Pestanas principais

> Danza contemporánea: "Nina Ninette"

Venres, 14 abril, 2023
Ás 18:00 horas

A programación cultural do Concello de Ames durante o primeiro semestre do ano inclúe o espectáculo de danza contemporánea "Nina Ninette", que terá lugar no auditorio da Casa da Cultura do Milladoiro o venres 14 de abril, ás 18:00 horas. Trátase dun conto iniciático que se inspira na estética do Ballet Triádico para danzar unha historia de beleza e rebeldía. As entradas xa se poden adquirir a través da Billeteira electrónica do Concello de Ames. 

Nina, valente e alegre a partes iguais, atopa unhas flores moi especiais que a levan a descubir un mundo fantástico, habitado por seres máxicos, poderosos e divertidos. Todo é tan diferente, tan brillante, tan fermoso... Mais Nina sente a falta do seu fogar e decide marchar. A cuestión é que ese mundo é un labirinto, e, como todos os labirintos, é moi doado entrar pero moi complicado saír. Será quen de conseguilo?