Pestanas principais

> Clausura da Escola Municipal de Teatro

Mércores, 21 xuño, 2023
A partir das 17:30 horas

A Escola Municipal de Teatro de Ames prepara as súas mostras de fin de curso, nas que o alumnado representará ante o público varias obras adaptadas. As funcións darán comezo o mércores 14 de xuño, e alongaranse ata o vindeiro mércores, día 21. Participarán os grupos con idades de entre 3 e 6 anos, entre 7 e 11 e os maiores de 12 anos. A dirección da escola corre a cargo da compañía Talía Teatro, con Marta Ríos e Diego Rey como encargados de impartir a formación.

O mércores 21, a Escola Municipal de Teatro trasládase á Casa da Cultura do Milladoiro co grupo infantil de 3 e 6 anos, que novamente representará “Xoguemos ao teatro”, ás 17:30 horas; e co grupo infantil de 7 a 11 anos, cuxa obra se titula “A raíña das festas”, que actuará ás 20:00 horas.