Pestanas principais

> Concerto do grupo de cámara Santa Lucia

Xoves, 29 setembro, 2022
Ás 20:30 horas

O auditorio da Casa da Cultura de Bertamiráns colle este xoves, 29 de setembro, ás 20.30 horas, un concerto do grupo de cámara Santa Lucia. Poderase gozar da actuación de Nicolás Otero ao clarinete e de Titus Mombächer ao violonchelo. Este espectáculo está promovido pola Rede española de teatros, auditorios, circuítos e festivais de titularidade pública e conta coa colaboración do Concello de Ames.