Actualidade

Un total de 250 deportistas reuniranse este sábado, 25 de xullo, dende as 16.00 horas, para disputar a segunda edición da Regata provincial Ames, que forma parte do V Circuíto Deputación da Coruña de Piragüismo en augas tranquilas. Previamente, en horario matinal, a partir das 12.00 horas, outros 40 deportistas disputarán o XXXV Descenso do Tambre Concello de Ames, que se celebrará dende Portomouro ata a Praia Fluvial de Tapia.

O pavillón polideportivo do Milladoiro será o punto de encontro do baloncesto amesán coa celebración da primeira edición do torneo 3x3 Festas da Madalena o vindeiro sábado, 1 de agosto. Trátase dunha xornada de competición, ambiente deportivo, música e diversión arredor dunha das modalidades máis dinámicas e entretidas deste deporte.

Os tres atletas amesáns participantes no campionato de España sub20 celebrado en Albacete esta pasada fin de semana acadaron uns resultados substanciais en cada unha das probas nas que competiron. Deste xeito, María Estévez da Sociedad Gimnástica de Pontevedra; Nico Collazo; Lucas Pena, tamén da Sociedad Gimástica de Pontevedra; e Nico Collazo, do Ames atletismo Savante, regresaron de terras manchegas con boas sensacións logo da súa participación na competición estatal.

O Concello de Ames, o Club Ribeiras do Tambre, a Deputación da Coruña e a Federación Galega de Piragüismo, organizan para o vindeiro sábado, 25 de xullo, a partir das 16.00 horas, a segunda edición da Regata provincial Ames, que forma parte do V Circuíto Deputación da Coruña de piragüismo en augas tranquilas. Trátase da segunda regata desta competición que se desenvolverá durante os meses de xullo, agosto e setembro. Ademais, en horario de mañá, a partir das 12.00 horas, realizarase o XXXV Descenso do Tambre, dende Portomouro ata a praia fluvial de Tapia. Cómpre destacar que este ano o Club de piragüismo Ribeiras do Tambre celebra o seu 40 aniversario.

Desde o día 6 ata o 19 de xullo está aberto o prazo de inscrición para a segunda quenda dos cursos de natación deste verán, que se desenvolverán ao longo do mes de agosto. Estas actividades terán lugar de luns a venres, tanto na piscina descuberta de Bertamiráns coma na do Milladoiro. Esta iniciativa está organizada pola Concellaría de Deportes en colaboración coa Deputación da Coruña. As inscricións hai que tramitalas a través da nova app Deportes Concello de Ames.

Do 13 ao 21 de xuño disputouse a IV edición do Aberto de Tenis de San Xoán, torneo de carácter federado organizado pola Asociación Deportiva Val da Maía e polo Concello de Ames, que reuniu nas pistas municipais de Aldea Nova a 118 participante procedentes de diversos puntos da xeografía galega (Ames, A Coruña, Vigo, Tui, Ferrol, A Estrada, Padrón, Cambre, Fene, Vilagarcía de Arousa, e Santiago de Compostela). Cómpre destacar a boa actuación dos deportistas locais Iván P. (do Club Squash Santiago) e César Raña Díez (da Asociación Deportiva Val da Maía), na categoría veteranos+45.

A karateka de Ames, Olivia Parga, vén de proclamarse como Grand Winner da tempada 2025-2026 tras a fase final da Liga Galega de karate disputada o pasado sábado, 13 de xuño, na localidade de Cedeira. Deste xeito, a deportista amesá consegue o trofeo por segundo ano consecutivo, o que pon de manifesto a súa gran progresión.

A Escola de Karate Dokkodō asinou o pasado sábado, 13 de xuño, en Cedeira, outra actuación extraordinaria para pechar o circuíto oficial da Liga Galega de Karate. O club amesán reafirmou o seu gran momento de forma ao repetir, por segunda xornada consecutiva, o segundo posto no medalleiro xeral de clubs de Galicia. O club amesán sumou 18 medallas e conquistou seis prestixiosos títulos de Grand Winner da tempada.

O auditorio da Casa da Cultura de Bertamiráns acolleu este xoves, 18 de xuño, ás 20.00 horas, un acto de recoñecemento a equipos e deportistas amesáns que destacaron ao longo da temporada 2025-2026. O alcalde, Blas García, e a concelleira de Deportes, Susana Señorís, foron os encargados de entregarlles un pequeno obsequio en recoñecemento dos éxitos logrados durante a tempada que vén de rematar. Os recoñecementos grupais foron para o Bertamiráns FC, Milladoiro SD, Ames Atletismo, o CB Ames e o CPA Omega. Ademais, os recoñecementos individuais foron para María Estévez, Mateo Riveiro, Miguel Bascoy, Mauro Vrhovski, Claudia Veiga, Hugo Vrhovski, María Peña, Inés Peña, Jorge Sanmartín, Lucía García, e os irmáns Olivia e Xoán David Parga.

O equipo de ciclismo de Ortoño Velostar Escola de Ciclismo vén de anunciar que o seu ciclista Uxío Fiuza está na lista de convocados da Selección Galega de Cicnlismo para disputar o Campionato de España escolar que se celebrará esta vindeira fin de semana, do 19 ao 21 de xuño, en Torrejón de Ardoz, Madrid.
- 1 de 72
- seguinte ›




