Pestanas principais

Departamento de Deportes

    • Enderezo: Praza do Concello, nº 2, Bertamiráns.
    • Teléfono:  981 88 30 02 / 619 84 25 04
    • Horario de atención ao público:
      • De luns a venres, en horario das 9:00 ás 14:00 horas.
    • Responsable municipal: Concellaría de Deportes
    • Responsable técnico: Alberto Viaño Moure.
Outros Datos: 
  • Programación escolas deportivas 2023-2024
  • Funcions:
    • Deseñar proxectos deportivos: escolas deportivas, eventos deportivos...
    • Planificar e xestionar programas deportivos e elaborar estratexias de funcionamento.
    • Incentivar a participación cidadá tanto nas actividades como na creación deportiva.
    • Asesorar e informar aos grupos e entidades deportivas do concello, así como ao público en xeral.
    • Colaborar nas programacións da Deputación: Campaña de esqui, campamentos deportivos, circuíto de carreiras populares...
    • Xestionar as subvencións correspondente á área de deportes, ben sexan as da Deputación ou as convocatorias propias do Concello de Ames de apoio ás asociacións deportivas e clubs.
    • Xestionar as instalacións deportivas municipais (pavillóns polideportivos, campos de fútbol e piscinas descubertas municipais).
  • Normativa:
  • Novas relacionadas
  • Axenda

Novas do departamento

Un total de 10 clubs e 300 padexeiros e padexeiras van disputar este sábado, 5 de agosto, a regata provincial “Circuíto praia fluvial de Tapia”, organizada pola Deputación da Coruña, o club de piragüismo Ribeiras do Tambre e maila Federación Galega de Piragüismo. O Concello de Ames, a través da Concellaría de Deportes, colabora na organización de dito evento. A proba, que ten un percorrido de 1.500 metros polo río Tambre, comeza ás 16.00 horas e desenvolverase ata ás 20.00 horas aproximadamente. A saída e chegada estará instalada na praia fluvial de Tapia. Trátase da terceira das seis probas que conforman o II Circuíto de piragüismo Deputación da Coruña, no que compiten as categorías bases dos clubs da provincia. Premendo nesta ligazón pódese obter máis información e consultar os horarios da regata provincial “Circuíto praia fluvial de Tapia”.

Este domingo, 25 de setembro,celebrouse a XVI Milla Urbana con 320 participantes. Na proba na que competían as categorías sub18, sub20, sub23 e sénior, o campión e campioa foron Martín Regueira Rellán, do club Terra de Soneira CD, e Alejandra Formoso Recarey, do club Triki Team. Esta proba volveu a disputarse tras sete anos de parón na área deportiva da travesía do Porto, no Milladoiro. Premendo nesta ligazón podes descargar o documento con todos os resultados da XVI Milla Urbana Concello de Ames.

Un total de 10 clubs e 350 persoas van disputar esta fin de semana a Regata Provincial – Circuíto praia fluvial de Tapia, organizada polo Concello de Ames, a través da Concellaría de Deportes, o club de piragüismo Ribeiras do Tambre e a Federación Galega de Piragüismo. O evento, que conta cun percorrido de 1.500 metros polo río Tambre, terá lugar este sábado 6 na praia fluvial de Tapia, a partir das 16:00 horas. Trátase da quinta das seis probas que conforman o I Circuíto de piragüismo Deputación da Coruña, no que compiten as categorías bases dos clubs da provincia. Premendo nesta ligazón pódense consultar os datos e os horarios da Regata Provincial – Circuíto praia fluvial de Tapia.

As piscinas descubertas municipais do Milladoiro e de Bertamiráns contan xa aproximadamente cunhas 4.000 persoas usuarias. No que vai de verán, a Concellaría de Deportes tramitou unhas 1.200 solicitudes de carné. O prezo dos carnés vai dos 5 aos 20 euros, dependendo da súa duración, da idade ou das persoas que inclúa. O prazo para solicitalos estará aberto ata o 12 de agosto, mentres que as piscinas continuarán abertas ata o 15 de setembro, en horario de 11:00 a 21:00 horas.

O Motoclub Ameixenda, en colaboración co Concello de Ames e a Deputación da Coruña, organiza este domingo, 19 de xuño, unha das probas de supercross da Galicia League. O Gran premio Concello de Ames é un evento deportivo a nivel autonómico, non oficial, non federado, de acordo coa actual normativa galega do deporte segundo a Lei 3/2012. Nesta proba que se desenvolverá no circuíto SX “Alex de Moure”, situado no lugar do Vilar na parroquia da Ameixenda, participarán os mellores pilotos de supercross de toda Galicia.

O Motoclub Ameixenda, en colaboración co Concello de Ames e a Deputación da Coruña, organiza este domingo, 4 de xuño, unha das probas de supercross da Galicia League. O Gran premio Concello de Ames é un evento deportivo a nivel autonómico, non oficial, non federado, de acordo coa actual normativa galega do deporte segundo a Lei 3/2012. Nesta proba que se desenvolverá no circuíto SX Alex de Moure, situado no lugar do Vilar na parroquia da Ameixenda, participarán arredor de 65 pilotos, entre os que se atopan algúns dos mellores pilotos de supercross de toda Galicia.

O campo de fútbol do Milladoiro acolleu esta pasada fin de semana unha nova proba de Agility que puntuou para o campionato de España. Organizada polo club canino Amizar Agility, a proba contou coa colaboración do Concello de Ames, da S.D. Milladoiro, da empresa Arion e da clínica veterinaria Media Lúa. Participaron arredor de 70 cans divididos en tres categorías diferentes: mini, midi e estándar. A competición, na que exerceu como xuíz Domingos Carneiro, celebrouse do venres 26 ao domingo 28 de xullo.

O Concello de Ames e o Club de Natación Cidade de Santiago organizan para mañá sábado, 21 de setembro, a Tapia Swinway, unha travesía a nado composta de tres probas para un total de cinco categorías. Na actualidade hai inscritas arredor de 70 persoas. As inscricións para este proba pecharanse este venres, 20 de setembro, ás 18.00 horas, ou ao completar o número de prazas dispoñibles. A primeira edición da Tapia Swinway conta coa colaboración do Club de Piragüismo Ribeiras do Tambre e da Agrupación de Protección Civil do Concello de Ames.

A localidade de Bertamiráns acolleu este domingo, 22 de decembro, unha nova edición da tradicional Carreira Ciclista do Pavo. Tomás Pombo quedou en primeira posición, seguido de Juan José Bodelo e Xoel Blanco, que quedaron en segunda e terceira posición respectivamente. Nesta proba participaron arredor de 80 ciclistas. Antes da carreira, houbo unha xincana na que participaron nenos e nenas. Repartíronse sete premios, catro para os sprint especiais e disputados nas voltas 10, 15, 20 e 25,  e outros tres premios para os tres primeiros clasificados da proba.

Esta mañá foi presentado na Casa do Concello, en Bertamiráns, o programa SaúdeAndo 2024, unha iniciativa da Concellería de Promoción da Saúde en colaboración cos centros de saúde do Milladoiro e Bertamiráns. Como xa acontecera en edicións anteriores, será nestes mesmos centros de saúde onde comecen as andainas circulares, que se organizan cada xoves de semanas alternas ao longo de todo o ano, con rutas de dificultade media-baixa e de entre unha hora e hora e media de duración.

Eventos del departamento

O 17 de decembro, ás 12:00 horas, celébrase a XVI Carreira Ciclista do Pavo nos arredores do Paseo Fluvial de Bertamiráns.

A Concellaría de Deporte celebra este venres, 19 de abril, a décimo sexta edición da Gala do Deporte, un evento no que se homenaxeará tanto aos e ás deportistas máis destacados/as do concello, como ás diversas entidades deportivas. O acto terá lugar ás 20:30 horas, na Casa da Cultura do Milladoiro, e será presentado polos xornalistas Lorena Pose e Diego Viaño. Ademais, ofreceranse distintos espectáculos e animacións.

A localidade de Bertamiráns acolle o domingo, 22 de decembro, a partir das 11.00 horas, a décimo sétima edición da Carreira Ciclista do Pavo. Organizada pola Asociación Galega de Ciclistas, en colaboración coa Federación Galega de Ciclismo e co Concello de Ames, nela participarán tanto adultos como os máis pequenos da casa. As inscricións para os/as ciclistas federados/as poden facerse na páxina web da federación (tamén o poden facer o propio día da carreira), mentres que as persoas non federadas teñen que enviar un correo electrónico a begonaalonso@mundo-r.com ou chamar ao  número de teléfono 677 555 748. Em ambos casos as inscricións poden tramitarse ata o venres 13 de decembro.

A Concellaría de Deporte celebra este venres, 9 de maio, a décimo sétima edición da Gala do Deporte, un evento no que se homenaxeará tanto aos e ás deportistas máis destacados/as do concello, como ás diversas entidades deportivas. O acto terá lugar ás 20:30 horas na Casa da Cultura de Bertamiráns. Ademais, ofreceranse distintos espectáculos e animacións.

O Concello de Ames e a Federación Galega de Atletismo organizan este domingo, 20 de outubro a vixésima edición da carreira pedestre do Concello de Ames. Esta proba pertence ao VII Circuíto de carreiras populares da Deputación da Coruña. A saída e chegada de cada proba farase na rúa Alcalde Lorenzo de Bertamiráns, tal como  se veu realizando nas dúas últimas edicións, unha vez que se decidiu trasladar a proba desde o entorno do Pazo da Peregrina ao centro do núcleo urbano para así facer mais partícipe á veciñanza.

O Concello de Ames e a Federación Galega de Atletismo organizan o domingo 20 de outubro a XXIII Carreira Pedestre Popular Concello de Ames, unha proba que pertence ao X Circuíto provincial de carreiras populares da Deputación da Coruña. Contará cun circuíto urbano de 10 quilómetros homologado pola Real Federación Española de Atletismo, con saída e chegada en Bertamiráns, na rúa Alcalde Lorenzo, nas inmediacións da Casa do Concello. O percorrido estará debidamente sinalizado e haberá indicacións en cada quilómetro.

A edición deste ano do Rally Berberecho de Noia terá un treito que se disputará de forma íntegra por estradas do noso concello. Será en horario de tarde e haberá un reagrupamento, de 17:15 a 19:30 horas, na avenida José Luís Azcárraga, diante do Pazo da Peregrina, en Bertamiráns, polo que pasarán todos os participantes. O tramo de Ames ten unha lonxitude de 11,2 quilómetros e discorre polas parroquias de Ames, Lens e Tapia. A saída do tramo estará instalada no lugar de Outeiro, mentres que a liña de meta será na estrada que vai dende a aldea de A Mámoa cara o lugar de Pedrouzos. Os pilotos farán unha dobre pasada polo tramo de Ames. A primeira pasada comezará ás 16.50 e a segunda ás 19.40 horas, sendo o último tramo do rally. O final do rally está previsto para as 20.20 horas. As estradas polas que discorre o treito de Ames estarán pechadas ao tráfico de 15.30 a 22.30 horas aproximadamente. Consulta o itinerario do tramo de Ames.

O auditorio da Casa da Cultura do Milladoiro converterase o próximo luns, 22 de xullo, nun estudo de radio coa retransmisión do programa Convivir Deportivo, da Radio Galega. O programa que conduce Alfonso Pardo aterra en Ames e contará coa participación dun dos máximos expoñentes do deporte amesán, Borja Golán, dezaseis veces campión de España de squash e dúas veces campión de Europa. Convivir Deportivo comezará ás 20:00 horas, con entrada libre e de balde.