Pestanas principais

Departamento de Cultura

    • Enderezo: Casa da Cultura do Milladoiro. Travesia do Porto, s/n, O Milladoiro. 15895 Ames.
    • Teléfono:  662 37 74 44
    • Responsable municipal: Concellaría de Cultura
    • Responsable técnico: María José Vázquez Bermúdez, Técnica de Animación Sociocultural.
Outros Datos: 
  • Funciones:
    • Xestionar as actividades e eventos que desde o Departamento de Cultura se poñen en marcha, responsabilizándose do seu adecuado desenvolvemento.
    • Informar e asesorar aos grupos e entidades culturais do concello, así como ao público en xeral, valorar as demandas dos cidadás e incentivar a participación.
    • Xestionar os programas culturais que oferta a Deputación, Rede Cultural, Xunta de Galicia, AGADIC e Cultura no Camiño. Solicitude,desenvolvemento, xustificación.
    • Tramitar as axudas económicas correspondentes á área de cultura, tanto as que se solicitan desde o Concello, coma as que se convocan desde a Concellaría de Educación e Cultura de apoio as entidades culturais e comisións de festas.
    • Coordinar e xestionar as Escolas Culturais Municipais.

Novas do departamento

O vestíbulo de exposicións da Casa da Cultura de Bertamiráns acollerá a partir do vindeiro luns, 5 de xuño, unha selección de acuarelas urbanas, “Por seguir o camiño”. Trátase dun conxunto de pinturas realizadas polo debuxante Javi Penedo que representan diversos lugares que marcaron a vida do autor.

A Casa da Cultura do Milladoiro acolle entre o 27 de novembro e o 18 de decembro a exposición fotográfica “Proxectos de axuda á infancia” da Fundación Tierra de Hombres. A inauguración da mostra será o luns 27 de novembro, ás 20.00 horas, no auditorio da Casa da Cultura do Milladoiro. Ademais da inauguración farase unha charla de presentación de dita mostra. Esta exposición conta coa colaboración do Concello de Ames.

A programación de Nadal do Concello de Ames chega ao seu remate este domingo, 8 de xaneiro, co tradicional encontro que protagonizan anualmente distintas agrupacións corais. Nesta ocasión, o concerto celebrarase na Casa da Cultura do Milladoiro, ás 19:00 horas, e nel participarán a Coral Lojo Batalla de Tapia, o Coro parroquial de Piñeiro e Ames, a Coral Polifónica Antonio Santomil de Bugallido, e o Coro Son Elas. Os convites son de balde e xa están dispoñibles na billeteira electrónica do Concello de Ames

O Concello de Ames, a través da Concellería de Cultura, organiza este domingo 7 de xaneiro un concerto de Reis, no que participarán diversas agrupacións corais de Ames. Este recital, que se enmarca na programación municipal de Nadal, terá lugar na Casa da Cultura do Milladoiro ás 19:00 horas. Os convites xa se poden descargar na Billeteira electrónica do Concello. A entrada será de balde, ata completar aforo.

O Concello de Ames, a través da Concellería de Cultura, organiza este sábado 4 de xaneiro o Concerto de Reis, unha actividade enmarcada dentro da programación do Nadal en Ames. O recital terá lugar na Casa da Cultura do Milladoiro ás 19.00 horas. Os convites xa se poden descargar na Billeteira electrónica do Concello de Ames. A entrada será de balde ata completar aforo. 

O departamento de Cultura do Concello de Ames propón para este venres unha peza teatral dirixida a público adulto. A programación cultural de 2024 continúa o venres, 15 de marzo, ás 20:30 horas, coa obra de teatro “Chola a it girl”. O espectáculo, producido por ArtesaCía, está dirixido a un público adulto e está protagonizada por Chola, unha muller que decide mostrar a súa vida rural, auténtica e imperfecta, farta de ver como a xente ofrece unha imaxe perfecta e idílica de si mesma nas redes sociais. Os entradas xa se poden adquirir na Billeteira electrónica. Esta programación forma parte do convenio de colaboración entre a Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC) e o Concello de Ames.

O departamento de Cultura do Concello de Ames propón para este venres unha peza teatral dirixida a público familiar. A programación cultural de 2024 continúa o venres, 5 de baril, ás 18:00 horas, coa obra de teatro “Voa Voa”. O espectáculo, producido por Talía Teatro, está dirixido a un público familiar e pretende ser unha invitación a recuperar ditos, retrousos e xogos populares para transmitirllos aos máis pequenos da casa. Aínda quedan algunhas entradas dispoñibles que se poden adquirir na Billeteira electrónica. Esta programación forma parte do convenio de colaboración entre a Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC) e o Concello de Ames. Ademais, o departamento de Bibliotecas organiza para este xoves 4 de abril, ás 18:00 horas, a presentación do libro "Voa Voa", de Artur Trillo.

Este xoves celébrase a segunda xornada do programa “Cine de outono”, un ciclo de cine que ten como obxectivo achegar á veciñanza de Ames filmes en galego durante o mes de novembro. Nesta ocasión, proxectarase o xoves, 13 de novembro, ás 20.00 horas, a curta “Ratiña”, no auditorio da Casa da Cultura do Milladoiro. Esta proxección está subvencionada pola Deputación da Coruña e forma parte dunha actividade de mediación. Ao final da proxección haberá un coloquio no que participará a directora da curtametraxe, Alicia Úbeda. As entradas xa se poden adquirir a través da Billeteira electrónica.

O Concello de Ames, a través da programación de Nadal, organiza esta velada de violín a cargo do músico do Milladoiro Anxo Gómez Piñeiro, que malia a súa corta idade (nado no 2008) conta xa con numerosos recoñecementos dentro do mundo musical. O concerto será o próximo venres 9 de xaneiro, ás 20.00 horas, na Casa da Cultura do Milladoiro. Para poder acudir, é necesario retirar un convite gratuíto na Billeteira electrónica.

A Asociación Cultural Antonio Santomil, en colaboración co Concello de Ames e a Deputación da Coruña, organiza este domingo un concerto de corais para conmemorar o Día Internacional da Música. A Coral Polifónica de Bugallido, a Coral Polifónica Fonte do Souto de Culleredo e a Coral Polifónica Ars Cantorum de Ponteareas serán as encargadas de levar a música ao auditorio da Casa da Cultura do Milladoiro. O concerto terá lugar este  domingo, 29 de setembro, ás 20:00 horas con entrada de balde.

Eventos del departamento

A Escola Municipal de Teatro de Ames prepara as súas mostras de fin de curso, nas que o alumnado representará ante o público varias obras adaptadas. As funcións darán comezo o mércores 14 de xuño, e alongaranse ata o vindeiro mércores, día 21. Participarán os grupos con idades de entre 3 e 6 anos, entre 7 e 11 e os maiores de 12 anos. A dirección da escola corre a cargo da compañía Talía Teatro, con Marta Ríos e Diego Rey como encargados de impartir a formación.

A Escola Municipal de Teatro de Ames prepara as súas mostras de fin de curso, nas que o alumnado representará ante o público varias obras adaptadas. As funcións darán comezo o mércores 14 de xuño, e alongaranse ata o vindeiro mércores, día 21. Participarán os grupos con idades de entre 3 e 6 anos, entre 7 e 11 e os maiores de 12 anos. A dirección da escola corre a cargo da compañía Talía Teatro, con Marta Ríos e Diego Rey como encargados de impartir a formación.

O programa Ames Cultural inclúe a actuación da banda de música Ateneo de Negreira, en Bertamiráns.

Con motivo das festas do Milladoiro, e dentro do programa Ames Cultural, chega a actuación da banda de música de Brión.

A praza do Concello, en Bertamiráns, acolle hoxe a partir das 23:00 o concerto de Arevalo e Casquero e a actuación de D FederratoJ.

A iniciativa forma parte do programa AmesON, encadrado no Plan Reactiva Ames, co que o Concello pretende dinamizar os sectores cultural e comercial de Ames.

O concerto é de balde e o aforo limitado para manter a distancia e as medidas de seguridade e hixiene que impón a loita contra o COVID19.

A Escola Municipal de Música de Ames ofrece en febreiro dous concerto de Entroido. O día 15 terá lugar o recital miúdo de Entroido, que se celebrará na Casa da Cultura do Milladoiro ás 18:30 horas. Nel participarán os alumnos e alumnas máis cativos, que están dando os seus primeiros pasos no mundo da música. Doutro banda, o día 17, ás 19:30, haberá outro concerto, que correrá a cargo dos rapaces e rapazas máis maiores, e que xa contan cun amplo bagaxe musical. Tamén terá lugar na Casa da Cultura do Milladoiro. Así, entre ambas xornadas desenvolveranse actuacións de todos os combos e grupos da EMMA.

Este venres, 17 de xuño, remata o curso lectivo 2021/2022 na Escola Municipal de Música de Ames. Como soe ser tradicional, para pechar o curso realízase un concerto, pero este ano será no exterior da Casa da Cultura do Milladoiro. Participarán uns 130 alumnos/as en diferentes agrupacións onde poderán despregar todo o seu talento e demostrar así todo o aprendido durante o curso.  Escoitarase un repertorio musical moi variado, que inclúe pezas de estilo tradicional, clásico e moderno. Debido á celebración de dito concerto, queda prohibido estacionar no aparcadoiro da Casa da Cultura do Milladoiro, dende a media noite (ás 00.00h) do mércores 15 de xuño ata a media noite (ás 00.00h) do venres 17 de xuño.

O Campo da Festa de Ortoño acolle, a partir das 19:00 horas, o concerto de Luar na Lubre. A actuación está incluida na programación Ames Cultural para os meses de verán. 

Dentro da programación de Nadal do Concello de Ames, o mércores 21 de decembro, ás 20:00 horas, celebrarase un concerto de música de cámara na Casa da Cultura do Milladoiro, da man da asociación Peregrinos Musicales. O cuarteto de corda está composto por Sergey e Alexander Arutyunyan (violín), Bruno Miguel Pinheiro (violoncello) e Larissa Shomina (viola e clave). O programa terá unha duración aproximada dunha hora e contará con obras de grandes compositores como Haendel, Vivaldi, Paganini, Milsten, Bach, Mozart e Torelli. Os convites, de balde, poden descargarse na Billeteira electrónica do Concello de Ames.

Dentro da programación de Nadal do Concello de Ames, o domingo 18 de decembro, ás 19:00 horas, celebrarase un concerto na Casa da Cultura de Bertamiráns no que actuarán os grupos de baile e música tradicional A Requinta da Maía, Airiños do Paseo de Colón, As Maianas, Os retranqueiros e Os Castros. A duración do recital será de aproximadamente 75 minutos, e os convites son de balde (poden descargarse na Billeteira electrónica do Concello de Ames).