Pestanas principais

Departamento de Deportes

    • Enderezo: Praza do Concello, nº 2, Bertamiráns.
    • Teléfono:  981 88 30 02 / 619 84 25 04
    • Horario de atención ao público:
      • De luns a venres, en horario das 9:00 ás 14:00 horas.
    • Responsable municipal: Concellaría de Deportes
    • Responsable técnico: Alberto Viaño Moure.
Outros Datos: 
  • Programación escolas deportivas 2023-2024
  • Funcions:
    • Deseñar proxectos deportivos: escolas deportivas, eventos deportivos...
    • Planificar e xestionar programas deportivos e elaborar estratexias de funcionamento.
    • Incentivar a participación cidadá tanto nas actividades como na creación deportiva.
    • Asesorar e informar aos grupos e entidades deportivas do concello, así como ao público en xeral.
    • Colaborar nas programacións da Deputación: Campaña de esqui, campamentos deportivos, circuíto de carreiras populares...
    • Xestionar as subvencións correspondente á área de deportes, ben sexan as da Deputación ou as convocatorias propias do Concello de Ames de apoio ás asociacións deportivas e clubs.
    • Xestionar as instalacións deportivas municipais (pavillóns polideportivos, campos de fútbol e piscinas descubertas municipais).
  • Normativa:
  • Novas relacionadas
  • Axenda

Novas do departamento

A Concellería de Deportes, a través de Xesta Natureza, organizou este domingo, 5 de maio, a terceira edición da carreira de orientación do Concello de Ames, que se desenvolveu na contorna do paseo fluvial de Bertamiráns a partir das 11:00 horas. O evento, no que se inscribiron 278 participantes, contou con tres categorías de menor a maior dificultade (“Xestiñas”, “Xestas” e “Xesteiras”), nas que puideron participar deportistas de todos os niveis e idades. Premendo nesta ligazón pódese consultar a clasificación da carreira.

O Concello de Ames organizou para os meses de xullo e  agosto cursos de natación e de piragüismo. Estas actividades desenvólvense nas piscinas descubertas de Bertamiráns e do Milladoiro, así como na praia fluvial de Tapia. Este ano inscribíronse 97 nenos e nenas nos cursos de natación de xullo e agosto e 35 nas actividades de piragüismo.

Ames acollerá ao longo deste verán un total de dez campus e campamentos deportivos, organizados por clubs e entidades deportivas locais e que contan coa colaboración da Concellaría de Deportes do Concello de Ames e da Deputación da Coruña. Nesta liña, a rapazada amesá poderá escoller entre varias propostas, que van dende fútbol, fútbol sala ou baloncesto, ata atletismo, patinaxe ou volei. Pódese consultar o cartel completo na seguinte ligazón.

Este pasado sábado, 31 de maio, a área deportiva do Milladoiro acolleu a xornada de clausura do curso 2024-2025 das escolas deportivas municipais. Como cada ano, celebrouse un evento de clausura no que os rapaces e rapazas puideron amosar o aprendido ao longo destes meses nas actividades que participaron. Trátase dun evento familiar e festivo, que estivo aberto a todas as persoas que quixeron asistir. A xornada estivo organizada polo departamento de Deportes do Concello de Ames. Neste curso 2024-2025, as escolas deportivas contaron cun total de 1.801 usuarios/as, que participaron nalgunha das 18 actividades que se ofrecen dende o departamento de Deportes.

Un grupo de 100 rapaces e rapazas que practican dende comezo de curso a modalidade de baloncesto dentro das Escolas deportivas municipais e no club Básquet Ames, acudiron o pasado domingo, 26 de abril, ao Multiusos Fontes do Sar para ver o partido entre o Monbus Obradoiro e o Movistar Estudiantes. Esta actividade enmárcase dentro do acordo subscrito entre o Concello de Ames, o Monbus Obradoiro e maila Fundación Obradoiro, para que o equipo filial se denomine Obradoiro Ames e dispute os seus encontros como local no pavillón municipal do Milladoiro.

Un grupo de 110 rapaces e rapazas que practican dende comezo de curso a modalidade de baloncesto dentro das Escolas deportivas municipais e no club Basquet Ames, acudiron este martes ao Multiusos Fontes do Sar para ver o último partido da liga Endesa que enfrontou ao Monbus Obradoiro contra o Carplus Fuenlabrada. O conxunto obradoirista dominou o partido desde o inicio e impúxose por 102-72. Esta actividade enmárcase dentro do acordo subscrito no pasado mes de agosto entre o Concello de Ames, o Monbus Obradoiro e maila Fundación Obradoiro, para que o equipo filial, que compite na liga EBA, se denomine Obradoiro Ames e dispute os seus encontros como local no pavillón municipal do Milladoiro.

A localidade do Milladoiro acollerá este domingo, 5 de febreiro, o XXXIV Campionato Xunta de Galicia masculino e feminino de marcha en ruta, que se disputará nun circuíto que discorre pola Travesía do Porto, rúa das Palmeiras, parte da avenida Muíño Vello e rúa dos Agriños. Debido á celebración desta proba deportiva haberá cortes de tráfico e prohibicións de estacionamento. Trátase dunha proba organizada pola Federación Galega de Atletismo na que están inscritos 123 atletas con ficha da FGA. Participarán 18 atletas dos clubs locais de Ames (8 atletas do Ames Atletismo e 10 atletas do Club de Atletismo Millaraio).

A Concellería de Deportes e Promoción da Saúde, a través do programa Ames Saudable, organiza un novo obradoiro de xestión emocional a través da técnica “Mindfulness”. Esta actividade, que está dirixida a persoas maiores de 18 anos, comezou hoxe e desenvolverase ao longo de 8 sesións de 1 hora 45 minutos de duración. O obradoiro está impartido polo psicólogo e instrutor da técnica, Juan Carlos Permuy, e realízase os martes, en horario de 16:30 a 18:15 horas, no Pazo da Peregrina de Bertamiráns. Esta actividade tivo unha gran demanda con máis de 60 persoas inscritas. Houbo que realizar un sorteo para determinar as 15 persoas participantes.

O Concello de Ames organiza, co control técnico da Federación Galega de Atletismo, a primeira edición do Cros Concello de Ames, que será a súa vez Campionato da Xunta de Galicia de campo a través absoluto por remudas mixto. As probas realizaranse este sábado, 12 de outubro, na localidade de Aldea Nova, a carón das pistas municipais de tenis de dita localidade. Nas categorías escolares inscribíronse 102 rapaces e rapazas, mentres que no campionato galego de remudas hai 48 atletas inscritos/as (12 equipos de catro participantes cada un, con dúas mulleres e dous homes por equipo). Nesta edición do campionato da Xunta de Galicia incrementouse a participación en 4 equipos respecto da pasada edición.

O Concello de Ames, a través do departamento de Deportes, organiza a XV edición do Encontro de patinaxe artística das escolas deportivas municipais. A cita terá lugar este domingo 7 de xuño, a partir das 12:00 horas, no pavillón municipal de Bertamiráns. O evento conta coa colaboración do Club de patinaxe Sarela, de Bertamiráns, e o Club de patinaxe artística Omega, do Milladoiro. O programa inclúe seis exhibicións dos distintos grupos de patinaxe das escolas deportivas municipais.

Eventos del departamento

O programa SaúdeAndo 2025 continúa neste mes de febreiro. Estes percorridos, organizados pola Concellaría de Promoción da Saúde, organízanse cada xoves de semanas alternas ao longo de todo o ano nas localidades de Bertamiráns e do Milladoiro. Son rutas de dificultade media-baixa e que contan cunha duración aproximada de entre unha hora e hora e media.

O programa SaúdeAndo 2025 continúa neste mes de marzo. Estes percorridos, organizados pola Concellaría de Promoción da Saúde, organízanse cada xoves de semanas alternas ao longo de todo o ano nas localidades de Bertamiráns e do Milladoiro. Son rutas de dificultade media-baixa e que contan cunha duración aproximada de entre unha hora e hora e media.

O programa SaúdeAndo 2025 continúa neste mes de abril. Estes percorridos, organizados pola Concellaría de Promoción da Saúde, organízanse cada xoves de semanas alternas ao longo de todo o ano nas localidades de Bertamiráns e do Milladoiro. Son rutas de dificultade media-baixa e que contan cunha duración aproximada de entre unha hora e hora e media.

O programa SaúdeAndo 2025 continúa neste mes de maio. Estes percorridos, organizados pola Concellaría de Promoción da Saúde, organízanse cada xoves de semanas alternas ao longo de todo o ano nas localidades de Bertamiráns e do Milladoiro. Son rutas de dificultade media-baixa e que contan cunha duración aproximada de entre unha hora e hora e media.