Pestanas principais

Departamento de Cultura

    • Enderezo: Casa da Cultura do Milladoiro. Travesia do Porto, s/n, O Milladoiro. 15895 Ames.
    • Teléfono:  662 37 74 44
    • Responsable municipal: Concellaría de Cultura
    • Responsable técnico: María José Vázquez Bermúdez, Técnica de Animación Sociocultural.
Outros Datos: 
  • Funciones:
    • Xestionar as actividades e eventos que desde o Departamento de Cultura se poñen en marcha, responsabilizándose do seu adecuado desenvolvemento.
    • Informar e asesorar aos grupos e entidades culturais do concello, así como ao público en xeral, valorar as demandas dos cidadás e incentivar a participación.
    • Xestionar os programas culturais que oferta a Deputación, Rede Cultural, Xunta de Galicia, AGADIC e Cultura no Camiño. Solicitude,desenvolvemento, xustificación.
    • Tramitar as axudas económicas correspondentes á área de cultura, tanto as que se solicitan desde o Concello, coma as que se convocan desde a Concellaría de Educación e Cultura de apoio as entidades culturais e comisións de festas.
    • Coordinar e xestionar as Escolas Culturais Municipais.

Novas do departamento

O auditorio da Casa da Cultura do Milladoiro foi o escenario do curso de programación audiovisual e iluminación no traballo escénico QLab5, que se desenvolveu os días 7, 8 e 9 de novembro. A actividade estivo organizada pola Asociación Galega de Empresas de Artes Escénicas, Escena Galega, coa colaboración do Concello de Ames, coa meta de especializar aos asistentes no manexo do software de reprodución multimedia QLab para mellorar así o traballo das produtoras escénicas profesionais galegas. Nela participaron 15 profesionais do ámbito audiovisual.

Todo está listo no Milladoiro para acoller a décimo terceira edición do festival Millarock, que se desenvolverá este venres 2 de agosto no anfiteatro do Milladoiro e no aparcadoiro da Travesía do Porto (en fronte da escola infantil). O evento, organizado polo departamento de Cultura de Ames coa colaboración da Deputación da Coruña e a Xunta de Galicia, é xa unha das citas musicais consolidadas do concello, e naceu co obxectivo de promover o rock galego e de impulsar grupos emerxentes da contorna, combinándoos coas actuacións doutras bandas xa consolidadas. Nesta ocasión contarase coa Casa do Rock, Onda Dagda, Biribirlocke, Agoraphobia e Dakidarría. A entrada será libre e de balde.

Para este venres o departamento de Cultura do Concello de Ames propón unha peza teatral dirixida a público adulto.  A programación cultural do primeiro semestre de 2024 remata mañá, 3 de maio, ás 20:30 horas, coa comedia teatral "As r(h)umorosas". O espectáculo, producido por Etiqueta Negra, emprega o humor para poñer en valor as figuras das grandes mulleres ilustres da historia de Galicia. As entradas para esta obra están esgotadas. Esta representación forma parte do convenio de colaboración entre a Axencia Galega das industrias Culturais (AGADIC) e o Concello de Ames.

O Concello de Ames, a través do departamento de Cultura, continúa coa súa ampla oferta de espectáculos no ámbito das artes escénicas. Neste lugar, o vindeiro martes 25 de marzo, ás 20.30 horas, o auditorio do Milladoiro acollerá a representación da obra “Ubasute” de Berrobambán. Os convites para esta obra pódense descargar de xeito gratuíto na Billeteira electrónica do Concello de Ames. Esta programación é unha actividade de mediación que a compañía Berrobambán desenvolve por estar a facer unha residencia artística no noso concello.

Hoxe, martes 25, a compañía Talía Teatro celebra os 20 anos do espectáculo “Bicos con lingua”, realizando unha función ás 12:00 horas para o alumnado do IES do Milladoiro na Casa da Cultura da localidade. Trátase dunha obra que naceu co obxectivo de reflexionar sobre a lingua galega e que acumula case 400 funcións arredor de todo o territorio galego. 

A Casa da Cultura do Milladoiro acolle este venres, 3 de febreiro, a representación da obra de teatro “Búho”, da compañía catalá Titzina Teatro. Será ás 20:30 horas. A obra narra —en castelán— a historia de Pablo, un antropólogo forense que sofre un ictus e acaba padecendo amnesia severa. Os espectadores poderán asistir a unha procura interior pola súa memoria para recuperar as súas lembranzas, e, en definitiva, a súa identidade. Esta representación forma parte do convenio asinado entre o Concello e a Axencia Galega de Industrias Culturais (AGADIC), e da programación cultural de Ames para o primeiro semestre do ano. As entradas xa se poden adquirir na Billeteira electrónica do Concello.

A Concellería de Cultura vén de organizar unha nova iniciativa cultural para o vindeiro mes de abril. A través do programa “Abril de cine” a veciñanza amesá poderá gozar de tres sesións de cine con filmes galego durante os mércores de abril. A primeira película que se proxectará será Ons, o vindeiro día 7 de abril na Casa da Cultura de Bertamiráns. A seguinte sesión será o 14 de abril co filme A Illa das mentiras, na Casa da Cultura do Milladoiro. A terceira e última sesión realizarase o día 21 de abril, tamén na Casa da Cultura de Bertamiráns. Neste caso proxectarase o filme Trote. Todas as proxeccións serán ás 20.00 horas. A entrada é de balde e débese reservar o convite a través da billeteira electrónica do Concello de Ames. Este programa está patrocinado pola Deputación da Coruña.

Esta mañá celebrouse a presentación de Abril de Cine, unha iniciativa encadrada dentro da programación organizada polo departamento de Cultura do Concello de Ames. O obxectivo do proxecto é achegar o cinema galego á veciñanza amesá. Nesta ocasión, no marco do Abril de Cine proxectaranse as películas O corpo aberto, Matria e As Bestas; a web serie Pringadas; as curtas La entrega e Solpor e o documental Fontán. O primeiro rostro de Galicia. O acto de presentación tivo lugar no auditorio da Casa da Cultura do Milladoiro, lugar no que se proxectarán todas as pezas, e onde o pasado outono se realizou unha modernización das infraestruturas. As entradas poderanse adquirir a través da Billeteira electrónica do Concello de Ames. 

O Concello de Ames, a través da Concellaría de Cultura, programa un novo ciclo de cine durante o mes de novembro no que se proxectarán os filmes O Corno, de Jaione Camborda, que gañou a Concha de ouro á mellor película no Festival de cine de San Sebastián 2023; e Salta, de Olga Osorio, unha longametraxe que adapta a curta Einstein-Rosen, realizada previamente pola propia directora. Ambas as dúas proxección serán no auditorio da Casa da Cultura do Milladoiro os martes 7 e 14 de novembro ás 20.00 horas. Ao final das proxeccións haberá un coloquio coas directoras dos filmes. As entradas xa se poden adquirir a través da Billeteira electrónica.

O Concello de Ames, a través da Concellaría de Cultura, programa un novo ciclo de cine durante o mes de novembro no que se proxectarán os filmes “As Neves”, “+Cuñados” e “Os espazos en branco”. Todas elas serán proxetadas no auditorio da Casa da Cultura do Milladoiro os martes 12, 19 e 26 de novembro ás 20.00 horas. Ao final das proxeccións haberá un pequeno coloquio sobre os filmes. As entradas xa se poden adquirir a través da Billeteira electrónica

Eventos del departamento

A Casa da Cultura do Milladoiro acolle este sábado 18 de decembro, ás 20:00 horas, un concerto de Nadal coas agrupacións corais de Ames. No evento, promovido pola Concellaría de Cultura, participan o Coro de Nosa Señora do Corpiño de Oca, o Coro Lojo Batalla de Tapia, o Coro Parroquial de Piñeiro e Ames, o Coro Polifónica Antonio Santomil de Bugallido e o Coro Son Elas. Os convites xa se poden retirar a través da billeteira electrónica do Concello de Ames.

O domingo 8 de xaneiro celebrarase a última das actividades da programación de Nadal do Concello de Ames, un concerto de Reis que contará coa participación de distintas agrupacións corais: a Coral Lojo Batalla de Tapia, o Coro Parroquias de Piñeiro de Ames, a Coral Polifónica Antonio Santomil de Bugallido e o Coro Son Elas. Terá lugar ás 19:00 horas na Casa da Cultura do Milladoiro, e a duración será de aproximadamente 75 minutos. Os convites poden descargarse na Billeteira electrónica do Concello

Concerto organizado pola Asociación Cultural Antonio Santomil na Casa da Cultura de Bertamiráns. Acturán, por este orde: A Coral Polifónica Eixil de Cedeira, As Pandereteiras de Costaneira e a Coral Polifónica Antonio Santomil de Bugallido (organizadora do evento).

A Travesía do Porto do Milladoiro acolle, a partir das 22.00 horas, o concerto do grupo Seguridad Social. A actuación está incluida na programación Ames Cultural para os meses de verán. 

O parque do Ameneiral, en Bertamiráns, será o escenario da actuación do grupo Leilía a partir das 22:00 da noite.

A actuación está patrocinada pola deputación de A Coruña, é de balde e forma parte do programa AmesON, encadrado no Plan Reactiva Ames, co que o Concello pretende dinamizar os sectores cultural e comercial de Ames.

O concerto é de balde e o aforo limitado para manter a distancia e as medidas de seguridade e hixiene que impón a loita contra o COVID19.

O auditorio da Casa da Cultura de Bertamiráns colle este xoves, 29 de setembro, ás 20.30 horas, un concerto do grupo de cámara Santa Lucia. Poderase gozar da actuación de Nicolás Otero ao clarinete e de Titus Mombächer ao violonchelo. Este espectáculo está promovido pola Rede española de teatros, auditorios, circuítos e festivais de titularidade pública e conta coa colaboración do Concello de Ames.

A Escola Municipal de Música de Ames ofrece en febreiro dous concerto de Entroido. O día 15 terá lugar o recital miúdo de Entroido, que se celebrará na Casa da Cultura do Milladoiro ás 18:30 horas. Nel participarán os alumnos e alumnas máis cativos, que están dando os seus primeiros pasos no mundo da música. Doutro banda, o día 17, ás 19:30, haberá outro concerto, que correrá a cargo dos rapaces e rapazas máis maiores, e que xa contan cun amplo bagaxe musical. Tamén terá lugar na Casa da Cultura do Milladoiro. Así, entre ambas xornadas desenvolveranse actuacións de todos os combos e grupos da EMMA.

Como colofón do programa polo 50 aniversario da Coral Polifónica de Bugallido, este sábado, día 3 de decembro, celebrarase un concerto no que participarán tanto a Coral Polifónica de Melide como a agrupación Pandereteiras da Costaneira, ademais da propia Polifónica de Bugallido, que se encargará de poñer o broche final. Será ás 18:30 horas, na Casa da Cultura de Bertamiráns, e a entrada é de balde. Con motivo do aniversario, filmouse un documental sobre a historia da Coral dende a súa creación ata a actualidade, que se pode ver ao completo premendo nesta ligazón.

O contacontos leva por título "Monstros, lobos e outros" e está dirixido a nenos e nenas de entre 3 e 8 anos.
Desenvolverase os días 19, 20 e 21 de outubro na biblioteca de Bertamiráns ás 17:30 horas.

As inscricións están abertas desde o 11 ao 16 de outubro.

Pódese tramitar a inscrición nos teléfonos 981 53 08 07 e 981 88 48 29 ou a través do enderezo electrónico biblioteca@concellodeames.gal.

Pódese tramitar a inscrición nos teléfonos 981 53 08 07 e 981 88 48 29 ou a través do enderezo electrónico biblioteca@concellodeames.gal.

 

A programación cultural do Concello de Ames durante o primeiro semestre do ano inclúe o espectáculo de danza contemporánea "Nina Ninette", que terá lugar no auditorio da Casa da Cultura do Milladoiro o venres 14 de abril, ás 18:00 horas. Trátase dun conto iniciático que se inspira na estética do Ballet Triádico para danzar unha historia de beleza e rebeldía. As entradas xa se poden adquirir a través da Billeteira electrónica do Concello de Ames.