Pestanas principais

Convocatoria de axudas para a promoción de actividades levadas a cabo polos clubs e asociacións deportivas de Ames

Online
Sede Electrónica
venres, 5 Agosto, 2022 a luns, 5 Setembro, 2022
Tramite activo: 
Pechado

PARA QUE (FINALIDADE):

  • Promover as actividades desenvolvidas durante este ano polas asociacións e clubs deportivos do Concello de Ames. Deste xeito, poderán ser subvencionadas as actividades de índole deportiva desenvolvidas por estas entidades, así como a adquisición de material inventariable cun límite dun 20 % do orzamento total.

QUEN PODE FACELO:

  • A estas axudas poderán optar as asociacións e clubs existentes no Concello de Ames, legalmente constituídas e que figuren inscritas no rexistro municipal de asociacións con data anterior ao 31/12/2020.

CANDO:

  • O prazo para presentar as solicitudes será de 30 días naturais a contar desde o día seguinte ao da publicación do estrato da convocatoria no BOP.

ONDE:

DOCUMENTACIÓN:

  • Anexo I – Solicitude de subvención.
  • Xunto con este anexo, os solicitantes deberán achegar igualmente:
    • Descrición detallada da actividade para a que se solicita a subvención.
    • Certificación bancaria da conta na que teña que efectuarse o ingreso da subvención.
    • Certificación oficial federativa do número de licenzas no ano 2021, que especifique o número de licencias femininas e masculinas.
    • Certificación oficial federativa onde se especifique a categoría de competición na que militaron ou participaron os equipos ou categorías que compoñen a entidade no ano 2021.
    • Anexo II – Declaración responsable do/a presidente da entidade.

RESPONSABLE:

NORMATIVA APLICABLE:

  • Conforme ao disposto na Lei 7/1985, de bases de réxime local, na Lei 5/1997, da administración local de Galicia, na Lei 38/2003, xeral de subvencións e no Real Decreto 887/2006 polo que se aproba o seu regulamento, na Lei 9/2007 de subvencións de Galicia e no Decreto 11/2009, de 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei, así como no Regulamento de servizos das corporacións locais.