Solapas principales

Departamento de Normalización Lingüística

    • Dirección: Pazo da Peregrina. Avenida de Azcárraga, nº 5, Bertamiráns. 15220 Ames.
    • Teléfono:  662 37 72 15
    • Horario de atención al público: de 9:00 - 14:00h.
    • Responsable municipal: Concejalía de Normalización Lingüística
    • Responsable técnica: Rosa Moreiras Cuñarro, técnica de normalización lingüística
    • Objetivo principal del servicio:
      • Incrementar el uso y el prestigio de la lengua gallega en todos los ámbitos municipales.

El Servicio de Normalización Lingüística del Ayuntamiento de Ames recibe una subvención anual para gastos de personal de la Diputación de A Coruña y otra de la Xunta de Galicia.

Otros Datos: 
  • Funciones:
    • Asesorar y colaborar con la planificación lingüística del Ayuntamiento de Ames
    • Promover actuaciones para aumentar el uso del gallego en el ámbito municipal, de acuerdo con la normativa vigente, y entre el vecindario
    • Contribuir a la formación lingüística del vecindario y del personal municipal
    • Mejorar la calidad lingüística y comunicativa del Ayuntamiento de Ames
    • Informar y asesorar sobre derechos lingüísticos del vecindario y deberes lingüísticos municipales
    • Asesorar sobre cuestiones lingüísticas al vecindario y al personal municipal

Noticias del departamento

O prazo de presentación de traballos ao XVII Certame Literario do Concello de Ames, que estaba previsto que rematara o 1 de abril, amplíase tantos días como dure o confinamento. É dicir, como de momento está previsto que sexan catro semanas, o prazo ampliaríase ata o 29 de abril, aínda que esta nova data estará suxeita a modificación, se o estado de alarma alonga máis no tempo.

O Enreguéifate volve confirmar a súa boa acollida nesta nova edición do seu certame de regueifas en vídeo, que pechou a convocatoria cun total de 84 vídeos inscritos entre as dúas categorías do concurso (escolar e xeral). A diversidade das propostas recibidas pon de manifesto a capacidade dos xéneros de improvisación oral en galego para adaptarse, medrar e conectar coas novas xeracións. No concello de Ames participaron arredor de 60 alumnos/as, xunto co seu profesorado, dos CEIP A Maía, Agro do Muíño e Barouta, e do IES do Milladoiro. A novena edición do certame foi impulsada polos concellos de Ames, Arzúa, Carballo, Pontevedra, Santiago de Compostela e Teo. Os vídeos premiados poden verse na web do certame ou na canle de Youtube.

O Concello de Ames, a través dos departamentos de Turismo e Normalización Lingüística, organizou un ano máis esta ruta polo Mar de Ovellas, incluída na programación de Rosalía 2026. Deste xeito, 55 persoas participaron o pasado domingo, 7 de xuño, nesta andaina teatralizada polo grupo Os Quinquilláns e pola regueifeira Lupe Blanco. A ruta partiu de Augapesada e rematou no local social de Trasmonte cunha pequena festa con música e degustación de petiscos. 

Este martes, 7 de marzo, púxose en marcha a XI edición do Club de Debate en Ames, cunha xornada de formación da que formou parte o alumnado participante de 3º e 4º da ESO e 1º de Bacharelato dos institutos de Bertamiráns, do Milladoiro e de Rois. Este ano presentáronse ao certame 1 equipo do IES do Milladoiro e 2 do IES de Ames. En dita xornada impartíronse nocións para orientar a práctica de habilitades comunicativas co fin de activar, motivar e ofrecer recursos para mellorar as intervencións orais públicas. 

O Concello de Ames conmemorou este mércores, 23 de febreiro, no Milladoiro, o aniversario da poetisa Rosalía de Castro, cun acto de homenaxe e a inauguración do mural “As Rosalías”, un novo traballo de Yoseba Muruzábal. Alumado do IES do Milladoiro e a actriz, Patricia de Lorenzo, participaron no acto lendo unha escolma de poemas rosalianos. Ademais, houbo dúas actuacións musicais a cargo do colectivo Euterpe e de Xiana Lorenzo, todos eles/elas alumnado do instituto do Milladoiro, que estiveron acompañados/as ao acordeón por Manolo Maseda, profesor de música deste centro de ensino. En todos os centros educativos do concello realizáronse actividades variadas para conmemorar o Día de Rosalía. Preme aquí para ver a galería de imaxes do Día de Rosalía 2022.

Dende este mércores, 12 de maio, os veciños e veciñas de Ames poderán gozar da exposición “Xela Arias, desde nós en ti” en escaparates de Bertamiráns e do Milladoiro. Os versos da escritora, escolmados e ilustrados polo alumnado do IES Plurilingüe de Ames e editados pola Concellaría de Normalización Lingüística, estarán expostos ata o 31 de maio. Ademais, a Casa da Cultura de Bertamiráns acolle, desde hoxe mesmo,  a exposición “Abecedáriome”, premiada na categoríoa B do concurso-exposición Letras Galegas 2021 da Xunta de Galicia.

O alcalde de Ames, José Miñones, o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, a concelleira de Normalización Lingüística, Escarlata Pampín, e o secretario da Real Academia Galega, Henrique Monteagudo, participaron na tarde de onte no acto de apertura das I Xornadas de Toponimia no Ensino. Estas xornadas están organizadas polo Concello de Ames e pola Xunta de Galicia e contan coa colaboración da Real Academia Galega (RAG). A iniciativa amosa o valor dos nomes de lugar como recurso educativo e ferramenta de dinamización lingüística e xurdiu a raíz da publicación do traballo Toponimia de Ames, de Xosé Ramón López Boullón, que viu a luz grazas á colaboración do Concello de Ames co Seminario de Onomástica da RAG.

O Concello de Ames, a través da Concellaría de Normalización Lingüística, organizou o pasado sábado unha nova edición da Festa do Apego que se celebrou nas instalacións da Casa da Cultura de Bertamiráns e na praza de Chavián. Unha vez máis, a dita celebración contou cun gran éxito de participación. Centos de familias ateigaron as actividades e os espazos de xogos e de recursos. Na actualidade hai preto 400 familias amesás adheridas ao programa Apego, que vai dirixido ás familias que estean a esperar un bebé ou que teñan crianzas entre 0 e 6 anos. Premendo nesta ligazón podes acceder á galería de fotos da xornada. 

O pasado sábado, 6 de xuño, o Pazo da Peregrina acolleu a sétima edición da Festa do Apego, unha xornada na que as familias e crianzas puideron gozar de diferentes propostas culturais, actividades, xogos e obradoiros para favorecer deste xeito á transmisión da lingua e unha crianza positiva, creativa e en galego. Pódese acceder á galería completa da festa do Apego nesta ligazón.

Coa técnica tradicional italiana do cantastorie, unha mestura a narración de historias, pintura en grandes lenzos e música, chega ao Pazo da Peregrina “O Chineiro da tía María” da man de Xandobela, educación e cultura. O próximo venres, 2 de outubro, ás 18.00 horas, as familias con crianzas a partir de 3 anos poderán asistir a esta nova actividade do Programa. A inscrición pode realizarse ata o vindeiro 1 de outubro, enviando un correo a normalizacion@concellodeames.gal no que se indiquen nomes e apelidos das persoas solicitantes, idade das crianzas e teléfono de contacto.

Eventos del departamento

As actividades dos "Seráns de Ames" en Bugallido rematarán o xoves 22 na carballeira coa Foliada do programa Apego, que incluirá a actuación musical de Pablo Díaz e Olga Kirk, ás 19:00 horas.

O venres 24 de novembro, ás 18.00 horas, na Casa da Cultura do Milladoiro, representase a sesión de contos “Mulleres de pedra” con María da Pontragha. Trátase dun espectáculo para nenos e nenas a partir dos 3 anos no que se narran contos e historias de mulleres fortes e eternas. Para inscribirse nesta actividade hai que enviar un correo electrónico ao enderezo normalizacion@concellodeames.gal. A inscrición estará aberta do 16 ao 23 de novembro ata completar aforo. Esta actividade enmárcase dentro do programa Apego e da programación “Novembro Cultural” elaborada con motivo da celebración de Santa Icía e do 25N.

O Concello de Ames, a través da Concellería de Normalización Lingüística, organiza a V Festa do Apego, que terá lugar o sábado, 25 de maio, no Pazo da Peregrina de Bertamiráns. Haberá maxia, contos con música, xogos, concertos, teatro de monicreques, obradoiros e moitas máis actividades. A entrada será libre e de balde.  Premendo nesta ligazón pódese acceder á programación completa do evento.

O certame Galetiktokers, organizado polos departamentos de Mocidade e Normalización Lingüística de Ames, volve por quinto ano consecutivo co obxectivo de estimular a creatividade entre a mocidade, animar a creación de vídeos en galego con novos formatos e temáticas, e visibilizar a comunidade galega na rede social TikTok. Haberá seis premios de 300 euros cada un, que se repartirán nunha gala que terá lugar o sábado, 23 novembro de 2024, ás 19.00 horas, na Casa da Cultura do Milladoiro.

O sábado 21 de febreiro está programada unha excursión literaria baixo o nome de “Viaxando con Rosalía”. Esta actividade, enmarcada dentro da programación municipal “Rosalía Ames 2026” para festexar o Mes de Rosalía, consistirá nunha visita á casa da escritora en Padrón da man da experta rosaliana María López Sández. Conta cun total de 60 prazas, polo que para participar é preciso inscribirse enviando un correo a normalizacion@concellodeames.gal ou chamando ao número 662 377 215, entre o 14 e o 20 de febreiro. Poñerase a disposición das persoas asistentes un servizo de autobús, que sairá dende a Casa da Cultura do Milladoiro ás 9:30 horas e dende o Pazo da Peregrina de Bertamiráns ás 9:45 horas.

O Concello de Ames súmase un ano máis á conmemoración do aniversario de Rosalía de Castro, unha das escritoras máis universais de Galicia e que, ademais, foi veciña da aldea da Tarroeira, na parroquia de Ortoño, durante unha parte da súa infancia. A programación deste ano, como vén sendo habitual, busca a participación da veciñanza, ofertando unha ampla variedade de actividades para todas as idades, mais poñendo o foco na poboación máis nova. Deste xeito, a programación deste ano pretende estimular e dinamizar o uso do galego entre a mocidade amesá, poñendo en valor e achegándolles referentes en canto ao uso da nosa lingua.

O Programa Apego, do departamento de Normalización Lingüística, organizaunha excursión o sábado 17 de abril a Carballolandia, na Ribeira Sacra. Sairase ás 10.00 e voltarase ás 20.00 horas. Esta actividade, de balde, está dirixida a un público familiar.

O Concello de Ames ten preparado un amplo programa de actividades para as festas de Nadal deste ano. O programa, organizado por varios departamentos municipais, inclúe múltiples actividades dirixidas a todo tipo de públicos, que se desenvolverán ao longo do mes de decembro e comezos de xaneiro.

O venres 13 de decembro, ás 18:00 horas, Anxo Moure e a Banda da Montaña chegarán ao Pazo da Peregrina de Bertamiráns da man do Apalpador. Dirixido a público familiar, o Apaldador volve a Ames para abrir o Nadal con contos, cantos e agasallos máxicos procedentes da Serra do Courel. Ademais, recollerá as cartas que os nenos e nenas lle queiran deixar.

O Apalpador visitará Ames o vindeiro venres 12 de decembro, ás 18.00 horas na Casa da Cultura de Bertamiráns. A visita, enmarcada dentro do programa Apego, contará tamén coas actuacións musicais da Banda da Montaña e de Cé Orquestra Pantasma. Para asistir, é preciso facer unha inscrición previa enviando un correo ao enderezo normalizacion@concellodeames.gal, indicando nome e apelidos dos asistentes, idade dos cativos e un teléfono de contacto. O prazo de inscrición está aberto do 4 ao 11 de decembro.