Pestanas principais

Departamento de Cultura

    • Enderezo: Casa da Cultura do Milladoiro. Travesia do Porto, s/n, O Milladoiro. 15895 Ames.
    • Teléfono:  662 37 74 44
    • Responsable municipal: Concellaría de Cultura
    • Responsable técnico: María José Vázquez Bermúdez, Técnica de Animación Sociocultural.
Outros Datos: 
  • Funciones:
    • Xestionar as actividades e eventos que desde o Departamento de Cultura se poñen en marcha, responsabilizándose do seu adecuado desenvolvemento.
    • Informar e asesorar aos grupos e entidades culturais do concello, así como ao público en xeral, valorar as demandas dos cidadás e incentivar a participación.
    • Xestionar os programas culturais que oferta a Deputación, Rede Cultural, Xunta de Galicia, AGADIC e Cultura no Camiño. Solicitude,desenvolvemento, xustificación.
    • Tramitar as axudas económicas correspondentes á área de cultura, tanto as que se solicitan desde o Concello, coma as que se convocan desde a Concellaría de Educación e Cultura de apoio as entidades culturais e comisións de festas.
    • Coordinar e xestionar as Escolas Culturais Municipais.

Novas do departamento

Dende o venres 30 de xuño ata o domingo 2 de xullo, a parroquia de San Pedro de Bugallido celebra as festividades do seu patrón. Ao longo das tres xornadas haberá misas e procesións, así como sesións vermú e verbenas. Tamén se inclúen na programación unha festa infantil e un partido de fútbol sala. Estas festas contan coa colaboración da Concellaría de Cultura do Concello de Ames, a través do programa “Música nas parroquias”. 

Dende este venres 1 de xullo e ata o domingo 3 de xullo, a parroquia de San Pedro de Bugallido celebra as festividades do seu patrón logo de dous anos sen festas por mor da pandemia da COVID-19. Durante os vindeiros días haberá unha serie de misas e procesións, así como verbenas e sesións vermú. Estas festas contan coa colaboración do Concello de Ames e da Concellaría de Cultura, a través do seu programa “Música nas parroquias”.

A parroquia de Bugallido celebra esta fin de semana as festas de San Isidro. A celebración comezará arredor das 11:00 horas do sábado, cunha concentración de motos en Bertamiráns, que avanzará ás 12:30 cara o campo da festa de Bugallido. Ao longo de toda a xornada haberá tamén oito actuacións musicais. O domingo celebrarase a misa solemne e a procesión, coa posterior sesión vermouth e concertos musicais que se estenderán ata a última hora da tarde. O domingo celebrarase a misa solemne e a procesión, e haberá tamén sesión vermouth e concertos musicais que se estenderán ata a última hora da tarde. As festas contarán con cantina con empanada e callos, polbeiro, unha exhibición de traxes tradicionais, animación infantil e diversos postos de artesanía.

Este domingo 17 de xullo continúan as festas no concello de Ames, coa celebración das festividades da Virxe do Carme na parroquia de Bugallido. Ao longo da xornada haberá misa, procesión, sesión vermú e verbena. Neste senso, o Concello de Ames e a Concellaría de Cultura colaboran coas festas a través do programa “Música nas parroquias”, coas actuacións da Coral Antonio Santomil de Bugallido e da agrupación Os Castros.

A Asociación Veciñal de Bugallido, en colaboración co Centro Cultural Mahía e a Sociedade Agraria de Bugallido, Ortoño e Biduído, organiza mañá, 15 de novembro, o  Magosto de Bugallido, unha das celebracións máis agardadas de todo o ano. Así, ao longo da tarde deste sábado, todas as persoas que se acheguen ata o campo da festa da parroquia amesá poderán degustar as castañas propias desta festa, así como gozar da foliada de música e baile tradicional da man de A Requinta de Lampai, Os Liantes e A Banda das Crechas. 

Ese pasado domingo, 20 de decembro, a parroquia de Bugallido lembrou a Antonio Santomil, cura, párroco e impulsor de iniciativas culturais na parroquia. Entre estas, destacou a formación da Coral Polifónica de Bugallido, que segue en activo na actualidade.

Dende este xoves 23 e ata o domingo 26 de xuño, a parroquia de San Xoán de Ortoño celebra as festividades do seu patrón, arrincando esta mesma xornada cunha sardiñada, unha queimada e a actuación do grupo Fusión. No seu conxunto, durante os vindeiros días haberá unha serie de misas e procesións, así como verbenas e sesións vermú. Estas festas contan coa colaboración do Concello de Ames e da Concellaría de Cultura, a través do seu programa “Música nas parroquias”.

Dende este venres, día 23 de xuño, ata o vindeiro luns 26, a parroquia de Ortoño celebra a festividade do seu patrón, San Xoán. As celebracións arrincarán cunha sardiñada e cunha gran queimada, e ao longo dos días sucederanse distintas misas e procesións, así como sesións vermú e verbenas. As festas contan coa colaboración da Deputación da Coruña e do Concello de Ames, e algunhas das actuacións encádranse dentro do programa “Música nas parroquias”, organizado polo departamento de Cultura.

O Pazo da Peregrina de Bertamiráns acolleu este venres, 8 de maio, ás 20.00 horas, a inauguración da exposición pictórica “Arquitecturas Internas”, da artista galega Silvia G. Armesto. Unha mostra na que se recollen os últimos traballos da pintora realizados en pastel, óleo e acuarelas. A exposición, que comezou o pasado luns 4 de maio, estará aberta ao público ata o vindeiro venres 15 deste mes. No acto de inauguración participaron o alcalde, Blas García, e concelleiros/as do Goberno municipal.

O sábado 20 de xullo, a partir das 21:00 horas, terá lugar unha nova edición das “Noites en Vela”, evento que se consagra como unha tradición que vincula aos concellos de Ames e Negreira dende o ano 2016, e que só puido interromper a pandemia durante as edicións do 2020 e 2021. Este ano os encargados de amenizar a noite serán o coro “Son Elas”, que darán paso a “Lontreira” e estes a un espectáculo pirotécnico que finalizará a velada. O acceso ao evento é de balde.

Eventos del departamento

A programación de “Música nas parroquias” engloba todas as actuacións musicais que contan coa colaboración da Concellaría da Cultura, dende marzo ata o mes de outubro, xa confirmadas coas asociacións culturais e comisións de festas de Ames. O sábado 24 de xuño a coral "Lojo Batalla" estará nas Festas de San Xoán de Ortoño. 

Nova actuación dentro do programa Música nas parroquias. Desta volta, o grupo De Vacas actuará no campo da festa da Ameixenda.

Remata a programación Música nas parroquias, coa actuación de Os Castros nas Festas da Virxe do Rosario de Agrón, o domingo 9 de outubro.

Coincidindo coas festas do Milladoiro, o grupo Os Castros actuará no campo da festa do Milladoiro. A actuación forma parte do programa de Música nas parroquias.

Continúa en xullo o programa Música nas parroquias, coas actuacións nas Festas do Carme de Bugallido da agrupación Os Castros e da Coral Antonio Santomil, o domingo 17.

A programación de “Música nas parroquias” engloba todas as actuacións musicais que contan coa colaboración da Concellaría da Cultura, dende marzo ata o mes de outubro, xa confirmadas coas asociacións culturais e comisións de festas de Ames. O venres 23 de xuño o grupo "Os Retranqueiros" estará na Feira de Artesanía de San Xoán, en Bertamiráns. 

Continúa o programa Música nas parroquias coa actuación do grupo A Requinta da Maía, o sábado 10 no marco da Festa dos Muíños das Tres Aldeas.

Continúa durante o mes de xullo o programa Música nas parroquias. Desta volta, faino o domingo día 10 coa actuación dos Retranqueiros no campo da festa de Ortoño.

Continúa o programa Música nas parroquias. Desta volta, faino o sábado día 27 coa actuación dos Retranqueiros no campo da festa da Ameixenda.

A programación de “Música nas parroquias” engloba todas as actuacións musicais que contan coa colaboración da Concellaría da Cultura, dende marzo ata o mes de outubro, xa confirmadas coas asociacións culturais e comisións de festas de Ames. O sábado 1 de xullo o grupo "Retranqueiros" estará nas festas parroquiais de Ames, e "Airiños do Paseo de Colón" no San Pedro de Bugallido.