planeta.

Novas relacionadas:

El Correo Gallego: "Máis de 400 nenos na Escola de Verán amesá"

Imaxe do grupo do CEP de Ventín que participa na Escola de Verán

Multimedia

  • Imaxe do grupo do CEP de Ventín que participa na Escola de Verán
  • Imaxe do grupo do CEP de Ventín que participa na Escola de Verán
  • Imaxe do grupo do CEP de Ventín que participa na Escola de Verán
  • Imaxe do grupo do CEP de Ventín que participa na Escola de Verán