Pestanas principais

Departamento de Cultura

    • Enderezo: Casa da Cultura do Milladoiro. Travesia do Porto, s/n, O Milladoiro. 15895 Ames.
    • Teléfono:  662 37 74 44
    • Responsable municipal: Concellaría de Cultura
    • Responsable técnico: María José Vázquez Bermúdez, Técnica de Animación Sociocultural.
Outros Datos: 
  • Funciones:
    • Xestionar as actividades e eventos que desde o Departamento de Cultura se poñen en marcha, responsabilizándose do seu adecuado desenvolvemento.
    • Informar e asesorar aos grupos e entidades culturais do concello, así como ao público en xeral, valorar as demandas dos cidadás e incentivar a participación.
    • Xestionar os programas culturais que oferta a Deputación, Rede Cultural, Xunta de Galicia, AGADIC e Cultura no Camiño. Solicitude,desenvolvemento, xustificación.
    • Tramitar as axudas económicas correspondentes á área de cultura, tanto as que se solicitan desde o Concello, coma as que se convocan desde a Concellaría de Educación e Cultura de apoio as entidades culturais e comisións de festas.
    • Coordinar e xestionar as Escolas Culturais Municipais.

Novas do departamento

Este venres, 28 de novembro, a obra de teatro “Guerra”, da compañía galega Teatro do Noroeste, clausurará a programación do Ames Cultural. A Casa da Cultura de Bertamiráns acollerá desde as 20.30 horas unha peza de fervente actualidade, na que a escena xira arredor dunha guerra desatada no corazón de Europa e que mestura secuencias de caos e destrución, así como diversas referencias ás guerras no Teatro Europeo, dende Shakespeare ata Lorca. As entradas poden adquirirse a través da Billeteira electrónica.

A compañía Talía Teatro achega a Ames unha nova proposta de artes escénicas, a obra “Morte accidental dun anarquista”. A representación terá lugar este venres, 27 de xaneiro, no auditorio da Casa da Cultura de Bertamiráns, ás 20:30 horas. A duración da obra, que se enmarca dentro do convenio asinado entre o Concello de Ames e a Axencia Galega de Industrias Culturais (AGADIC), é duns 85 minutos. As entradas xa se poden adquirir a través da Billeteira electrónica do Concello. Premendo nesta ligazón pódese consultar a programación cultural ao completo para o primeiro semestre de 2023.

A programación cultural de Nadal continúa este venres, 18 de decembro, co espectáculo “Vida de Cans” da compañía Talía Teatro. Trátase dunha traxicomedia, que está destinada a un público adulto, escrita e dirixida por Cándido Pazó. Aínda hai entradas dispoñibles que se poden adquirir a través da billeteira electrónica do Concello de Ames. O evento terá lugar na Casa da Cultura de Bertamiráns, ás 20.30 horas.

A programación teatral do segundo semestre de 2020 continúa o próximo venres, 16 de outubro, co espectáculo Vida de Cans da compañía Talía Teatro. Trátase dunha traxicomedia, que está destinada a un público adulto, escrita e dirixida por Cándido Pazó. As entradas pódense adquirir a través da billeteira electrónica do Concello de Ames. O evento terá lugar na Casa da Cultura do Milladoiro ás 21.00 horas.

O Pazo da Peregrina de Bertamiráns acollerá este mércores, 10 de marzo, ás 20:00 horas, a presentación de Irmandiñas, unha obra de Aurora Marco. O libro, publicado pola editorial Laiovento, trata do papel das mulleres nas Irmandades da Fala. A autora realiza un estudo do, até o momento, oculto papel das mulleres na creación deste movemento que contribuíu a recuperar a lingua, a cultura e a identidade galega a comezos do século XX. A presentación, que é de balde, estará amenizada polo grupo musical Barahúnda.

A programación cultural do primeiro trimestre continúa esta fin de semana, o venres 26 e o sábado 27 de marzo representarase a obra de teatro para adultos “Mocos”. Ambas sesións realizaranse ás 20.30 horas na Casa da Cultura de Bertamiráns. Xa se poden adquirir a través da billeteira electrónica do Concello de Ames. A entrada xeral ten un prezo de 5 euros, mentres que as entradas con prezo reducido custan 2,5 euros.

A artesá Ana Rosa Lista, veciña de Ames, remata hoxe de impartir un obradoiro de encaixe con palillos na cidade de Río Gallegos, capital da provincia de Santa Cruz. Este obradoiro forma parte do programa Obradoiros en Entidades Galegas do Exterior, da Secretaria Xeral da Emigración da Xunta de Galicia. A palilleira amesá ensinoulle a arte do encaixe galego a 13 alumnas, que a maior parte son socias deste centro galego. As clases de encaixe impartíronse do  7 ao 18 de outubro. Ademais, Ana Rosa Lista expuxo neste centro unha pequena mostra da súa colección sobre o Camiño de Santiago expresado en encaixe con palillos. Tamén ofreceu unha charla sobre a historia do encaixe.

A parroquia de Ameixenda celebrará os días 23, 24 e 25 de Agosto as súas festas na honra da Virxe das Dores, Santa Mariña, o Santísimo Sacramento e a Virxe do Rosario. Os asistentes a estas xornadas festivas poderán gozar cos actos relixiosos programados para a ocasión e deleitarse coas variadas actuacións musicais a cargo de orquestras do momento. Ademais, contarase cun pulpeiro no campo da festa.

Dende este xoves e ata o vindeiro sábado, 12 de agosto, a parroquia de Agrón celebra a súa festividade na honra de San Lourenzo, o Santísimo Sacramento e San Roque. Durante os vindeiros días haberá misas e procesións, así como verbenas e sesións vermú. Estas festas contan coa colaboración do departamento de Cultura do Concello de Ames, a través do seu programa “Música nas parroquias”.

A parroquia de Agrón celebra os días 10, 11 e 12 de agosto a súa festa na honra a San Lourenzo, o Santísimo Sacramento e San Roque. Os asistentes a estas xornadas festivas poderán gozar cos actos relixiosos e coas variadas actuacións musicais a cargo de orquestras do momento.

Eventos del departamento

A Concellaría de Cultura informa sobre as mostras de fin de curso da Escola Municipal de Teatro de Ames.

Continúa en setembro o programa Música nas parroquias, co concerto da agrupación Airiños do Paseo de Colón nas Festas Patronais de Lens, o domingo 4.

Continúa en setembro o programa Música nas parroquias, co concerto da agrupación Airiños do Paseo de Colón nas Festas da Merced de Lapido, o sábado 24.

Volve o programa de Música nas parroquias coa actuación do grupo Airiños do Paseo de Colón no campo da festa de Biduído.

A programación de “Música nas parroquias” engloba todas as actuacións musicais que contan coa colaboración da Concellaría da Cultura, dende marzo ata o mes de outubro, xa confirmadas coas asociacións culturais e comisións de festas de Ames. O domingo 25 de xuño o grupo "Airiños do Paseo de Colón" estará nas Festas de San Xoán de Ortoño. 

Continúa durante o mes de agosto o programa Música nas parroquias. Desta volta, faino o  sábado 6 coa actuación de As Maianas no campo da festa de Tapia.

Durante o mes de xuño, haberá dous concerto de corais que se enmarcan no programa de Música nas parroquias. O domingo, 26 de xuño, actuará a Coral Antonio Santomil no campo da festa de Ortoño.

A programación de “Música nas parroquias” engloba todas as actuacións musicais que contan coa colaboración da Concellaría da Cultura, dende marzo ata o mes de outubro, xa confirmadas coas asociacións culturais e comisións de festas de Ames. O domingo 2 de xullo estará a Coral Antonio Santomil no San Pedro de Bugallido; e os Retranqueiros nas festas parroquiais de Ames. 

Durante o mes de xuño haberá dous concertos de corais que se enmarcan no programa de Música nas parroquias. O venres, 24 de xuño, actuará a Coral Lojo Batalla no campo da festa de Ortoño.

O campo da festa de Agrón será escenario dunha nova actuación dentro do programa Música nas parroquias. Desta volta, coa actuación da Coral Lojo Batalla.